2006-08-31 

Mal dia

Dia triste

Mal dia, un deses no que o ves todo negro, negativo (como dicia Van Gaal: "interpretación siempre negativa nunca positiva")... o espertar xa non foi bo, moi poucas horas de sono e despois o segundo dia consecutivo duchándome en auga fria, merda de "calentador"! (como será en galego "normativo"?)

O único destacable do dia foi que indo pró chollo vin a gayoso pola rua, fíxome gracia a cousa.

2006-08-29 

Anima as tuas fotos

MemoriesOnTV

Agora que está rematando o vrao e a carpeta de "Mis Imagenes" (para cando unha versión en galego de Windows?) da maioria da xente está cargadiña de fotos das vacacións propias e alleas, e xa que, por motivos de traballo, tiven que facer un manual/tutorial sobre o tema... aí vos van un par de links ao rapidshare dun programa moi bó que se chama MemoriesOnTV e que serve pra facer VideoCDs ou DVDs a partires de fotos ou videos, co seu menú, a sua música de fondo e os seus efectos...

A versión "subida" é a 2.2.0 en inglés, inda que xa andan pola versión 3 con packs multilinguaxe (mais info aquí), pero é a que utilizo e sobre a que fixen o manual.

- Programa (coa menciña necesária, consulte co seu farmacéutico)
- Manual

Reflexión: Coma informático e programador estou en contra da pirateria pero mentres non cámbie a mentalidade da xente (última versión de tódolos programas inda que o windows vaia a saltos) e o prezo do software non baixe non hai nada que facer.

Alternativas gratuitas (freeware) en softonic: [ver]

2006-08-28 

Asco de cocina

Bueno, manda carallo... me pongo a descargar al ordenador las fotos de la cámara digital y me encuentro con varias fotos de la cocina dando asco. Me supongo que las hizo mi novia ayer y no se porqué me da que van con segundas... por eso de que es tarea mía.

cocina
cacharrada

 

Bodas/Vodas "tipo"

Desde sempre me gustou (ou "gostei de" :) coleccionar cousas. Tamén o fago cos puros, cartas e demais agasallos das vodas.
O caso é que gardando o puro (fumo o meu e "tomo prestado" ou pido outro) desta última a que fun (ainda andaba pola bolsa de viaxe) leveime unha sorpresa simpática: mesmos puros e pegatinas cós doutra voda de hai 3 anos.

Puros

PD: Hei de preguntar aos "matrimoniados" onde encargaron os puros para ver se coincide o estanco.

2006-08-26 

Madrugando sen motivo

despertador-negro

Merda!, madruguei por equivocación, pensei q'a selección española de baloncesto xogaba contra serbia ás 10 da mañá e non, é a unha, goddamn! (outro dia conto porqué en inglés). Por certo, como se nota que este é un país de fútbol, co mundial de Alemaña habia coméntarios a esgallo na maioria dos blogs (a favor ou en contra, pero habia) co mundobasket non atopei nenhum.

Aproveitarei pra ir á piscina, non por tema deportivo, mais ben por motivos terapéuticos que un xa ten unha idade e as costas e o lumbago andan bastante fodidos.

PD: Xa sei porqué foi o fallo, pola merda do calendario da Voz de Galicia.

2006-08-24 

O tamaño si importa: Adeus Plutón

Sistema Solar Sen Pluton

Hoxe Plutón deixa de ser formalmente un planeta, agora é un "planeta anano".

Mágoa que non conserve eses marabillosos libros de EXB da editorial "Santillana" que rapiñaba nas luminárias de San Xoan para recorta-los mapas que traian. Eu no colexio tiña os de "Bruño" que non molaban nada.

Venme a cabeza un capítulo de ALF no que lle facia ao cativo unha maqueta do sistema solar cuns cantos planetas de mais (que el dicia que existian) e lle puxeran un suspenso en clase.

Actualización:
Que bueno! :), en noticiasfrikis.com fixeron chapas "con sombritas y toda la ostia" a favor da conservación do estatus de planeta para Plutón.

 

E o VHS fíxose AVI

VHS vs Sony Vaio

Pensei moito se escribir o seguinte, non creo que sexa moralmente correcto, pero, aí vai:

Que pasaria se vos digo que procurando datos para un futuro post atopei unha información "delicada" sobre o director dun xornal de nome planetário que leva uns cantos anos enredando cunha furgoneta branca e unhas cintas de música da "orquesta mondragón"; que tamén construe piscinas en terreos públicos que logo lle legalizan... supoño que xa sabedes de quen vos falo.

O caso é que ese gurú da moralidade e da familia cometeu "actos impuros" (deixando claro que foi unha "encerrona") debe haber uns ¿15 anos?, que quedaron rexistrados nunha cinta VHS que recorreu case tódalas redaccións dos médios de comunicación de todo o estado. Pois ben, o VHS fíxose AVI e circula por internet. Como non me quero mollar, so quero deixar constancia do achádego e comunicar que esa información esta disponible via "Emule" ou via "YouTube". Se queredes saber mais, podedes probar aquí

2006-08-20 

Bodas, resacas y nudos de corbata

Una gran borrachera (con su correspondiente resaca) para terminar las vacaciones, el motivo, la boda de un colega en Muxia y allá fuimos todos los "urbanitas" a liarla: "viva los novios", "que se besen", "que se toquen", "que se rocen", "dandolo todo", "que se toque el camara" (no volvió a aparecer por la mesa)... un surrealista "baile del sorbete" con musiquilla estilo "tirolesa" y la típica barra libre (esta invito yo)... una boda para no olvidar pero todo se acaba y mañana a currar otra vez.

La novedad fué que como ya estaba cansado de tener que andar buscando a alguién para que me hiciera el nudo de la corbata (que si mi padre, que si un vecino, que si en una tienda de ropa, que si alguién de la boda, que si algún señor en el bar de enfrente de la iglesia...) en esta ocasión tiré de google y buscando por "nudos de corbatas" me bajé un par de explicaciones con los pasos a seguir y hasta aprendí (despues de unos cuantos "mecagoendios") a hacer un nudo "windsor" bastante decente que cumplió con creces mis espectativas de calidad.

nudo-windsor

Si alguna vez os encontrais con el mismo problema, os dejo un par de enlaces:

2006-08-18 

Campings de Galicia/Galiza

Campings

Desde que teño internet 24 horas en casa utilizo o ordenador para consultar de todo: pedir cita pró médico, ve-las ofertas de telepizza (ou mellor pizzamovil que son mais ricas e do país), o tempo, os xornais, paso de andar perdido buscando unha rua (paginasamarillas.es e vou coa folla impresa tipo guiri)... e estas vacacións tirei de google earth pra buscar a situación exacta dalgún camping coa información que ia atopando via turgalicia e google.

O caso é que coma non atopei tal, estou comezando a sinalar no google eath a localización exacta de todolos campings de Galicia... por agora so levo uns pouquiños pero co tempo espero telos todos (114 según Turgalicia). Agradécese todo tipo de axuda.

Podedes descargar as "chinchetas" que levo ata o de agora dende aquí ou descargando directamente o ficheiro KML dende aquí

Actualización: A dia 20/8/2006 levo 40 campings. Non estaria mal algo de axuda para localizar algún mais.

Etiquetas:

2006-08-16 

Encamiñando o blog

Xa van 3 meses e mais de 5000 visitas (moitas delas miñas) dende que comezou todo. Durante moito tempo andiven ao garete dando tumbos dun lado para outro sobre o contido do blog pero, penso, que xa teño "enrutado" o diario do galleciense que vos fala.

Como bó informático fixen un "ciclo de vida" do blog, debín de quedar traumatizado coa asignatura de "enxeñeria do software" na facultade :)

Ciclo de Vida

2006-08-15 

Arde Galiza ou Galicia?

I Want You

"Esto es la guerra" como diria Groucho Marx ou polo menos a guerra de dominios. Ao orixinal ArdeGaliza.info (de onde saquei o pasatempo do outro dia) saiulle competéncia pola (extrema) dereita, vexa-se ardegalicia.com, ardegalicia.org, ardegalicia.info, ardegaliza.com ou ardegaliza.org...

Non ten desperdício a lista de enlaces/ligazóns/links da web dos de ArdeGalicia.info, está o mellorciño de cada casa, si señor.

Mais información en ArdeGaliza.info

Neste ambiente "bélico" tamén hai "duelo" de manifestacións os próximos dias en Santiago: por unha banda a plataforma Nunca Mais convoca unha manifestación este domingo 20 ás 12 da mañá desde a Alameda de Santiago; e pola outra banda non sei quen "por la defensa de Galicia" mañá 16 de agosto " a las 13.30 horas ante la Conselleria do Medio Rural" según din nese ¿periódico online? chamado Galicia Liberal.

Inda que é un coméntario bastante ácedo: "isto está que arde"

2006-08-14 

Reflexións sobre os lumes

Despois de pasar un par de dias de lecer en Malpica sen case contacto co exterior, ao voltar a vida normal, pensando en frio entendo a decisión das autoridades de desaloxar os campings da zona de Muxia por mor dun incéndio, inda que penso que non habia perigo a ver quen é o valente que di que siga a xente nos campings e despois que pase algunha desgrácia.

O que cada vez teño mais claro é que aparte de intencionados (creo que todos de acordo) este ano os lumes teñen alguén movendo fios por detrás... quén? a miña opinión personal: intereses turísticos doutras zonas do estado que ven como os turistas veñen cada vez mais a Galicia e pasan desas praias caldeadas e saturadas do mediterráneo, intereses inmobiliários? xente das brigadas contra-incéndios que así pensan que van ter mais traballo (pan pra hoxe fame pra mañá) ou resentidos por non seren contratados, "radicais" do partido da oposición para foder ao goberno galego e ao goberno español? (isto seria moi triste pero certo que o penso)... moitos mais, pensa mal e acertarás.

Como soluciona-lo problema? pensando mais en políticas de prevención que de extinción... como? sempre que haxa cartos e gañas penso que poderia ser doado:
  • Caña a os incéndiarios, que teñan que pensar nas consecuéncias antes de prender lume, por moito que lles paguen por facelo... maximo de pena que se poida e nada de sair aos tres dias.
  • Limpa-lo monte, por lei, cada propietario que limpe o seu monte e se non o fai multa gorda ou expropiarlle os terreos. Se non ten cartos pra facelo pois subvencións.
  • Controla-las especies que se plantan menos (ou nada) de eucaliptos e piñeiros (facílmente "incendiables" e mais especies autóctonas (carballos, castiñeiros...). Subvencions pra os que planten especies autoctonas.
  • Controla-la "densidade" de arbores sobre todo de crecemento rápido e todo tipo de traballos que fagan falla pra ter o monte en condicións: cortalumes, camiños forestais...
  • Vixiancia con mais guardias forestais ou mesmo veciños que incluso poderian recibir algunha remuneración da administración.
  • - E o mais importante pero igual mais dificil, que é concienciar a xente de coida-lo seu património natural.

Para quitarlle un pouco de ferro ao asunto... un pasatempo: busca as diferéncias: Voluntario vs Feijoo
Voluntario vs Feijoo
Sacado de ArdeGaliza.info

Na foto da dereita poderiase meter tamén sen nengún problema a unha morea de comelláns tipo Zapatero (lo bien que estaba yo en Canarias), Rubalcaba (chupando cámara diante do logo da Xunta), Touriño (na sua versión "Torito" ahora solo me le hablo en castellano), Rajoy (me doy un paseo por los montes no es el momento pero meto caña), o própio Feijoo (me le apago unos fuegos sin despeinarme)... menos Quintana e Suarez Canal poucos se salvan... ah, non me lembraba do exército facendo surcos para a foto de Zapatero... pois tamen prá foto... e tamén os que misturan lume e idioma todos pra o saco: pedro-jota-calvorota e o seu panfleto "ErMundo", la Raázon, el Abecé zapatito quieto es, Jimenez el facha y su Libertá Digital, o gracioso de "ce ce oo oo" Alfredo Urdaci... e demais morralla.

Suevo dixit.

2006-08-11 

Incéndios e o canguelo das autoridades

Pensaba que me ia encontrar con algún lume estes días pero a realidade supera as peores suposicións... escollimos pra pasar uns dias a costa da morte xa que ás rias baixas nin de broma co conto dos incéndios... pero nin con esas... descartando Muros (queimado) antes de sair, decidimos ir pra Cee, chegamos ao camping "Ruta de Finisterre" na praia de Estorde pero xa non nos deixaron entrar porque estaban desaloxando por culpa dun incéndio na cima do monte (despois nos enteramos que chegara ata o camping)... imos pra o norte, pra Muxia... camping "Praia de Leis", hai sitio, perfecto... pasamos o que quedaba do dia, durmimos e á mañá seguinte imos dar unha volta ata Camariñas vemos un incéndio bastante alonxado da zona na que estabamos, xantamos en Camariñas, e ao chegar de volta ao camping outra vez a guardia civil, todo dios fora que hai que desaloxar, xa non quedaba casi ninguén... "flipando por colores" que pasa aquí! ao contrario do dia anterior, o lume estaba a polo menos 8 ou 10 kilometros de distancia... fume si habia algo, pero perigo para os 3 campings de Muxia que valeiraron nin de coña, canguelo das "autoridades" (non vaia ser), senon, non o entendo... esperamos pra desmonta-la tenda unhas cantas horas a ver se viñan os picoletos pra dicir que se podia acampar outra vez pero nada que non, que tiñan ordes de desaloxar e punto, se queredes podedes ir ao polideportivo de Muxia. Ao pasar preto do incendio vemos que esta totalmente controlado ningun perigo pero a acampada de todolos que estabamos na zona a "tomar por culo", con cabreo e resignación volta pra casa... mañá decidiremos un novo destino... a ver que pasa.

PD: Escoitando a rádio dame a risa ao escoitar o motivo "oficial" do desaloxo: "Riesgo de intoxicación por el humo"... mais me intoxico na cidade todolos dias coa merda da refineria.

2006-08-09 

Vacacións condicionadas polo lume

Voume uns dias de vacacións, vou equipado coa nova camara que merquei a semana pasada... o noso primeiro destino que era o camping do ancoradoiro tivo que ser descartado por causa dos lumes... cambiamos de destino pero desgraciadamente traerei fotos de incéndios alá onde vou. O único sítio onde non verás un lume en Galicia é nunha zona xa queimada e xa están os do PP politizando o tema... ata meten a lingua polo médio. Que triste... D'hoxe nuns dias. Saudos.

2006-08-08 

Bahía de Sydney-Sidney en 720 Megapixels

Bahía de Sydney

Todo empieza un 14 de Julio de 2006. Al hacer mi visita diaria a yonkis veo un comentario sobre una foto de 720 Megapixels de la bahia de sydney con el correspondiente enlace a la web del autor. Le echo un vistazo a la página, cacharreo un poco con la foto y ahí queda la cosa, una curiosidad mas de internet. Unos cuantos dias despues (3 de agosto), tambien en yonkis, aparece publicado el mensaje de un tal ricardo que nos cuenta a grosso modo como hizo para descargarse los 169 cachitos mas o menos "protegidos" que formaban la imagen de la web del tipo y como los juntó para crearse su propio megacuadro para el salón de su casa. Me quedé interesado en el asunto pero no se daba mucha información sobre el tema . No debí de ser el único porque al día siguiente aparece otra entrada en yonkis con un enlace al blog de ricardo con una descripción "mas detallada" del proceso. Rápidamente me dirijo a BWAIN y me intereso por los pasos a seguir cuya parte principal es un pequeño código en javascript para descargarse los "cachitos" de la imagen. Aunque ricardo da toda la información necesaria para realizar el proceso de "construcción" de la fotografía, le entra el canguelo y no se atreve a "colgar" la foto (¿o si?) por lo que en los propios comentarios del post se genera el ambiente necesario y alguien (ramdav) crea un foro exclusivamente para el "tema foto". En este foro poco a poco se va avanzando en el proceso de contrucción de la fotografia y en el momento actual existen varias imagenes candidatas (casi todas en rapidshare):
[Lista actualizada a 13/Agosto/2006]

PD: Utilidad para descargar ficheros de rapidshare y similares: Universal Share Downloader v1.3.4 b7

Actualización a 21/Agosto/2006:

Cacharreando con el Google me he dado cuenta que Sidney realmente se escribe "Sydney" aunque según la wikipedia en español se admiten las dos formas.

Es curioso que si en Google Earth o Google Maps buscas por "Sidney" en vez de ir pa' Australia te aparece una calle de Lebrija (Sevilla)

Actualización a 14/Abril/2007:

Como los enlaces a Rapidshare dejaron de funcionar hace tiempo y todavía hay gente buscando la fotografía, añado 2 elinks "operativos"


Actualización a 28/Septiembre/2008:

Mas de 2 años despues aun recibo algún correo de vez en cuando de gente que sigue buscando la famosa megafoto de la bahía de sydney/sidney... aprovechando que ando de limpieza en el PC viejo y que casi sin querer apareció la famosa foto de los tropecientos megapixels la vuelvo a subir a rapidshare para que este disponible un tiempecín más :)

Etiquetas: , ,

2006-08-05 

Descubriendo el Messenger

Puto Messenger

Me da casi hasta vergüenza decirlo, pero hasta el dia de hoy nunca había utilizado el Messenger. Si, alguna vez el "Google Talk" o para explicar en clase como se utilizaba, pero nunca me hizo mucha gracia eso de chatear, me supongo que influiría el no tener internet de supuesta "banda ancha" en casa y si bajaba al ciber aprovechaba para otros menesteres que el tiempo era oro o mejor dicho euro... bueno, el caso es que el coleguilla del que os hablé el otro dia estaba en esos momentos utilizando el messenger y me pido mi email para agregarme a sus contactos y ahí quedo la cosa... hoy por la tarde mientras estaba "fozando" en el ordenador se me dió por iniciar sesión, me pongo a chatear y despues de decirme que actualizara la versión que no me podia mandar no se que, actualizo (tenia la 4.algo y ya anda por la 8) y que risas me eché... ahí estoy yo como un niño pequeño dándole a todo lo que se le puede dar y zumbidos a saco... todos los que me dejaba el programa, hasta me cambié el nick por el de "Senhor Zumbido"... no me extraña que anden todos los chupitrocos flipaos en el ciber con el puto messenger, muy bueno, prometo engancharme.

Etiquetas: ,

2006-08-04 

Aqueles marabillosos anos (II)

Hoxe (ou onte, se miro pró relóxio) quedei cun antigo compañeiro de piso que non via dende hai un tempo e despois dos típicos que tal? como che vai? por onde andas?... comezamos a contar anécdotas daqueles tempos de estudiante e o ben q'o pasabamos... boteime unhas boas risas lembrando vellos tempos.

O tema é que o piso en cuestión no que viviamos, era unha républica independiente formada por catro províncias autónomas e un par de territórios comúns chamada "República Democrática de Bata" con escudo, mapa e constitución própias, e o seu lema era "Vivimos en Bata!!!" por iso das horas e do ambiente nocturno que habia nel. Ainda conservo o mapa, mágoa que o escudo e a constitución se perderan ao cambiar de país... aí vos queda de recordo:

Republic of Bata [Click pra facer mais grande]
Código de cores:
- Azul: Auga
- Verde: Limpeza
- Marrón: Merda

PD: Xa sei que esta é unha das cousas que só lle fan grácia a quen as viviu.

Etiquetas: ,

2006-08-01 

Tempus Fugit

Clock

Definición:
"El tópico tempus fugit hace referencia al paso irremisible del tiempo, que todo lo acaba. Suele aparecer muy frecuentemente en combinación con el tópico del carpe diem" [Fonte aquí]

En Wikipedia non se enredaron moito: ‘El Tiempo vuela’.
A frase latina de tempus fugit "venme ao pelo" pra escribir sobre algunhas cousas que teño na cabeza: o tema da saude de Castro e, esperemos, o principio do fin da dictadura castrista en Cuba; que xa estou de vacacións e espero que o "tempus" non "fugit" moi axiña; e que determinadas ligazóns en internet deixan de estar operativas ao pouco tempo.

Digo o dos links en internet porque mirando nas estatísticas do blog as palabras chaves coas que chegan ao blog os meus "curioseadores", vexo que teño bastantes visitas preguntando por "The Zoo Dream Team" e por tanto polo tema das "camisetas do mundial" que publiquei debe haber un mes.

Pois ben, revisando os links, vexo que a "Sex World Cup 2006" xa non existe e que agora claramente é una web porno. Gracias a que me gusta gardar as cousas para telas a man, coa axuda do Firefox e algunha extensión coma o flashgot ou aplicacións gratuitas como WebRipper pódese armacenar facilmente o contido dunha web e se cadra algún dia comparto as "vistas" via Megaupload, Rapidshare ou similar.

PD: Imaxes do "Zoo Dream Team" (Rapidshare)... as "camisetas" outro dia, que levan mais tempo.

 

Adoptando unha mascota

Xa que estou de vacacións e teño algo de tempo vou adoptar unha mascota ("culo veo culo quiero") pra que me faga algo de compaña no blog, chámase trigo e lle podedes dar de comer sempre que querades.



PD: O que fai non ter nada que facer o primeiro dia das vacacións.
Podes adoptar a tua mascota en Bunnyhero Labs

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña