« Inicio | Pronostico un mal dia » | Me siento observado » | No me cae bien: Luján Argüelles » | ...estamos trabahando en eyoo (III) » | A voltas con mundial: Soccer Strip Quest » | O mundial dende outra perspectiva » | Matemáticas & pachanguitas » | Hasta los h#$vos de la margarita de los c#j$ones » | Probando o Google Earth 4 Beta » | La hora chanante »  

2006-06-29 

O de sempre


Onte pronostiquei un mal dia pra min, ao final non foi pra tanto... algo mais foino prá selección española. O ser nacionalista non quita que me guste que gañe a selección "do estado" e que perderan contra Francia algo fastidia... ao final pasou o de sempre, pasan a fase previa (unhas veces mais sobrados e outras con apuros) pero despois caen en oitavos ou cuartos... algo que se repite cada 2 anos (eurocopa e mundial) dende que teño uso de razón.

O blucle (repeat until oitavos/cuartos) é o seguinte:

Clasifícanse sen grandes apuros na fase de clasificación contra seleccións tipo Irlanda do norte, Austria, San Marino, etc... antes da eurocopa/mundial os medios de comunicación tranquilizan as masas dicindo que hai que ir amodiño, pouco a pouco, sen crerse superiores e similar --> cando comeza a competición comezan a encher o peito as televisións, radios e demais e comémonos o mundo, que veña Brasil que lle metemos 5 (en plan Poli Rincón na SER), primeira fase todos emocionados e preparados pra os cruces --> cando mais euforia e ilusión hai no pais incluso nas "provincias rebeldes", chega o partido da eliminación e toda a ilusión polo chan, que se o de sempre que se xogamos coma nunca e perdemos coma sempre... --> e os periodistas "donde dije digo digo diego", que se non tiñamos una selección tan boa, as arbitraxes, o adestrador, a mala sorte... isto mesmiño cada 2 anos de toda a vida (así me lo aprendí yo).

O mais chocante é que os medios de comunicación, despois de elevar o orgullo patrio e meterlle a ilusión ao populacho, son os primeiros en criticar á xente por ilusionarse e dicir que non había pra tanto e que eles tiñan as suas dúbidas e non o vian tan claro.

Sobre a utilización política da selección española por determinados medios de comunicación xa non me meto, paso palabra, outro dia.

E dentro de 2 anos na eurocopa de Austria/Suiza outra vez o mesmo. Queda escrito.

PD: Sobre a Euro2008, na FIFA/UEFA non se enteran: que Serbia-Montenegro xa non esiste! que agora van por libre! (ou a unión europea quixo que foran por libre, pero isto xa e outro tema). Actualizado: Bueno na UEFA xa se deron de conta.

Etiquetas:

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña