Teño página güé... apunta...

Este luns pola tarde atopeime nunha tenda (con web das mais cutrísimas do sector) cun rapaz mazo pesao que habia anos que non via, e por non quedar mal estiven botando unhas parrafadas con el mentres faciamos cola. Despois do típico 'que é da tua vida' e de contarme as suas historias (mazo chungas por certo) dime que ten páxina web, que apunte a dirección e tal... collo o mobil e anoto a URL, ese mesmo dia un pouco mais tarde dáseme por mirar a sua web a ver que tal esperando algo interesante polo que me contara, pero... ein?? un puto blog, de blogger (coma este) pero redireccionado a un dominio .es e contido mediocre tirando a pésimo :S... tanta historia para isto? Non é que este diario (ou o case abandonado desenho galego) sexa o superblog do ano pero penso que é bastante millor que o do tio este... prefiro seguir mantendo o anonimato pero, ás veces, danme ganas de sair á luz e dicir: rapás, teño página güé... apunta...
Etiquetas: cousas miñas, Críticas
Convídoche a sumarte a esta (http://redenacionalista.wordpress.com/)iniciativa, para apuntarche só tes que deixarme un comentario e eu engádoche.
Un saúdo.
Escrito por
Anónimo ás 27/12/07 20:59
suevo, dou por entendido que ti non lle deche-lo enderezo da túa WEEB non...??? porqué como lea isto vai flipar un pouco...jeje.
un saúdo "mazo chungo" e boas festas !!
Escrito por
Anónimo ás 29/12/07 00:29
Anda que xa lle vale...
Escrito por
Carlos Andina ás 25/1/08 18:29