A
petición de Randeeira, aí vai o meu primeiro meme, o test de Proust, feito coas gafotas de ver de cerca e compre non tomar moito en serio:
O principal rasgo do meu carácter?Indeciso
A calidade que prefiro nun home?Humildade, intelixencia, "don de xentes"
A calidade que desexo nunha muller?As mesmas que nun home
O que máis aprecio nos meus amigos?Que estean nos momentos malos (suponse pero non sempre é así)
O meu principal defecto?Vagancia e "
procrastinación" como se dí agora
A miña ocupación preferida?Non sei se é a preferida pero perder o tempo co ordenador perdo de mais
O meu soño de dicha?What the fuck é iso de "dicha"?
Cal sería a miña maior desgraza?uff, mal rollo...
Que quixera ser?Un puto cabaleiro medieval libertando á Gallaecia
Onde desexaría vivir?En calqueira sitio da Galiza, pero pasando as vacacións de inverno nas Canarias ou no Caribe tomando o sol
A cor que prefiro?Azul, sen dúbida
A flor que prefiro?Queda ben iso de dicir a do toxo. Por certo que seria do "
SolFuerza", un combustible feito con toxo?
O paxaro que prefiro?A
águia de cabeza branca (si, a que aparece no escudo dos USA)
Os meus autores preferidos en prosa?Eu que sei, os que saen na
PC Actual? :DDDD
Os meus heroes de ficción?"
El gran heroe americano",
Rompetechos e o tipo moroso que vivia no faiado do "
13, Rua do percebe"
As miñas heroínas de ficción?A tipa que saia en "Busco a Jacks" :P ("lo retiro")Valería aquí
Cuddy (a de House) e
Brenda (a de
The Closer)?
Os meus compositores preferidos?mmm... non sei
Os meus pintores predilectos?Dalí, un antigo compañeiro de piso converteume ao surrealiiiiiiismo
Os meus heroes da vida real?Calqueira da reminiscencia "fatxa" galega:
Os Irmandiños, o
Mariscal Pardo de Cela, o
Conde de Trava (Pedro Froilaz)...
As miñas heroínas históricas?Maria Pita... era drogadicta?
Agora en serio... a figura de
Inés de Castro sempre me entusiasmou
Os meus nomes favoritos?Preferibelmente galegos: Paulo, Uxio, Iria, Catuxa...
Mólame moito tamén "Zé"
Que detesto máis que nada?A hipocrisía e a xente que fala e fala e fala (pero sen dicir nada, absorvedores de enerxia)
Que caracteres históricos desprezo máis?Os
Reis Católicos e tamén o
Afonso X "O sabio"Que feito militar admiro máis?"
A marcha verde", non o admiro pero non entendo como o Estado Español vendeu aos Saharauis dun xeito tan fácil.
Que reforma admiro máis?Se non me molestan mentres durmo, calquera
Que dons naturais quixeras ter?Superpoderes: telequinesia, invisibilidade e esas cousas :D
Como me gustaría morrer?Supoño que durmindo, pero polo menos que non sexa unha morte absurda como tropezando no cuarto de baño ou atropelado polo
"pathfinder" ese que limpa as ruas
Estado presente do meu espírito?Vegetativo
Feitos que me inspiran máis indulxencia?Iso da "indulxencia" soa a relixioso
O meu lema?Deixa para pasadomañá o que podas facer hoxe ou mañá
Tampouco está mal este:
Non deixes pra mañá o intentar empaquetarlle a outro o que tes que facer hoxeQue o faga quen lle apeteza, pero voullo pedir a:
O AlpendreEtiquetas: cousas miñas, memes