Incéndios e o canguelo das autoridades
Pensaba que me ia encontrar con algún lume estes días pero a realidade supera as peores suposicións... escollimos pra pasar uns dias a costa da morte xa que ás rias baixas nin de broma co conto dos incéndios... pero nin con esas... descartando Muros (queimado) antes de sair, decidimos ir pra Cee, chegamos ao camping "Ruta de Finisterre" na praia de Estorde pero xa non nos deixaron entrar porque estaban desaloxando por culpa dun incéndio na cima do monte (despois nos enteramos que chegara ata o camping)... imos pra o norte, pra Muxia... camping "Praia de Leis", hai sitio, perfecto... pasamos o que quedaba do dia, durmimos e á mañá seguinte imos dar unha volta ata Camariñas vemos un incéndio bastante alonxado da zona na que estabamos, xantamos en Camariñas, e ao chegar de volta ao camping outra vez a guardia civil, todo dios fora que hai que desaloxar, xa non quedaba casi ninguén... "flipando por colores" que pasa aquí! ao contrario do dia anterior, o lume estaba a polo menos 8 ou 10 kilometros de distancia... fume si habia algo, pero perigo para os 3 campings de Muxia que valeiraron nin de coña, canguelo das "autoridades" (non vaia ser), senon, non o entendo... esperamos pra desmonta-la tenda unhas cantas horas a ver se viñan os picoletos pra dicir que se podia acampar outra vez pero nada que non, que tiñan ordes de desaloxar e punto, se queredes podedes ir ao polideportivo de Muxia. Ao pasar preto do incendio vemos que esta totalmente controlado ningun perigo pero a acampada de todolos que estabamos na zona a "tomar por culo", con cabreo e resignación volta pra casa... mañá decidiremos un novo destino... a ver que pasa.
PD: Escoitando a rádio dame a risa ao escoitar o motivo "oficial" do desaloxo: "Riesgo de intoxicación por el humo"... mais me intoxico na cidade todolos dias coa merda da refineria.
PD: Escoitando a rádio dame a risa ao escoitar o motivo "oficial" do desaloxo: "Riesgo de intoxicación por el humo"... mais me intoxico na cidade todolos dias coa merda da refineria.