« Inicio | La hora chanante » | Despues de unos problemas "tésnicos"... MODA » | No en mi nombre ¿? Queremos saber la verdad ¿? » | Fiebre futbolera » | Mejor con Firefox » | Conclusión: Somos una colonia » | Er Mundiá: Recomendaciones para las féminas. » | Cousas da lingua (II) » | Google Calendar » | Juegos Online: Puzzle Bobble »  

2006-06-16 

Probando o Google Earth 4 Beta

Acaba de sair Google Earth 4 Beta, a nova versión deste magnífico programa do novo rei Google... pois ben, acabo de instalala e ando a probala nestes momentos e a primeira impresión é bastante boa. O que mais me chama a atención é que melloraron a sección "From..To" que agora se chama "Como Llegar" e funciona de forma similar á Guia Campsa ou calqueira "mapa de estradas" online ou en CD... pós o lugar de orixe e o de chegada e saeche toda a ruta a seguir pra chegar sen problemas ó destino. Mais novidades: é moito mais facil de utilizar e está en español (penso que teremos que esperar bastante pra que saia en galego).

Das cousas menos boas: a toponímia galega segue a estar totalmente desfasada no tempo (uns 40 anos = franquista... nota mental: falar do rumbo que está a tomar a wikipedia española respecto da toponímia galega e doutras zonas "periféricas") e que se queremos opcións mais avanzadas temos que tirar do peto e merca-las versións "Plus", "Pro" ou "Enterprise" (olvídate de serials ou cracks, non van que eu saiba).

Unha cousa mais... rematou a polémica sobre se somos Galiza ou Galicia, Google deu coa solución: chamamosnos GAILCIA e punto. No novo estatuto, aparte de reinvindicar as orixes suevas do pais/nación/nazón/naçóm galega, deberemos troca-lo nome polo adxudicado por Google.

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña