Cursioseando no Google Earth: Hotel "Don Manolo"

Botándolle unha visuada á Illa de Cabrera no Google Earth a raíz dunha magnífica entrada no blog de Nieves (un caso LOST de comezos do s.XIX), desvieime un pouco cara a Magalluf (Mallorca) pra comprobar se segue existindo ese pedazo de Hotel chamado "Don Manolo" ao que fun de viaxe de Fin de Curso de 3º de BUP. Que tempos aqueles e que ben nolo pasáramos, deixando o pavillón galego ben alto en terras anglo-xermano-baleáricas.
E vós, onde fostes de excursión de fin de de curso en 3º de BUP, 8º de EXB ou como carallo cuadre agora coa ESO?
Etiquetas: cousas miñas, google earth, tempos mozos




