2006-12-31 

Feliz ano

Feliz aninovo e moitas gracias:

A Randeeira
moucho_branco
Andrés Milleiro
EnGalego.esp.st
Trasancos
xOsse
IaRRoVaWo
Marcus
Mendinho
W. Sobchak
Sergy
nieves
Luscofusco
marcos valcarcel
An
David
Suso
Mario
gustavo harvey
Manuel Rivas
Mar e Lúa
Maximo H.

Alvin
Valadrem
Telcarion
Jose Bataias
Oskiña
X
F. Miguez
Goretoxo
UnCataDoRosal

e a tódolos demais visitantes do blog que non se dan a coñecer.
D'hoxe nun ano!!!
(perdón se se me esqueceu alguén)

happy xmas

2006-12-29 

Galiza - Ecuador

As miñas reflexións despois de asistir onte ao partido da selección:

- A ver se nos aprendemos o himno na sua versión completa (karaoquiño pra todos!) ou polo menos que digan por megafonia se van pór a versión longa ou a curta (por iso de non quedar nas berzas como lle pasou a case todolos que estabamos)

- A parte da típica bandeira "oficial" e a estreleira, gostei moito de atopar outras menos tradicionais como a do antigo reino, a da dinastia sueva (prefiro esta versión) e a galega co escudo de Castelao. Igual pró ano vese xa algunha coa rubia ou a frisona no medio.

- Que sensación ao entrar no estadio, ambiente 100% galego, e cando comezou a soar o himno recoñezo que me emocionei.

- Quen diga que estes partidos non están politizados, enganase a si mesmo. A min dame igual pero se cadra hai cánticos que a xente menos/non nacionalistas non lle fan gracia; son galego e punto, non teño por que mencionar a ningunha outra nación (de nacións :). Se queremos que se enchan estadios como os de Riazor ou Balaídos hai determinados cantos que sobran (volvo dicir que eu canto o que faga falla) para que estes partidos non se convirtan en ghettos (a selección ten que ser de todos).

- Deume un pouco de pena ver o estadio medio cheo (ou medio baleiro), din que eramos 20.000 pero habia 15.000 asentos sen ocupar, tamén é certo que somos novatos e non se crea afición dun dia pra outro.

- Tanto custará contratar a un bo speaker, en vez de soportar ao papaxón que habia? (por certo é o papaxón oficial dos partidos do depor, de aí o seu nulo dominio "de o" galego), poderia informarse de que en galego existe unha cousa que se chaman contracións: com+o=co, en+o=no e que se dí DEZASETE non "dez e sete"; o da "selección gallega" non ten nome.
Un pouco mas de animación por megafonia tampouco estaria de mais (ese karaoquiño)

- Para a próxima intentarei buscar outra ubicación algo mais festeira, o ambiente en preferencia inferior era un pouco frio, magoa non escoller preferencia superior ou fondo de pavillón :(

E para rematar, a retrasmisión do himno pola galega; fíxome gracia verme en televisión por uns segundos :)

Etiquetas:

2006-12-28 

He encontrado el camino

[MODO INOCENTE ON]

Diario de un Godo

Pues si amigos, he encontrado el recto camino. Hoy dia 28 de diciembre, día de San Inocencio, me he dado cuenta de que no seguía la senda marcada por las santas escrituras. Gracias a Dios y a su benevolente poder divino he cambiado justo a tiempo, he roto las entradas que tenia para asistir a ese partido de rojos y separatistas que se va a disputar (si las fuerzas del orden no lo remedian) hoy a las 21:00 horas en la ciudad de La Coruña, guíada hasta hace bien poco por ese gran esclavo de Cristo llamado Franciso Vázquez (Rober Diniro para los curuñeses) ocupado actualmente en otros menesteres mas importantes como representar a la gran Nación Española en la Santa Sede.

Sin otro particular, desde tierras visigodas noroccidentales, cantando las danzas típicas de la zona (con la guitarra española, por supuesto) se despide un reconvertido descendiente de Recaredo.

Una y grande!!! (de rachí ;)

[MODO INOCENTE OFF]

2006-12-26 

Federico te felicita

Estaba eu intentando atopar no youtube o fantástico mensaxe de nadal do Gran Wyoming que fixo no seu programa "El Intermedio" cando de pronto dou con esta ¿xoia? de FJL



Serve como sustituto do video do Wyoming pero seguirei coa búsqueda.
Saudos navideños dende un PC con Win98 (xa quedan poucos).

2006-12-22 

Aberto por vacacións

Bueno, por este ano acabou o choio, agora outro par de semanas di rascamiento di ovos (subvencionadas polo INEM) pra recuperar folgos (véxase "forzas") e aguantar novos alumnos ávidos de coñecemento informático.

Mentres tanto, sempre que teña un ordenador a man, seguirei por aquí dando a brasa porque eu non pecho, farei coma os comercios e abrirei ata os domingos.

Pra continuar co formato dos meus post [Texto + Imaxe/Video] incorporo unha fotografia dun alumno tipo despois de rematar un dos meus cursos:

garfield calvo

 

Sorteo de nadal

Non sei se a algún de vos lle tocou algo, a min non (tamén é certo que tampouco xoguei nada); pero aproveitando que hoxe é o dia do "el caso es que haya salud" e que teño uns escaneos familiares por aí, sorteo un cabrito a quen teña un boleto mais antigo que este.

Sorteo Cabrito

PD: Non valen retoques de photoshop, nin artesanais. Resérvome o dereito de facer como os da Sexta.

Poderia ser este post un candidato ao famoso tag:cabra de chuza?

2006-12-20 

Nasión de tirikitrán tran tan

Quillo! toca ese himno otra ves!



L A M E N T Á B E L ! ! !
I N C R Í B E L ! ! !

Mais info en:
- La Voz de Galicia
- Xornal.com
- Antonio Sangiao (Xornal.com)
- El Correo Gallego

 

Igualdade da muller

Hai algúns que entenderon mal iso da igualdade da muller.
En todo caso ainda estades a tempo de facer a "iscripción"

igualdade

Coma sempre, concellos galego-falantes ao 100% empregando o castelán, non vaia ser que parezan paletos.

 

O meu punto débil

Garganta

A garganta ou gorxa, ese é o meu punto débil, a miña kriptonita... sempre que hai un cambio de tempo aí está fodendo, e iso que fumo o paquete de tabaco diario que me recomendou o médico pero nin con esas.

Cousas que se atopan buscando no google images por "garganta":
- ¿Heroina do cómic? aquí, aquí, eiquí, acó ou acá
- A mítica película "Garganta Profunda" aquí, aquí, aquí e tamén aquí
- Unha casiña á venda na Garganta, no concello de Vilanova de Oscos (no Eo-Navia). Algunha vez teño ido á romeria que fan (ou facían) aí hai xa uns cantos anos.
- "Gargantas" xeolóxicas de todo o mundo: del diablo, del chorro, del cares, de alardos, del oso, etc...
- e a causante dos meus males: a garganta gorxiana.

Total links: 23 (a ver quen os supera nun post!)

2006-12-18 

Falso anonimato

anonimato

"Anque" son unha especie de informático·tolo-programador-deseñador, dende hai uns anos estou metido no mundo do "ensino non regrado", é dicir, dou clases (de informática) en academias de todo tipo.

O caso é que cando chegamos á parte da "Papeleira de Reciclaxe" todo o mundo está moi interesado e saber se cando se baleira realmente se elimina o contido e se é posíbel volver recuperalo... eu lles digo que non (normalmente son cursos de iniciación á informática) pero no seu afán de "anonimato integrista" moitos dos alumnos discuten a miña exposición e dinme que iso non é certo, que si que se pode "recuperar" esa información. Cando me vexo nesas, sempre lles digo que si que lles estou contando verdades a medias e que, efectivamente, existen programas para recuperar información eliminada de forma accidental pero que tamén existen outros programas para que esa información nunca poida ser recuperada.

No apartado de internet, cando creamos unha conta de correo electrónico tamén me atopo co mesmo afán de anonimato: a xente é reacia a introducir os seus verdadeiros datos no formulario de inscripción, e non falo da data de nacemento e outros datos menores, non, falo incluso do seu nome e apelidos. Por suposto, unha das primeiras cousas que queren saber é como borrar o historial do navegador de internet

Faime moita gracia ese instinto de anonimato que ten a xente no mundo da informática cando despois facemos 50000 tarxetas de cliente en San Luis, Alcampo, Carrefour, TravelClub, TuryOcio, etc... e os nosos datos existen en centos de bases de datos de empresas que de forma mais ou menos alegal se intercambian entre elas.

É un pouco incoherente que fale de anonimato utilizando o alcume de "Suevo" para escribir no blog pero, realmente, a quen carallo lle interesa saber quen son? :)

PD: Fixen hai uns anos un programa relacionado co tema para crear "identidades aleatorias". Chámase "Random Identity" e xa falei del hai tempo no blog do Valadrem. Se vos interese podédelo descargar dende aquí (esta en castelán, polo de agora non hai versión en galego :(

2006-12-16 

Zorza Depor

...
Gimnastic 0 - 0 Deportivo
Deportivo 0 - 1 Celta
Osasuna 4 - 1 Deportivo
Deportivo 0 - 0 Racing de Santander
Valencia 4 - 0 Deportivo
Deportivo 0 - 2 Athletic

Penso que hai algún que vai sendo hora de que se vaia.

Etiquetas:

2006-12-15 

Eles non o farian

Súmome á campaña que atopei no blog de marcus.
Cada vez estou mais en contra de ter animais na casa (sobre todo se vivimos nun piso) pero por experiencia propia sei o cariño que se lles colle.

Eles non o farian:
comic_dogs1
comic_dogs2
comic_dogs3
comic_dogs4

Sodes libre de copiar e difundi-la mensaxe.

Etiquetas:

2006-12-13 

Dia "destroyer"

Hoxe teño un día "destroyer", dos que abro o Winamp, deixo de lado heavy, rock, rap ou folk e meto a toda caña algo da miña carpeta "Martxita".

De mostra, poño un par de videos do machacón do megáfono chamado "Scooter". Pedazo de videos que fai o tipo!

Scooter - Hello! (good to be back)


Scooter - Nessaja


PD: Pola Galiza tamém facemos cousas así:
GZ - Soniko DB (LP45, en Ordes)

Etiquetas: , , ,

2006-12-12 

Idade:=Idade+1

Tal dia coma hoxe hai mais anos dos que lle gustaria, nunha cidade do norte, naceu un pequeno raparigo que moitos anos despois puxo R na sua casa e se adentrou no marabilloso mundo do blogomillo (como me lembra esa frase ao comezo de moitos libros informáticos: hello world), sendo o seu maior éxito o deseño dunha vaquiña que lle calma a sua ansia expansionista de reconquista-la meseta.

Este xa crecidiño descendente de Hermerico, ten como costume quitar uns cartos o dia do seu cumpreanos para que mamá-caixa lle felicite o dia, que, inda que sexa unha máquina, sempre fai ilusión.

Felicitacion

2006-12-11 

Borat

BORAT

Retomo o blog despois dunha longa (e aburrida, no meu caso) ponte, dando por finalizada a miña semana "di rascamiento di ovos".

Neste post número 150 (xa choveu dende o primeiro) vou facerlle un pouco a competencia aos de cinemafriki e vou recomendar unha película tipo documental chamada "Borat".

Partindo da base de que a algúns (ou moitos) lles parecerá unha auténtica merda, eu, amante do politicamente incorrecto, recomendoa por iso mesmo, por ser unha película rara de tipo documental totalmente incorrecta que non deixa a ningúen contento. Cun humor ácedo, incluso diria que maleducado, o mesmo paisano de Ali G, "disfrazado" de periodista-paleto kazajo, despotrica contra a sociedade neo-conservadora americana (e occidental en xeral), os seus prexuizos e o seu racismo inherente, parodia a homofobia dunha forma brutal e métese descaradamente contra o antisemitismo (ou é contra as ideas preconcebidas que temos dos xudeus?)

Na miña opinión, unha mágnifica cutre-película que compre ver con sentido do humor e sen prexuizos; no caso contrario, non creo que se poda aguantar mais de 5 minutos.

Non sei se seguirá en carteleira pero sempre podemos tirar da muliña e vela "a lo screener"

Etiquetas:

2006-12-05 

Malos tempos para Breogán

Nazón de Breogán

Polo visto nos comentarios do sistema de filtrado social "Chuza" e nos blogs do blogomillo, non son bos tempos para Breogán, sobre todo despois da idea por parte dalgúns politicos pátrios (que non patriotas) de calificar ao país como "Nación/Nazón de Breogán" no borrador do novo estatuto.

Como dicia unha pintada hai polo menos 10 anos no Orzán da Coruña: Galiza é portuguesa non hispano-irlandesa, e non lle falta parte de razón.

Nestes tempos de loitas políticas dende as diferentes correntes nacionalistas e progresistas do país, seica está de moda meterse coa mitoloxia "breoganiana/arturiana" e co celtismo en xeral. Eu non vou de celta pola vida, pero respeito esa corrente "cultural", (inda que non sexa certa de todo e fose utilizada de forma "folclórica" por gobernos anteriores) sobre todo porque se no seu momento os primeiros provincialistas/rexionalistas/nacionalistas non utilizasen o mito do celtismo como bandeira para erguer o "orgullo" do povo naqueles tempos do século XIX, hoxe non seriamos mais cunhas provincias periféricas sen conciencia de seu e con ainda mais auto-odio do que xa temos.

Inda que hoxe soe a rancio ou decimonónico, o celtismo foi o único camiño (certo ou non) que tiveron os primeiros rexionalistas para intentar facer que os galegos tiveran un pouco de estima de ser tal. Que hoxe xa está superada esa fase, e a frase "Nazón de Breogán" tal como ven no himno non ten sentido, é folclorista e non aporta nada a definición de Galicia/Galiza nun novo estatuto, é obvio.

A procura de mitos é común en calqueira nacionalismo do mundo e cada un se agarra ao que mais "esplendor" lle ofrece: temos a Pelayo e o Cid no español, aos almogavares no catalán, ao Rei Artur no inglés, etc...

Se no seu momento os primeiros nacionalistas tivesen consciencia da existencia dun Reino Suevo no territorio ou da época de esplendor tanto cultural, coma social e político do antigo Reino da Gallaecia/Galicia/Galiza igual non utilizarian o celtismo como via única (ou igual si porque era o que se levaba no momento)

O mito de Breogán poder ser que teña unha base fundada, ou non, pero ninguén pode desmentir que exisitira un intercambio cultural e económico durante séculos entre os finisterraes europeus; incluso tivemos "inmigración" de tribus "celtas" vidas da Britania e da Bretaña no século V escapando dos invasores saxóns)

En resumo, que o celtismo/breoganismo esté desfasado non quita que debamos ter un respeto polos nosos ancestros políticos e culturais. Se cadra, se non fose por eles nin teriamos conciencia de nos mesmos.

2006-12-04 

Cancións míticas: Nighttrain

Así, dun "postazo", toco dous xéneros musicais e dous pedazo de cancións.

Nighttrain de Guns N' Roses, do seu mellor LP: Appetite for Destruction



Nighttrain de Public Enemy, do seu album "Apocalypse '91...The Enemy Strikes Black". [O video é dun remix posterior]

Etiquetas: ,

2006-12-02 

Ya es navidad... en el corte inglés

Polo que se ve na tele pois xa debemos 'tar en "navidades".

Iso deberia explicar a situación vivida hoxe, en pleno 2 de decembro unha charanga pola rua sen curtar o tráfico nin nada, "a pelo". O brasón era galego, mais a música eran pasodobres españois. Gravei un pequeno video prós agnósticos.

Charanga

Un minuto mais tarde pasou unha camioneta disposta a colocar os típicos adornos navideños

Adornos

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña