« Inicio | Por fin es viernes (Hasta el cipote del trabajo) » | O de sempre » | Pronostico un mal dia » | Me siento observado » | No me cae bien: Luján Argüelles » | ...estamos trabahando en eyoo (III) » | A voltas con mundial: Soccer Strip Quest » | O mundial dende outra perspectiva » | Matemáticas & pachanguitas » | Hasta los h#$vos de la margarita de los c#j$ones »  

2006-07-04 

O gran resacón


Había moito tempo que non tiña unha resaca tran grande como a de hoxe, e atá pensei en "palmar" ao chollo porque non me vía con forzas, pero inda que custou poiden acaba-lo dia con algo de dignidade.

O motivo do gran cebollón foi una voda de domingo a antiga usanza, cousa pouco habitual que xa non se estila. Agora normalmente as vodas celébranse o sabado pola tarde ou mesmo o venres á noite.

A comida non me convenceu nadiña, eu son de enchenta de marisco (típico banquete galego, polo menos polo norte) e esta era bastante "pija" tipo "carne de nonseique bañada en salsa de nonseicanto aderezada con herbas de nonseiquemais", o único que me gustou foi o postre que me quedei con ganas porque non daban a repetir. O que non faltou foi "barra libre" acompañada dende os primeiros pinchos previos por uns moitos albariños do país... e así foi a cousa, pasei un bo rato con xente que habia anos que non via... menos mal que non me crucei con ningún de verde que senon lle quedo a deber puntos.

PD: "Viva los novios!!!"

Non me podo resistir a publicar o título alternativo do post:

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña