2007-10-02 

Reflexións meta-existenciais sobre o blog

Igual non lle din voltas á cabeza, sobre todo despois de ler unha entrevista ao Chuza Master, o señor Berto:
"Os blogs cambiaron. Grazas a portais de información como Chuza! ou Menéame, en castelán, xa non teñen sentido aqueles post tan habituais de "mirade que cousa máis graciosa atopei en non sei onde". Agora iso consúltase en Chuza!, e para ter un blog, hai que escribir textos e contar algo, e por iso só sobreviven os que son capaces de facelo"
Pois ben, decidido, nin puto caso, no meu blog vou meter trapalladas a mazo e de vez en cando algunha reflexión pseudo-elaborada (o que o meu intelecto permita). Ainda mais, non sei se cambiarlle o nome ao diario e pór-lle algo como "O bló cachondo do Suevo" ou se cadra "O bló do Suevo cachondo" :D, que para falar de desghrasias xa temos a Gente e España Directo na televisión.

Etiquetas: , ,

2007-02-18 

Desaparecín do Google

Missing

Desaparecín do Google, non sei que pasou pero non existe ningunha ligazón directa ao blog dende Google, só referencias indirectas a listas de blogs ou webs nas que aparece este blog como Blogaliza, Blogalego, Blogalaxia ou similares.

Antes se buscaba "suevo" no Google aparecian varias referencias ao blog na primeira páxina de resultados, tamén tiña algunha entrada do blog posicionada na primeira páxina do google como por exemplo ao procurar por "Lujan Argüelles" (aparecia en 1º lugar por riba do artigo da wikipedia) ou por "Desmadre en el marquesito" entre outras, pero agora nada, borraronme do mapa, non aparezo nin tan sequera no buscador de blogs do google (polo que o botón de busca que teño no blog non atopa nada) e non entendo porqué.

Poderia botarlle a culpa ao paso a Blogger Ex-beta ou a unha hipotética vinganza de google por quita-la barra de Blogger do meu blog, ou a unha man negra que non queria que aparecese como primeiro resultado algunha entrada do blog, non cho sei, o caso e que xa non estou.

A efectos prácticos espero seguir tendo aos lectores habituais que xa coñecedes o diario, pero verase reducido o número de persoas que entran no chiringo de casualidade e, quen sabe, igual algunha gustaba del.

PD: Como curiosidade, saber que lle podedes suxerir a google que engada o voso blog ou páxina web dende esta dirección: http://www.google.es/intl/es/addurl.html

Etiquetas: , , , ,

2006-05-20 

...estamos trabahando en eyoo (II)

Acabo de actualizar la plantilla del blog, ahora el aspecto del diario es un poco mas vistoso (por lo menos para mi).

La plantilla que utilizo se llama BECKETT y la podeis encontrar en esta página donde hay un montón de plantillas para blogger y bastante guapas.

Etiquetas: , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña