2006-06-16 

Probando o Google Earth 4 Beta

Acaba de sair Google Earth 4 Beta, a nova versión deste magnífico programa do novo rei Google... pois ben, acabo de instalala e ando a probala nestes momentos e a primeira impresión é bastante boa. O que mais me chama a atención é que melloraron a sección "From..To" que agora se chama "Como Llegar" e funciona de forma similar á Guia Campsa ou calqueira "mapa de estradas" online ou en CD... pós o lugar de orixe e o de chegada e saeche toda a ruta a seguir pra chegar sen problemas ó destino. Mais novidades: é moito mais facil de utilizar e está en español (penso que teremos que esperar bastante pra que saia en galego).

Das cousas menos boas: a toponímia galega segue a estar totalmente desfasada no tempo (uns 40 anos = franquista... nota mental: falar do rumbo que está a tomar a wikipedia española respecto da toponímia galega e doutras zonas "periféricas") e que se queremos opcións mais avanzadas temos que tirar do peto e merca-las versións "Plus", "Pro" ou "Enterprise" (olvídate de serials ou cracks, non van que eu saiba).

Unha cousa mais... rematou a polémica sobre se somos Galiza ou Galicia, Google deu coa solución: chamamosnos GAILCIA e punto. No novo estatuto, aparte de reinvindicar as orixes suevas do pais/nación/nazón/naçóm galega, deberemos troca-lo nome polo adxudicado por Google.

Etiquetas: , ,

2006-05-29 

Decepcionado co Google Earth

Ando un pouco decepcionado con Google Earth, hai uns dias fixei-me que na parte d'abaixo da páxina de google poñia "¡Nuevo! Google Maps en España" e como habia moitas zonas (incluso cidades importantes) sen fotografias de resolución aceptable pois abrín rapidamente o Google Earth para comprobar os cámbios: a primeira impresión foi moi boa, a zona de Ferrol agora ve-se perfectamente cumha gran resolución cousa que antes non sucedia... pero trala primeira impresión descobren-se cousas menos boas:
  • A Toponímia que usa Google en Galicia/Galiza (e tamén noutras partes do estado) é totalmente desfasada, castellanizada e franquista. Unha proba clara: o "puntito rojo" enriba de "Ferrol" pon "EL FERROL DEL CAUDILLO", manda carallo!!! non só con "El" (erro que ten moitisima xente fora de GZ), senon que tamén lle engaden o "del caudillo".
  • As fotografias da cidade da Coruña agora son mais actuais pero parece que as fixeran un dia de neboa pechada. Se queredes ve-la diferenza entre o antes e o despois podede-lo ver aquí. Tanto lles custaria esperar a que faga bo tempo para facer as fotos.

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña