Nunca vin un meme (algo así como a
cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via
lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os
8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:
1-
A chegada dos romanos: 137 a.C, incursión de
Décimo Xunio Bruto, que derrotou os
Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o
Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"
2-
O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia.
Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon
Prisciliano3-
A chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a
Hermerico (409-438)
4-
A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar
D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (
Dona Tareixa) e do conde galego
Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.
5-
As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os
irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
6-
Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo;
Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a
doma e castración do Reino de Galicia7-
O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.
8-
Castelao: pai do
nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do
Estatuto de Autonomía do 36E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]
Etiquetas: cousas miñas, GZ, memes