2007-05-15 

Un ano de diario dum suevo

Hoxe este blog cumpre un ano de existencia, gostariame facer unha entrada coma a do moucho no seu post nº100 pero non estou moi falangueiro, onte despediuse un dos meus blogs favoritos do blogomillo: A Randeeira. Non é o primeiro que vexo caer neste ano, hai algo mais dun mes tamén o fixo outro dos meus destacados, a Caixa do Mendinho.

En fin, por aquí seguiremos mentres a ilusión acompañe, haxa inspiración e quede algún visitante. Polo momento o conseguido supera todalas miñas espectativas: Mais de 70000 visitas (páxinas cargadas, moitas delas probablemente miñas), 223 entradas (224 con esta) e unha morea de xente que coñecín inda que sexa virtualmente grazas ao blog.

Moitas grazas aos que comentades ou simplesmente ledes o diario por facer que siga coa ilusión de botarlle de vez en cando algunha parrafada. Como se di nestes casos: D'hoxe nun ano!

Etiquetas: , ,

2007-02-03 

Autobombo: Ascendendo no blogomillo

Hoxe leveime unha boa sorpresa ao visitar o ranking "oficioso" do blogomillo, este blog ascendeu até o posto 55 da lista e o meu outro blog (Desenho Galego) acada a moi honrosa posición 127.

Xa houbo hai tempo un "debate" nos comentarios dunha entrada do blog de Marcus sobre o xeito no que se crea este ranking: estar mais arriba non significa ter mais visitas nin mais "calidade" nas entradas do diário, só ter mais ligazóns dende outros blogs apuntados en Technorati.

De todolos xeitos, estou moi contento por este "ascenso de categoria" e para celebralo fixen unha pequena trapallada; non quedou mal de todo:

Blogomillo

PD: Y como estoy de "autobombo" queda plasmado en esta entrada el premio sugus de piña concedido por Valadrem al "mejor insulto friki", premio compartido cordialmente con el otro ganador: Telcarion

Premio Sugus de Piña

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña