O tamaño si importa: Adeus Plutón
Hoxe Plutón deixa de ser formalmente un planeta, agora é un "planeta anano".
Mágoa que non conserve eses marabillosos libros de EXB da editorial "Santillana" que rapiñaba nas luminárias de San Xoan para recorta-los mapas que traian. Eu no colexio tiña os de "Bruño" que non molaban nada.
Venme a cabeza un capítulo de ALF no que lle facia ao cativo unha maqueta do sistema solar cuns cantos planetas de mais (que el dicia que existian) e lle puxeran un suspenso en clase.
Actualización:
Que bueno! :), en noticiasfrikis.com fixeron chapas "con sombritas y toda la ostia" a favor da conservación do estatus de planeta para Plutón.
Por un Sistema Solar estábel, paremos esta desfeita xa!
Pola conservación de postos de traballo dignos para astrólogos non podemos cambiar o Horóscopo tódolos días. Antes a miña vida estaba baixo a influencia de Plutón e agora que vai ser de min?
Escrito por Anónimo ás 26/8/06 08:49