2007-08-31 

Recomendacións para este Blog Day

Blog Day 2007

Anque teña o blog en estado de semi-abandono (ultimamente perdo moito o tempo en Chuza) vou facer as miñas recomendacións para este Blog Day. Suponse que teñen que ser blogs pouco coñecidos e no meu caso intentei ligar blogs que atopei recentemente e que ainda non están no meu blogroll, aí van:
  • NoticiasFrikis e El Perro Flaco, hai que tomarse a vida con sentido do humor e nestes blogs temos as risas garantidas; curiosidades, xogos e caralladas a centos. Moitas das chuminadas que meto no blog atopoas nestes.
  • Cosas que Pasan e Soporte Técnico Tonto, non é que sexa eu do gremio do servizo ou asistencia técnica pero polo meu traballo e vivencia personal sintome moi representado coas anécdotas que contan sufrindo a usuarios informáticos.
  • e por último Strange Maps, se es un fanático dos mapas este é o teu blog, nel podes atopar todo tipo de mapas rarunos que hai na faz de la tierra
Seica so se poden recomendar 5 blog pero como metín duas parellas coa mesma temática, vou citar tamén a The Generator Blog, onde podes atopar un grandísimo recopilatorio de webs onde xerar as tuas trangralladas (imaxes, flash, animacións, textos...) e, agora si, por último a Llamame Lola, un blog moi interesante sobre as últimas novidades no mundo da publicidade e creatividade audiovisual

Espero que vos gusten as recomendacións e feliz Blog Day a tódolos blogueiros ;)

PD: Graciñas Nieves por meterme na tua lista. O teu blog tamén é digno de estar no Top5 pero xa es unha veterana do meu blogroll :)

Etiquetas: , , ,

2007-08-28 

Google Maps no teu propio blog

Mapanudo! :D, por fin temos a opción de incrustar os mapas de Google Maps no noso propio blog. Parece ser que xa hai tempo que outros proveedores de mapas tiñan esta opción disponíbel e a partires de agora o servizo de mapas de Google tamén.

Molto facile, o único que temos que facer pra meter un mapa no blog e localizar o lugar en cuestión, facer clic sobre a opción "Enlazar con esta página" e copiar o código HTML que aparece embaixo dela ao noso blog (incluso podemos modificar a apariencia do mapa pinchando sobre o texto "Personalizar y obtener vista previa del mapa incrustado")

Para facer a proba incorporo mapa do "Portus Magnus Artabrorum":


Ver mapa na web de Google Maps

PD: Cuns coñecementos básicos de HTML pódese modificar facilmente o texto que mete embaixo do mapa (ou eliminalo)

Via: google.dirson.com

Etiquetas: , ,

2007-08-25 

Toca pôr-se ao dia

Google Reader Watcher

Xa estou de volta da miña semana de vacacións por terras de Figueira da Foz e toca pôr-se ao dia, 144 entradas pendentes de ler no meu lector de feeds (ou alimentadores como di a extensión de Firefox "Google Reader Watcher"). Recoñezo que tiven mono de internet e iso que fixen un par de incursións no ciber do "parque de campismo" no que estiven. Traio material "fotográfico" para uns cantos posts e vivenzas persoais para outros tantos, pero primeiro uns dias de descanso pos-férias para organizar as ideas.

Etiquetas:

2007-08-18 

Marcho ver mundo



Pois sí, abandono por un tempo a Gallaecia, as Terras Suevas, na procura de bó tempo cara ao sur, mais aló do Douro, na Lusitania. O destino non está decidido pero supoño que andarei preto das terras do "solitario".

Mentres tanto... please stand by

Etiquetas:

2007-08-17 

Macaco en Ferrol

Hoxe Macaco en Ferrol (e mañá en Viveiro), haberá que ir velo

Macaco: Mama Tierra (do LP "Ingravitto")



Actualización: ...por certo, o concerto unha puta merda >:(

Etiquetas: , ,

2007-08-16 

A versión galega de "Under the bridge" [Red Hot]

Acabo de descubrir esta canción de Ialma via "Como en Portugal uns vão bem e outros mal", versión da mítica canción "Under the bridge" de Red Hot Chili Peppers, persoalmente califico-a como a miña canción do vrao. Como ben di Turonio, non toda a música galega é igual!

Etiquetas: , ,

2007-08-11 

Anticoruñesismo

mintiendes

O outro dia no concerto de Manu Chao en Vigo houbo un par de detalles que me chamaron a atención: un dos grupos teloneiros (GALEGOZ) dixo algo asi como "que pasa coruña" (supoño q de broma, tampouco me enterei moi ben) e despois dos consabidos abucheos dixeron iso de "mintiendes neno, ya sabemos qui sois de vigo, buah neno", logo, xa cantando Manolo, ao chegar a de "Me gustas tú" en ningun momento dixo iso de "me gusta la coruña, me gustas tú" tampouco sei se dixo "me gusta vigo" (as miñas neuronas tampouco é que estivesen moi receptivas :)... non lle din moita importancia pero chocoume a cousa; despois ao chegar a canción "El viento" (esa de "por la carretera") nos concertos sempre sauda aos veciños pero non citou en ningún momento á Coruña (fixoo con Lugo, Ourense e Portugal pero non Coruña).

Non vou facer de avogado do demo, pero non entendo moito o anticoruñesimo existente en Galicia/Galiza, tampouco me gusta "La Coruña" coruñesista-españoleira-vazquista-cidadeestado, pero nos 12 anos que levo aquí sei que existe outra Coruña nos barrios onde é moitísimo mais doado escoitar galego que por exemplo en Ferrol.

Tampouco entendo esa apropiación do "mintiendes" que fan na coruña como identitario (o famoso Koruño), cando en Ferrol mais ou menos os chupitrocos falan (ou falamos) igual, polo menos no meu barrio do orixe (Caranza).

Coruña sempre foi unha cidade galeguista e republicana pero tivo a mala sorte de estar gobernada durante moito tempo por un iluminado populista que colleu á bandeira do coruñesismo-cidadeestado gañandose a enemistade do resto do país.

Basta xa de rivalidades palluzas!

PD: Deseño extraido dese marabilloso bló que é "Desenho Galego", a ver se o autor lle mete algo de caña e actualiza un pouco que xa vai sendo hora ;)

Etiquetas:

2007-08-09 

Alternativas a YouTube



Ata os collóns Canso de que os videos do youtube que metes no blog non duren 3 dias, de que che deshabiliten a conta por suposta violación do copyright, de que os videos vaian lentos como o cú, etc... pois aquí tes unha lista de webs de video-sharing alternativas pra usar na tua web/blog:

PD: Se sabedes dalgunha mais ou algunha da lista non vai podedesmo dicir nos comentarios

Etiquetas: ,

2007-08-07 

Insomnios y radios

Totalmente confirmado, duermo por agotamiento extremo y como no es que me esté cansando mucho estas vacaciones pues no duermo, pero como tampoco quiero recurrir a ningún tipo de droghas para estimular el sueño, entonces, doy vueltas y me levanto y doy mas vueltas y escucho la radio y cada vez me duermo un poco mas tarde. El tema es que me he vuelto a aficionar a escuchar "A ver si te atreves" ahora que no está la insoportable de Luján Argüelles, aunque dejó de presentador al ñoño de Javier Greñas, digo Peña, pero tiene de colaborador a un tío (Rafa Fernández) que es la puta polla y le hace el programa sólo. El programa sigue mas o menos como antes, tratan temas de actualidad pero de una forma un poco mas amena y con los comentarios sarcásticos del Rafa. Tampoco hay ya tanta publicidad de freedom finance, ni avisadores GPS ni condensadores de flujo y la música que ponen de entradilla sigue siendo tan buena como antes (o incluso más)

PD: Al final, despues de una ardua búsqueda encontré el video de uno de los temas que ponen en el programa (Go Go). No es de Avril Lavigne como pensaba, es de una tal Hanna Pakarinen que parece ser estuvo en Eurovisión este año representando a Finlandia

Hanna Pakarinen: Go Go


PD-2: Buscando, buscando, creo que encontré una foto de Rafa Fernández

Etiquetas: , ,

2007-08-01 

Este sábado... Manolo!!!

de los Chao de toda la vida

Entrada Manu Chao

Algúns videos cortesía de Nieves

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña