2006-10-31 

Top 3

Leda and the swan

O top 3 das visitas ao blog a través do buscador de imaxes do Google. Non me preguntedes o que hai que pór pra que sáian, porque mira que provei e non fun capaz:

- http://static.flickr.com/68/185905979_14475531cc.jpg
- http://static.flickr.com/69/203832984_9e3cfddfa7_o.jpg
- http://static.flickr.com/60/203833214_9d95279791_o.jpg

Con estes datos, parece certo iso de que "Internet is for Porn"

FAQ: Non entendo o chiste, que carallo anda a buscar o grego?
A solución na wikipedia [Galega|Española|Portuguesa|Inglesa]

2006-10-30 

Cousas da Lingua (III)

Non Entendo

O outro dia, ao ir facer unhas xestións, parei nun semáforo ao carón dun arxentino que estaba falando polo móbil, o caso é que non lle entendín nin papa do que dicía; será porque falaba moi rápido ou porque falaba na xerga local.

Ninguén ten ningunha dúbida de que a lingua que se fala en Arxentina é español; igual que en Québec francés ou en Estados Unidos inglés, sí, con variacións pero é a mesma lingua.

Traslademos iso ao caso galego: eu podo escoitar a un portugués e pode ser que non o entenda (coma me sucedeu con este arxentino) porque fala "muito rápido", con locucións propias do portugués, etc... pero a esencia do idioma non e a mesma? efectivamente a pronuncia é diferente, pero tamén hai variacións entre o galego da Costa da Morte ou o galego oriental da Fonsagrada, por exemplo. Que se escribe de forma diferente, pois tamén certo, a normativa oficial galega utiliza unha ortografia copia da castelá por motivos tan simples como que a ortografía castelá era a que coñecian e utilizaban os escritores e intelectuais galegos do "rexurdimento", pero trocando ñ por nh, ll por lh, un par de cambios mais e unhas (bastantes?) palabras e xiros "locais" que diferenza hai?

Con isto non quero dicir que o galego sexa portugués, non, o galego é galego sen mais pero pertencente a familia de "linguas portuguesas" se lle queremos chamar así.

Tampouco estou de acordo cos "Lusistas" que queren sustituir o galego por un portugués lisboeta normativo, non; igual que sendo o mesmo idioma, non falan igual (ou mesmo escriben diferente) un castelán que un arxentino, un portorriqueño ou un mexicano, tampouco os galegos falamos igual cos portugueses, iso e obvio.

Non nos esquezamos que os galegos non temos que ver co actual Portugal, os galegos somos irmáns do Portugal do Condado Portucalense, do "minhoto", do norteño, é dicir, até o Douro ou algo mais; tamén "sometido" polo centralismo lisboeta.

Etiquetas: , ,

2006-10-27 

Fronteiras: Ibias (Navia-Eo)

Magnífico documental sobre Ibias, na comarca de Navia-Eo, administrativamente Asturias.

"FRONTEIRAS é un proxecto de serie documetal que
tratará sobre os límites xeográficos e culturais de Galicia
centrado en como os perciben os propios habitantes
destas zonas estremeiras"




Via: DeSons
Web do proxecto: Fronteiras.org

2006-10-26 

Cancións míticas: Holy Diver

Como cheguei tarde á festa de cumpreanos do moucho, pídolle perdón adincándolle este video, non sei se acertarei. A ver que opina o greñas de randeeira :)

Dio: Holy Diver



PD: Recoñezo que o video é bastante cutre pero a canción é boísima.

Etiquetas: ,

2006-10-25 

Trapalladas

Spam

Quen se pode crer estas trapalladas? Transcribo un e-mail que chegou ao meu buzón hoxe:

MUY IMPORTANTE:
POR FAVOR, HAZ CIRCULAR ESTE AVISO ENTRE AMIGOS, FAMILIA Y TUS CONTACTOS.

En los próximos días, deben estar atentos:
No abran ningún mensaje con un archivo anexo llamado " Invitación", independientemente de quien se lo envíe.

Es un virus que "abre" una antorcha olímpica que "quema" todo el disco duro C de la computadora.

Este virus vendrá de una persona conocida que te tenia en su lista de direcciones es por eso que debes enviar este mail a todos tus contactos, es preferible recibir 25 veces este mensaje que recibir el virus y abrirlo.

Si recibes el correo llamado "Invitación", aunque sea enviado por un amigo, no lo abras y apaga tu maquina inmediatamente El peor virus anunciado por CNN. Un nuevo virus ha sido descubierto recientemente que ha sido clasificado por Microsoft como el virus más destructivo que haya existido.

Este virus fue descubierto ayer por la tarde por McAfee. Y no hay arreglo aun para esta clase de virus. Este virus destruye simplemente el Sector Zero del Disco Duro, donde la información vital de su función es guardada.

ENVIA ESTE E-MAIL A QUIENES CONOZCAS.

COPIA ESTE CORREO A UNO NUEVO Y MANDALO A TODOS TUS AMIGOS Y RECUERDA QUE SI LO ENVIAS A ELLOS, NOS BENEFICIAS A TODOS
Unha pregunta, quen se beneficia destas cousas? As empresas de antivirus?

O mellor, ter instalado un bó antivirus, un bó anti-spyware e moito sentidiño, sobre todo se andamos por páxinas "porconas" e na procura de cracks ou serials.

 

Xa está aquí!!!

Firefox 2

2006-10-23 

Promesas

Agora que hai políticos que van con notario para que a xente crea as suas promesas, atópome, gracias a unha ligazón no blog de marcus, cunha propaganda do "Plan Galicia" con data de Xaneiro do 2005.

Plan Galicia

Canta trapallada, e millor non tirar de hemeroteca que senón...

2006-10-22 

Puto tabaco

Tabaco

Onte pola noite despois de fumar coma un "carretero" decidín deixar de fumar.
Hoxe, duas horas e media despois de espertar fun mercar tabaco outra vez... puta adicción!

Etiquetas:

2006-10-21 

Constructoras e campos de golf

Neste caso unha viñeta vale mais que 1000 palabras

Constructoras

Via: Viñetas de Eneko - 20minutos.es

2006-10-20 

Insomnio Inicial

Insomnio

É incrible o moito que custa afacerse a madrugar e o fácil que é "botarse a perder", tan só levo un par de dias ocioso e xa ando co que eu chamo "imsonio inicial", que ten como consecuencia andar esperto ata altas horas da madrugada.

Encho estas horas vendo algunha serie das que teño na emuleteca/torrenteca, facendo algunha tonterida para o blog de deseño e amañando algunha desfeita na plantilla do diario.

Modificar a plantilla ou template dunha bitácora non é tan dificil como a xente pensa, basicamente é o mesmo que facer unha páxina web tradicional pero xogando coas etiquetas ou códigos que nos proporciona o proveedor do servizo, no meu caso blogger. Está claro que para non morrer no intento, temos que ter unhas nocións básicas de HTML, pero cun pequeno tutorial e un pouco de práctica calquer usuario medio pode facer pequenas modificacións no código da plantilla.

Para os mais vagos (ou mais prácticos, ou mais intelixentes, según se vexa :) tamén temos un feixe de páxinas dende as que nos podemos baixar plantillas a esgallo, polo menos para blogger, que é o que eu coñezo.

PD: Como sempre, venme a nostalxia e falando de páxinas web tradicionais: deixo unha ligazón á primeira páxina web que subín a internet... que tempos!.

2006-10-18 

Problemas técnicos (II)

Problemas tecnicos

Non sei que ### pasa, pero ao comproba-la visibilidade do blog despois de facer unhas pequenas modificacións no código da plantilla que utilizo, puden comprobar que éste non se ve ben ou cando menos como deberia no Internet Explorer, desaparecendo a metada das imaxes do blog e case todalas seccións do menú lateral :(. En cambio co Mozilla Firefox non existe ningún tipo de problemas.

Aproveito para volver recomendar o Firefox moito mais rápido e estable có Explorer. Por certo, xa queda moi pouco para que saia a versión 2.0 final do "raposo de lume".

Dedo - Need You

Actualización: Enquisa/Encuesta

[en galego]

Compañeiros do blog-metal! preciso da vosa axuda!

Si, de ti que tes o estraño costume de visitar asidua ou esporádicamente este blog por motivos descoñecidos; sí de ti tamén, que chegaches acó buscando sabe deus que e abandonara-lo blog en menos de 30 segundos!

Preciso saber se ves o blog no seu estado "completo" co INTERNET EXPLORER ou se polo contrario aparecen buratos polo medio onde deberian aparecer videos, imaxes ou seccións de menús.

Cun simple comentario: si, non, vai rañala ou ns/nc bástame.

Graciñas. ;)

[en castellano]

Compañeros del blog-metal! necesito vuestra ayuda!

Sí, de ti que tienes la estraña costumbre de visitar asidua o esporádicamente este blog por motivos desconocidos; sí de ti también, que llegaste aquí buscando sabe dios que y que lo abandonarás en menos de 30 segundos!

Necesito saber si ves bien el blog en su "completud" con el INTERNET EXPLORER o si por el contrario aparecen "calvas" o huecos por el medio donde deberian aparecer videos, imágenes o secciones de menús.

Con un simple comentario: si, no, "me la suda" o carece de importancia me llega.

Gracias. ;)

2006-10-17 

Comunicado de Prensa

Recorte

Pois sí, como cambian as cousas, nun mes pasei de andar pluriempregado a estar no paro... "el fútbol es asín" :)

PD: Hai que tomalo con sentido do humor que senon...

2006-10-16 

Mentres cociñaba...

Muller mais horreo

"Pensamentos, reflexións e outros temas": Hoxe toca "pensamento" no diario do Suevo.

Onte, mentres lles botaba sal ás patacas, pensei na miña aldea cando facian a matanza (do porco, claro :) e salgaban a carne que se conservaria durante meses na hucha.

Por ser fillo da inmigración interior (do campo á cidade) vivín as duas culturas ou sociedades existentes na Galiza, a "urbanita" mais a "rural" pasando case todolos fins de semana e vacacións na aldea da miña nai ou na do meu pai; e por ser da quinta do 75 penso que son das últimas xeracións que viviron unha serie de costumes e tradicións que prácticamente morreron e non existen actualmente: a esfolla do mainzo/millo, as mallas (ainda que mais ben participara brincando polos palleiros que facian os homes), a matanza do porco, a sega, vin ainda carros tirados por vacas, acompañei a buscar xestas e brañas ao monte, etc...

Algunha vez teño comentado con algún componente do grupo alpendre, que moitas persoas que temos un forte sentimento de galeguidade, vennos provocado por estar en contacto coa Galiza tradicional; sabemos de onde vimos, cousa que non saben moitos "urbanitas" ao que todo o anterior lles resulta alleo ou directamente o desprecian.

Non sei se haberá algún refrán apropiado, pero penso que para saber cara a onde vas, precisas saber antes de onde ves.

2006-10-12 

Round 1... Fight!

Sintoo marcus pero vouche rouba-lo enlaza-lo video, non me podo resistir a metelo no blog :) cantos problemiñas me deu :(

Aí esa peña... "dándolo todo!" :D

 

Chistes de Google

Bueno, despues de pasar un dia de mierda, por lo menos lo acabé echándome unas risas con un par de chistes de google, nueva categoria que habrá que añadir a la de chistes de lepe, de jaimito, de gallegos (muy extendidos en sudamérica, ni puta gracia que me hacen) y demás...

Pesetas
vía: Telcarion

La ilegalizada Batasuna
vía: Valadrem

PD: Otro "quizás quiso decir" no tan gracioso pero igual mas sorprendente. Probar vosotros mismos.
Niña enjaulada

2006-10-11 

Cancións míticas: Eagle Fly Free

Inspirado pola canción épica dun post do moucho branco, meto unha canción de Helloween, do album "Keeper Of The Seven Keys Part 2". Pedazo de voz que tiña o cantante Michael Kiske.

Helloween: Eagle Fly Free

Etiquetas: ,

2006-10-10 

Google merca YouTube

Hai un dias en NoticiasFrikis se preguntaban se seria un bo negocio, pois ben os de Google deberon pensar que si... e sí, xa é oficial, Google mercou Youtube.

Haberá que estar pendente do que pasa agora con YouTube e con GoogleVideo, supoño que este último desaparecerá ou se especializará en contidos determinados, non sei, xa se verá.

PD: Entereime da nova via Chuza, a mellor forma de estar informado do que pasa por Galiza e polo mundo.

Posible logo do novo "GooTube" :)
GooTube

Actualización 11/10/2006:
A mal tempo boa cara fago logotipos, a ver se así se me pasa o mal rollo.
Logo GooTube v2

2006-10-09 

Cancións Míticas: Powerslave

E para que algún colega do blogomillo non me acuse de brando :) aí vos van un par de cancións do mítico "Powerslave" de Iron Maiden, para min o mellor album (xunto con "Seventh Son of a Seventh Son") do mellor grupo heavy da historia.

Iron Maiden: Aces High


Iron Maiden: 2 Minutes to Midnight

Etiquetas: ,

2006-10-07 

Sobre bandeirolos que caen

"Cae la bandera gigante de Gran Canaria izada por el Cabildo hace una semana"

E aquí un video da "izada" da bandeira da polémica (vía: Canarias Bruta)



Penso que iso xa o vivín (déjà vu lle chaman), é o que lle pasa aos bandeirolos que non quere a xente.

PD: Aproveito pra saudar aos meus pais que andan por aí preto de vacacións... merécenas.

 

San Froilán

Ainda que che teño feita algunha incursión na noita luguesa, nunca fun ao San Froilan e este ano tampouco tocará :(, a ver se pra o ano que ven, polo menos a toma-lo pulpo/polbo (inda que sexa marroquino).

Castigado:
Castigado
Os informáticos entenderán mellor o conto :)

2006-10-05 

Publicidade agresiva

No mesmo sitio onde hai mais ou menos 2 meses vin o primeiro cartel coa nova imaxe da galega (o "G" e "mira e verás"), onte pola noite vin un cartel enorme cunha mensaxe que me chamou bastante a atención pola sua agresividade: "Nin os de agora, nin os de antes" cada un coa sua "catástrofe".



Un partido nacionalista galego de centro-dereita ou outro partido de esquerda-galeguista no país, penso que seria bo... pero que será do Partido Galeguista ou de Terra Galega dentro dun par de anos, seguirán existindo ou lles pasará coma a moitos que o intentaron antes?

Lanzo tamén un par de preguntas ao blogomillo: que foi de IDEGA (Identidade Galega), segue existindo? e ten algo que ver este Partido Galeguista co do PNG-PG hoxendia integrado no BNG?

 

Por fin: La 3ª Temporada



Llego el gran día, ayer por la noche estrenaron en EEUU la tercera temporada de Lost y ya está la ranita carburando y en breve tendré en el disco duro el primer episodio de esta nueva temporada. Se acabaron spoilers, promos, avances, fakes y montajes, ya es real... ya está aquí. Y como de inglés "my taylor is rich" y poco mas, necesitaremos acompañar al archivo de unos subtitulos, pero para eso ya está la peña de Lostzilla que en un par de horas tendrá una traducción lista.

Ayer por la noche ya estuve refrescando la trama viendo el episodio resumen de las dos temporadas previas: "Perdidos 3x00 - Historia de Supervivencia [Especial]" (subtítulos aquí) y hoy me tocará otra vez sesión de Perdidos ya con el nuevo episodio.

Para quien no sepa por donde encontar un enlace al primer episodio (Perdidos 3x01 - Historia de Dos Ciudades) aquí dejo uno de MiniNova, ya sabeis los subtitulos en Lostzilla.

Y mientras tanto en TVE no saben que hacer con la segunda temporada de perdidos.

Etiquetas: ,

2006-10-03 

Unha grande de rachí

Unha grande de rachí

Sen ánimo de crear polémicas ou de facer cruzadas tipo "a noite das vidreiras rotas" (que comparación mais chunga) amoso unha foto dunha vidreira que se atopaba no local, perfeitamente restaurado, ao que fun este domingo a celebrar un bautizo (mmm... que bos che estaban os langostinos :)

 

Por aí andaba


"Una tubería rota provoca el caos en Alfonso Molina" -->
en 20Minutos.es - A Coruña
"La lluvia colapsa la comarca y deja un reguero de inundaciones y accidentes" --> na Voz de Galicia - A Coruña

Pois por aí andaba eu, nun dos miles de coches parados por toda a cidade, unha hora vinte minutos pra sair da Coruña dende a zona do estadio de Riazor atá a entrada da autoestrada en Alfonso Molina, a consecuencia foi chegar tarde ao traballo, uns cantos euros de mais que virán na factura do móbil e fumar un pitillo dentro do coche, cousa esta última que me tiña proibidísimo de todo e até o d'agora cumpria sen excepcións.

Moito peor lle foron as cousas aos de Cee, por suposto.

Mais fotos das consecuencias aquí.

2006-10-01 

A política global yankie en 30 segundos... ou menos



Non entendo moi ben o que lle fan aos chineses pero non debe ser nada bó.
Atopado acó

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña