2007-06-30 

Pidgin: Mensaxeria instantanea multiplataforma

pidgin

Hai unhas semanas descubrín o programa de mensaxeria instantanea PIDGIN (the program formerly known as GAIM :) e dende aquela ando a recomendarllo a todo cristo.

É multiplataforma (Windows e moitas distribucións de Linux) e podes agregar contactos de AIM, ICQ, Jabber/XMPP/Google Talk, MSN Messenger, Yahoo! Messenger, Bonjour, Gadu-Gadu, IRC, Novell GroupWise Messenger, QQ, Lotus Sametime, SILC, SIMPLE e Zephyr.

Dos anteriores (non coñezo nin a metada deles) só teño amigos no Messenger e GTalk, pero unha das mellores cousas que ten o programa e que podes meter varias contas da mesma rede de mensaxeria á vez, por exemplo, 3 contas de hotmail, 4 de gmail, 2 de yahoo, etc... controlando todos os teus contactos dende unha única aplicación.

É certo que ten limitacións como ben di IaRRoVaWo no seu blog, pero supoño que co tempo irán engadindo caralladas como os guiños e os zumbidos (que polo momento solucionan cun coñeiro ¡suevo le acaba de dar un codazo!)

Relacionado: Descubriendo el Messenger

Etiquetas: ,

2007-06-28 

La hora chanante (II)

Ao ver esta entrada no blog do Ghanito, veúseme rapidamente á cabeza este video da hora chanante.



E xa que estamos, tiña ganas dende hai tempo de meter estoutro:



Relacionado: La hora chanante

Etiquetas: , ,

2007-06-27 

Eliminating Spain

"Eliminating Spain", el videojuego definitivo

Etiquetas: , , ,

 

Mapas da URSS

"Revelando" as fotos da miña cámara dixital apareceron un par dunha "visita de médico" que fixen ao "Kiosko Alfonso" á exposición "Misións Pedagóxicas" sobre escolas ambulantes na época da Segunda República Española. Tampouco é que me chistara moito o contido pero habia un mapa da URSS (país daquela amigo inda que xa estivera o colega Stalin facendo das suas) moi guapo ao estilo dos daquela época.

URSS

Uns anos mais tarde a visión sobre a URSS cambiaría un pouco tal como representaron na revista americana Time durante a época da guerra fría

Asia From Irkutsk (1952)

asia from irkutsk

Europe From Moscow (1952)

europe from moscow

Mapas "Asia/Europe from..." vía: Strange Maps

Etiquetas: , ,

2007-06-25 

Enhorabuena señor Lendoiro



Enhorabuena señor Lendoiro, ahí! dándolo todo! si señor, como a mi me gusta, entrenadores ofensivos: Irureta, Caparrós y ahora Lotina...

Ten a todo o deportivismo entusiasmado co novo adestrador, un mister con experiencia, tiki-taka garantido.

Pois nada... Forza Depor

Etiquetas: , ,

2007-06-23 

Lume!

Lume!

Lamatumbá - Lume!




e despois do lume:







Fotos do día despois vía A Voz de Galicia

Etiquetas: , ,

2007-06-20 

Cousas da lingua: Tan Gallego como el Gallego



Os meus pais (e todolos meus ancestros) son galego-falantes (coma os da maoiria da poboación que supera os 25 anos) pero a min aprenderonme a falar en castelán, son a maior parte do tempo castelán-falante, pero o galego non me é algo extraño, sempre estivo aí e sempre tiven inquietude polo tema da lingua, ao meu xeito intento potenciar o galego utilizando todo servizo posíbel neste idioma: facturas, webs, documentación, etc...

De cativo pasaba case todolas fins de semanas e periodos de vacacións na aldea da miña nai ou do meu pai nun ambiente 100% galego-falante. Ao chegar á cidade o galego pasaba a un segundo plano.

Un día, vendo como xogaban os maiores á petanca un señor (emigrante en Bilbao) preguntounos á miña irmá mais a min: E vós sendo galegos por qué non falades en galego? non souben que dicirlle, a miña irmá dixo iso tan típico de que estaba proibido na época de Franco, etc... (tamén estaba proíbido en Cataluña e a xente seguiu e sigue falando en catalán con orgullo)

Outro dia, o profesor de galego (de apelido basco) fixo unha pregunta (aló polo 1985): por qué 2 persoas que falan en galego ao atoparse pola rua falan en castelán entre elas?... cando cheguei a casa pregunteillo a miña nai. "Por vergüenza" dixo. Non mo crín é ao dia seguinte cando o profesor pediu respostas non dixen nada, foi outro compañeiro quen respondeu e o profesor confirmou o dito pola miña nai.

Non son un integrista da lingua, se me falan en galego procuro contestar en galego, se me falan en castelán respondo en castelán pero estou orgulloso das miñas orixes, da miña cultura, da miña lingua sen menospreciar ao castelán (que tamén é meu).

Dame pena ver como os meus afillados, galego-falantes desque naceron, van falando cada vez mais en castelán, vilas que antes eran galego-falantes maioritariamente van incrementando dia a dia o número de mozos castelán-falantes.

Ultimamente escoito moitas burradas no meu entorno co tema da lingua: "ahora le quieren llamar -casa dos peixes-", "a mi no interesa la página web en gallego", "si es A Coruña por que no es San Iago" ¿¿??... sempre intento comentar nas clases que temos a posibilidade de ver a Wikipedia en galego, que a web de La Voz de Galicia tamén está disponibel en galego através dun traductor incorporado, que ao conxunto de blogues en galego se lle chama "blogomillo", que existen listas de blogs en galego en Blogaliza, Blogalego, Alianzo... resumindo que existe tamén unha Internet en galego, que podemos traballar cun ordenador en galego.

Por todo iso, non entendo á xente que di que é "tan gallego", "tan gallego como", "tan gallego como el gallego" atacando, menospreciando, soterrando á sua propia lingua, á sua propia cultura, dicindo logo que "se sienten discriminados".

Como queremos que non mexen por nós, se somos nós mesmos os que apuntamos pra riba?

Relacionado:
- Cousas da Lingua (II)
- Reflexións sobre a Lingua
- Proposta de Google Bombing
- Sucesso do Google Bomb do Gazpacho

Etiquetas: , ,

2007-06-19 

Promocionando o Linux: Ubuntu

A evolución de Ubuntu

PASADO
Ubuntu Original

PRESENTE
Ubuntu Tetas

FUTURO
Ubuntu Culos

Via: Esta es la de Diego

Etiquetas: , ,

 

SMS's by Google

SMS Google

Como medio internet saberá xa, alguén descubriu que grazas a un bug de Google podemos enviar SMS's de gratís dende Internet a móbiles sen pagar un peso. Funcionar, funciona, as veces poder tardar un pouco, pero chegan todos os SMS.

Se vos queredes aproveitar do servizo (mentres dure) podedes facelo aquí (autor orixinal).
Se queredes "incrustar" o formulario de envio de SMS's no voso blog podedes copiar o código que fixeron nesta outra web

Isto traeme vellos recordos de cando circulaban hai moitos anos listas impresas de centros servidores de SMS estranxeiros que che permitian mandar dende o teu móvil mensaxes sen ter saldo. Venme a cabeza tamén o mítico WinSMS

Actualización:
Debido (supoño) ao incremento do número de mensaxes enviadas a través da API de Google seica o servizo de alertas do Google Calendar ao móbil non funciona moi ben

Parece ser que Google xa ten coñecemento do erro, polo que supoño que nuns dias deixará de funcionar. Inda así, as malas linguas din que polo momento non farán nada porque lles interesa “recopilar” números de móbiles pra comezar a enviar publicidade mais adiante.

Nova actualización:
C'est fini :(

Etiquetas: , ,

2007-06-16 

El hecho diferencial de la Nasal Palatal



Robino, jugador del Real Madrid:

En el Madrid, el entrenador Fabio Capello te pregunta cómo te llamas antes de sacarte al terreno de juego. Allí siempre entendían Robino, Rodillo, Gordillo... Así que decidí cambiar el nombre.




Ronaldino, jugador del F.C Barcelona:
En el Barça, el entrenador Frank Rijkaard te pregunta cómo te llamas antes de ponerte en el 11 titular. Allí siempre entendían Ronaldino, Ronaldicio, Ronaldillo... Así que decidí cambiar el nombre.

Baseado nun caso real
Inspiración via O Demo e Chuza

Etiquetas: , ,

2007-06-14 

No me cae bien: Fernando Alonso



Despues de leer esta noticia en el ADN no tengo excusa para continuar mi saga de fobias personales, en esta ocasión dedicada a Fernando Alonso.

Como decimos por aquí "O que non chora non mama" pero este tío se pasa, es un lloricas, todo el puto dia quejandose del equipo, del mecánico, del coche, del compañero... y aparte un pésimo actor de anuncios, cuanto ganaron los de Renault desde que se fue (me refiero al tema de los anuncios).

Que no me caiga bien no quita que sea un crack conduciendo o que lleve los triangulos y las luces de repuesto en el maletero, pero de carisma y simpatía me da que no va muy sobrado.

Etiquetas: , ,

2007-06-13 

Manu Chao: Rainin in Paradize








Via: ManuChao.net

Etiquetas: ,

2007-06-12 

Por fin!!! [Flickr]

Por fin, Flickr en español (e em português)
Agora a esperar pola versión en galego.

Flickr Ezaro

+ Info en Dotpod
Foto da Fervenza do Ezaro via Flickr

Etiquetas: ,

2007-06-10 

A pantalla azul de Windows



Via: Na procura dunha imaxe de mais calidade para a entrada anterior.

Etiquetas: , , , ,

 

O Buscaminas de Windows



Via: El Perro Flaco

Etiquetas: , , ,

 

Linguas cruzadas: A lingua vaise a pique?

Un dos mellores documentais sobre a situación do galego que vin na televisión, xa choveu dende que o emitiron pero por se queda alguén que non o viu, aí vai, paga a pena.





Somos herdeiros dunha dictadura cultural
Fomos as victimas dun ataque brutal contra o noso
A lingua mantivemo-la calandolle ao cacique
Falando ao pe do lume só a lingua vaise ao pique

Pois toma!
escoitanos!
non nos calaremos nin de broma
toma toma toma!
Dios ke te krew, en galego non che mola
é-che o que hai, Paco Vázquez eres un julai

Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sangenjo, Vivero, La Guardia,
Ordenes, Boimuerto, PuertoSin, PuertoSon,
dime cantos son, son, 1, 2, 3, 4, 5, 600 anos de represion

Contra o noso, a lingua vaise a pique
dime cantos son, son, pois toma

Etiquetas: , , ,

2007-06-06 

Atopar caretos con Google Images

Vía Chuza (graciñas Berto) descubro unha nova utilidade no buscador de imaxes de google: Se queremos atopar caretos de xente e non fotografias varias supostamente relacionadas coa persoa, existe un pequeno truco --> engadir "&imgtype=face" á URL que devolve google images, aparecendo só fotos "tipo carné" nos resultados da busca.

Para facilitar a cousas tamén descubro via Chuza (graciñas Andrés), un script para Greasemonkey (extensión de Firefox) que introduce unha nova lista desplegable na interface da web de google images dende a que podemos seleccionar a opción "Faces" pra filtrar a busca a caretos relacionados co nome introducido.

Por exemplo: fotografias de Don Manuel I de Galicia V de las Vascongadas :)



Ten delito!



Relacionado:

Etiquetas: , , ,

2007-06-04 

Google Maps vs Virtual Earth

Disque a compentencia é boa e no caso dos visualizadores de imaxes por satélite é-che ben certo.

Microsoft contrataca con Visual Earth e o seu novo sistema de imaxes en perspectiva de alta calidade. Polo momento, por aquí, seica só están disponibeis as vistas de Lugo, Ourense e Vigo.



Mentres tanto Google Maps/Google Earth vai un paso mais alá coa sua nova opción "Street View" ... incríbel (polo momento só nalgunhas cidades dos Estados Unidos)



Quen da mais?

Etiquetas: , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña