Todo segue igual

Todo segue igual, non cambiou nada, xa pode gobernar quen sexa que aquí ninguén ten collóns pra tomar decisións que non lle gusten a cidadania (exceito campañas antitabaco, antialcool,...) ou ao señor diñeiro (aseguradoras, armadoras...)
Parece que a carga non é perigosa, pero como se o fora, ian intentar escaquearse do problema igual, non vaia ser que perdan votos ou que se cabreen as aseguradoras dos barcos.
Aquí ninguén aprende nada, xa pode haber un presitige cada 10 anos que é-che o mesmo, ninguén se molla e toma decisións.
O barco a dar voltas, alonxamolo da costa por iso de que non lle toque outra vez á costa da morte e haberia moito jaleo se o metemos nalgunha ria; a cousa se complica, pois tiramos prá mariña que igual aló deixan metelo nalgún porto, pero tampouco; fondeamos e mareamo-la perdiz mentres negociamos cos donos do barco.
Onde están eses portos de abrigo (aceptamos "punta langosteira" coma porto de abrigo? dame a risa). Un goberno ten que tomar decisións inda que sexa impopulares, se hai que meter un barco nun porto ou fondealo nunha ria, faise e punto. Despois non temos ningún problema en construir unha perigosa planta de gas en metade da ria de Ferrol, ai amigo pero aí hai cartos por medio. Manda carallo.

