2008-01-18 

Rumba cachonda independentista

Parodia independentista a ritmo de rumba no programa 'Air Galicia' da TVG.

Se sale!!! XD XD XD

Veña mocidade a loitar pola Galiza, que Galiza é unha nazón que independencia cobiza...



Via: Chuza

Etiquetas: , , , , ,

2007-11-11 

Prestige, 5 anos despois

Prestige

5 anos despois, estamos mais preparados? non o creo

Etiquetas: , ,

2007-11-02 

O extraño meme das oito cousas

Nunca vin un meme (algo así como a cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os 8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:

1- A chegada dos romanos: 137 a.C, incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"

2- O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia. Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon Prisciliano

3- A chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438)

4- A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (Dona Tareixa) e do conde galego Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.

5- As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

6- Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a doma e castración do Reino de Galicia

7- O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.

8- Castelao: pai do nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do Estatuto de Autonomía do 36


E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]

Etiquetas: , ,

2007-09-05 

Documental "Fronteiras" (...e 2)

Xa falei del aló polo mes de outubro do ano pasado, deronno pola galega este último dia da patria (e non o puiden ver) pero onte recibín por mail un chivatazo que me avisaba de que xa esta dispoñibel en Google Video (despois de buscalo como un desesperado logo de q'o botaran pola tele).

O documental está guapísimo, boísimo, moi ben feito de verdade... paga moitísimo a pena velo, unha horiña que se fai curta, aí vos queda, disfrutádeo:

Documental de Rubén Pardiñas emitido pola Televisión de Galicia o 25 de xullo do 2007. "Fronteiras" é un documental sobre os límites xeográficos e culturais de Galicia, centrado en como os perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido por terras do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e outros enclaves de características semellantes. "Fronteiras" quer pór de relevo o feito de que as fronteiras culturais non coinciden necesariamente coas fronteiras político-administrativas.



PD: Graciñas a teucro82 por avisar da existencia do video, non teño fichada esa conta de correo polo que desconfio entre varias persoas, que saia á luz e dea a cara!!! :D

Etiquetas: , , ,

2007-08-16 

A versión galega de "Under the bridge" [Red Hot]

Acabo de descubrir esta canción de Ialma via "Como en Portugal uns vão bem e outros mal", versión da mítica canción "Under the bridge" de Red Hot Chili Peppers, persoalmente califico-a como a miña canción do vrao. Como ben di Turonio, non toda a música galega é igual!

Etiquetas: , ,

2007-07-25 

Feliz dia da Pátria

Dia da Pátria

Feliz Dia da Pátria Galega

Relacionado: Hai un ano no diário dum suevo
Cartel via: Galería de bertez en Flickr

Etiquetas: ,

2007-06-10 

Linguas cruzadas: A lingua vaise a pique?

Un dos mellores documentais sobre a situación do galego que vin na televisión, xa choveu dende que o emitiron pero por se queda alguén que non o viu, aí vai, paga a pena.





Somos herdeiros dunha dictadura cultural
Fomos as victimas dun ataque brutal contra o noso
A lingua mantivemo-la calandolle ao cacique
Falando ao pe do lume só a lingua vaise ao pique

Pois toma!
escoitanos!
non nos calaremos nin de broma
toma toma toma!
Dios ke te krew, en galego non che mola
é-che o que hai, Paco Vázquez eres un julai

Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sangenjo, Vivero, La Guardia,
Ordenes, Boimuerto, PuertoSin, PuertoSon,
dime cantos son, son, 1, 2, 3, 4, 5, 600 anos de represion

Contra o noso, a lingua vaise a pique
dime cantos son, son, pois toma

Etiquetas: , , ,

2007-05-28 

Municipais07: Vai de cú o BNG?

Big Blue Fluffy Bunny Socks
O primeiro que me chamou a atención mirando o gráfico da evolución do voto nas municipais en Galiza é que o descalabro do BNG non foi tan grande como semella vendo os resultados das 7 cidades do país (sobre todo en Ferrol, superado mesmo por EU) xa que segue a ter unha base de apoios de arredor dos 300.000 votos, exactamente 315.449, o 19,15%. Inda que tivo 10.000 votos menos que nas municipais do 2003, conseguiu 661 concelleiros (66 mais ca en 2003), gañando nas vilas e pequenos concellos os votos perdidos nas cidades. Todo isto, xunto coa baixada do PP (non tan grande, segue a ser o partido mais votado) fai que non se poda falar de crise polo momento pero penso que os seus dirixentes deben reflexionar sobre os resultados obtidos, agora que ainda están a tempo, se non queren convertir o partido nun agregado do PSdG-PSOE que soio serva pra governar en coalición como grupo de apoio mentres precisen del.

Cómpre destacar tamén os 33.615 votos e 66 concelleiros do TeGa, 11.000 votos por riba de EU, seguirá progresando ou quedaranse noutro intento de partido de centro nacionalista?

Datos extraidos da páxina sobre as eleccións municipais 2007 do Ministerio do Interior (non sei porqué, pero non coinciden exactamente cos dos medios de comunicación).

PD: A fotografía pertence a unha magnifica colección de imaxes do fotógrafo londinense Maleficus V, velaquí a sua conta de Flickr, erotismo cuns toques vermellos e azuis.

Etiquetas: , ,

2007-04-19 

Na Galiza en Galego, na Galiza .ÇOM

Nin .gal, nin .gz, nin hostias, na Galiza .ÇOM :D



Un puto crack o Andressolo

Etiquetas: , ,

2006-10-30 

Cousas da Lingua (III)

Non Entendo

O outro dia, ao ir facer unhas xestións, parei nun semáforo ao carón dun arxentino que estaba falando polo móbil, o caso é que non lle entendín nin papa do que dicía; será porque falaba moi rápido ou porque falaba na xerga local.

Ninguén ten ningunha dúbida de que a lingua que se fala en Arxentina é español; igual que en Québec francés ou en Estados Unidos inglés, sí, con variacións pero é a mesma lingua.

Traslademos iso ao caso galego: eu podo escoitar a un portugués e pode ser que non o entenda (coma me sucedeu con este arxentino) porque fala "muito rápido", con locucións propias do portugués, etc... pero a esencia do idioma non e a mesma? efectivamente a pronuncia é diferente, pero tamén hai variacións entre o galego da Costa da Morte ou o galego oriental da Fonsagrada, por exemplo. Que se escribe de forma diferente, pois tamén certo, a normativa oficial galega utiliza unha ortografia copia da castelá por motivos tan simples como que a ortografía castelá era a que coñecian e utilizaban os escritores e intelectuais galegos do "rexurdimento", pero trocando ñ por nh, ll por lh, un par de cambios mais e unhas (bastantes?) palabras e xiros "locais" que diferenza hai?

Con isto non quero dicir que o galego sexa portugués, non, o galego é galego sen mais pero pertencente a familia de "linguas portuguesas" se lle queremos chamar así.

Tampouco estou de acordo cos "Lusistas" que queren sustituir o galego por un portugués lisboeta normativo, non; igual que sendo o mesmo idioma, non falan igual (ou mesmo escriben diferente) un castelán que un arxentino, un portorriqueño ou un mexicano, tampouco os galegos falamos igual cos portugueses, iso e obvio.

Non nos esquezamos que os galegos non temos que ver co actual Portugal, os galegos somos irmáns do Portugal do Condado Portucalense, do "minhoto", do norteño, é dicir, até o Douro ou algo mais; tamén "sometido" polo centralismo lisboeta.

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña