2006-11-30 

Clase d'asturianu

Para romper un pouco co aire isolacionista do blog destes dias, alén da fronteira topo cun video raro pero penso que orixinal dun grupo asturiano chamado "La bandina" do seu (segundo contan) maior éxito: Na Caleya.

"Cosas raras veredes, amigo sancho":

2006-11-29 

Seica chove

vilagarcia

Como diria unha das mulleriñas do país: Ay dios mio, son todo desghrasias!

Se empezamos a contar dende o xa esquecido prestige, pasando polos incendios ata as inundacións destes dias levamos unha época ben negra. Pero a vida segue e se non che toca de preto, parece como se non fose verdade, como se fora un documental ou pasara no outro lado do mundo. Ás veces tes que ouvir ou ler a experiencia de alguén que viviu en directo a tromba de auga para darte conta de que hai xente realmente perxudicada á que lle afecteu terriblemente o acontecido.

Pola miña cidade de acollida tamén choveu pero non pra tanto, na miña vida privada o único que tiven que facer foi mercar un paraugas despois de mais de 15 anos sen ter un, farto xa de andar pola beira dos edificios mollado coma un pito e cruzando a carreiras as ruas.

Mesmo dia, diferentes vivencias.

2006-11-28 

A Historia escríbena os vencedores

Via chuza, atopo un interesante video sobre un hipótetico ano 1951 paralelo no caso de que os alemáns gañaran a segunda guerra mundial. Moi boa a comparación entre a situación pre-invasión real en Irak e hipotética nos EEUU do "documental". A conclusión: A historia escríbena os vencedores... tanto se son dos "bós" coma dos "malos"



Extrapolando a "idea" á historia de España... quen foron os vencedores: Castela.
Moito ía cambiar de contarmola os vencidos.

PD: Co conto, descubrín a novela Patria. A ver se podo lela algún dia.

2006-11-24 

Servizos mínimos

servizos minimos

Moita xente pecha o seu blog por vacacións (cousa que non entendo moito), eu o fago por exceso de traballo, pero como isto é un servizo público (que farian entón o Randeeira e o Moucho sen poder comentar a miña sección musical) estou na obriga de ofrecer uns SERVIZOS MÍNIMOS sempre e cando non veña o sindicato galego do blogomillo ou algún piquete "informativo" a pechar o blog pola forza :D

Durante unha tempada, andarei por aquí pero en xornada reducida, respeitando os horarios obrigados por lei.

Veña, un saudo aos que siguen aí dalle que te pego publicando a esgallo.

2006-11-21 

Cancións míticas: Besolla

Retomando a sección de cancións míticas... non é a millor canción de "La Excepción" pero esa intro é-che moito :DDD

La Excepción - Besolla

Etiquetas: ,

2006-11-20 

O mundo do "Copiar e Pegar"

Que vivimos no mundo do "Copiar e Pegar" onde moita xente nin se molesta en comprobar se o que copia é certo, pois vale, acéptase. O que xa non ten perdón é copiar sen nen tan sequera ler o que imos pegar.

2 Exemplos:

- Bote de albaricoques

Albaricoques

"Podemos poner esto"?
Via: Yonkis.com


- Reproductor DVD

ReproductorDVD

Dimensións vale, pero Embalaxe:4 unidades? Código de barras?
Via: Cátalogo de San Luis escaneado, porque a páxina web da pena, por non dicir outra cousa.

2006-11-18 

Castañas caseiras

Mecaghondios como chove! con este tempo a ver quen carallo vai a algures.
O millor, quedar na casa e tomar unhas castañas.

castanhas

Se, como é o meu caso, non temos unha lareira con brasas onde facelas, podemos botalas na parte baixa do forno sobre dun "papel albal" remexendoas de cando en vez, non é o mesmo pero quedan sabedoras :-).

Clasificado como: Aburrimento, Chorradas, Paranoias mentais, Vai durmir, Vai ve-la tele, Truquis, Que ricas están as castañas.

 

Tal como eramos

Na miña habitual media hora de lecer das mañás, que encho tomando un café e lendo o xornal, atopo un artigo, algo folclórico, pero non carente de razón:
En los años 60 las ciudades competían por construir la torre más alta, aunque fuese sin escalera de incendios ni prácticamente garajes, que al fin y al cabo aparcar no era un problema. Mientras, en montes y colinas cercanos donde hasta ese momento se cosechaban verduras que se vendían en las plazas de abastos aun con tierra pegada a las raíces, brotaban barrios nuevos de calles estrechas y sin un metro cuadrado de zona verde, en los que compraban pisos y montaban bares los emigrantes en Europa.

En los setenta estrenamos nuevas carreteras y los camiones de alto tonelaje pudieron llegar a Galicia, eso sí cruzando por el centro de decenas de villas que no podían consentir que un desvío del tráfico pesado las apartase de aquel maná de desarrollo.

Luego entramos en Europa y gozamos de fondos con los que pudimos construir paseos marítimos sobre playas y roquedales. Tras los paseos, tenían que empezar a llegar las urbanizaciones, con chalés al mismísimo borde de la arena.

Pese a todo, Galicia sigue siendo indescriptiblemente bella. Por fortuna, hay síntomas de que empezamos a percatarnos de ello. A ver si lo logramos antes de acabar definitivamente con ella.
Por casualidades da vida, onte un alumno agradecido pasoume un CD cheo de fotos. Premio pró que saiba de onde son :)

Estadio Riazor.1961.03

Riazor.1960.00

Castillo de San Antón.1959.obras en el paseo

Barrio de Las Flores.1972

Alfonso Molina.1957

PD: Subín algunha mais (en tamaño reducido) a Flickr. Se queredes podedesvos pasar por aló.

2006-11-17 

No soporto a: Mercedes Milá [La "merche"]

mercedes mila

Recuperando mi antigua sección "No me cae bien" hoy cargo totalmente contra la "Merche". Absténganse lectores a los que le sude la polla (-- ou lles tronque o nabo --) Gran Hermano o llegaran aquí buscando por "polla" o "nabo" :)

Como seguidor (venido a menos) de Gran Hermano desde sus comienzos, hace ya 6 años, tengo que sufrir cada semana a esta "supuestamente" gran profesional de la comunicación que es Mercedes Milá. Casí no tengo recuerdos previos de ella de su "supuesta" gran carrera en los medios de comunicación, a excepción de la anécdota con Franciso Umbral y su libro.

Hasta ahora, cada jueves (día de emisión de la gala del programa) siempre me venia a la cabeza escribir este post pero por vagancia desistía del intento, pero después de lo visto ayer en el programa mi indignación es tal con esta periodista que no lo puedo posponer más.

Que en gran hermano está todo amañado y que el programa es quien decide el expulsado todas las semanas mediantes resúmenes filtrados y dirigidos, opiniones en otros programas de la cadena, y elección partidaria del líder (tema bandera japón) lo sabe todo el mundo que tiene dos dedos de frente, pero la actitud de mercedes milá en la entrevista de ayer es vergonzosa.

No se puede quemar a un expulsado en la entrevista posterior de esa manera, se supone una neutralidad por parte de la presentadora, a parte de que para eso ya existen los típicos programas de Tele5 que giran entorno al reality.

Sentí vergüenza ajena con la actitud de la milá en la entrevista hasta el primer corte de publicidad. En el medio de la misma le debieron de dar un buen toque los realizadores del programa diciéndole que cambiara totalmente el sentido de la entrevista/juicio, porque sino no se explica el cambio de actitud posterior suavizando un poco la tensión del ambiente y con un "buen rollo" por parte de ella (y del concursante) muy falso.

En definitiva, nunca tragué ni tragaré a esta periodista/presentadora; su campaña intransigente anti-tabaco, su cinismo, su feminismo radical, su actitud autoritaria, su prepotencia, sus idas de olla totales, su falso conocimiento del programa y los concursantes, sus meteduras de pata, su falta de neutralidad, sus prejuicios, etc...

Etiquetas: , ,

2006-11-15 

Hipocresia política ou como funciona a cousa

100 Ptas Guineanas

Guinea Ecuatorial é un pequeno país centro-africano que foi unha antiga colónia española na época na que se lle deu as potencias europeas por repartirse África e España, que daquela xa de potencia tiña pouco, aproveitou que ainda lle quedaban por aí unhas parceliñas fortificadas e non imos ser menos que os demais e xa temos colónia.

O tema é que estes dias anda de visita polos madriles o presidente do país (Teodoro Obiang), un "probe" dictadoriño deses que ten o pobo na miséria, a xente encarcerada e amasa fortunas nas suas contas suizas. Ten a sorte de que se atoparan nas suas (nunca mellor dito) augas territoriais inmensas bolsas de petroleo, e aquí está o "quid" da cuestión.

Como somos moi democráticos non nos poden ver co personaxe en cuestión, calficamos a visita como de oficial "a medias" e "despachamos" publicamente o asunto en 5 minutos (tanto o governo coma a oposición), pero ollo, logo pechamo-la porta e fumando uns puros falamos sobre o negociete do petroleo a ver se lle cae algo ás nosas empresas petroleiras.

Así é como funciona a política internacional non só do Estado Español, senon de calqueira estado do mundo. Se nos interesa pechamos os ollos e pómos a man; que non interesa, que malo é que ten a poboación oprimida, que se é un réxime anti-democrático, que se armas de destrucción masiva, etc...

Supoño que farian o mesmo por aí co "caudillo por la gracia de dios" cando saía polo mundo adiante a facer algún negocio (se se atrevía).

PD: Atopei as 100 pesetas guineanas nunha interesante web sobre a antiga Guinea Española.

2006-11-14 

Un blogoadicto...

adicto

Un blogoadicto non pode ler un xornal sen pensar instintivamente en comentar no seu blog algunha das novas que aparecen.

Via: Pensamento propio

2006-11-13 

McAfee: The Movie

No se el tiempo que llevará este video circulando por la red pero yo lo descubrí ayer y me parece lo suficientemente interesante para publicarlo.

Alguna vez te has imaginado el interior de tu sistema operativo con vida propia, donde los archivos, antivirus y demás son muñequitos... pues este corto trata de la vida de un antivirus, McAfee, al más puro estilo Max Payne.

Solo para frikis en general y geeks en particular.



Via: Emezeta.com

2006-11-11 

Dichosos Blogs (II)

Grazas ao cabreo monumental de xOsse, descubrín via Chuza unhas viñetas sobre o blogomillo/blogosfera moi boas:

280424749_10547e405e_o

280424751_66e947dfe0_o

Ollo coa nota:

atencion

PD: Hai que tomalo con humor e rirse dun mesmo ;)

2006-11-10 

Dichosos Blogs

DichososBlogs

Via: 20 Minutos - Edición impresa

...e ti de quen ves sendo?

2006-11-07 

Me muestre sus líquidos, coño!

Chiste Avion

Inda que hai quen pode matar coa colónia (ou pola ausencia desta) paréceme unha pasada o que están a facer co tema dos líquidos nos aeroportos, que non me digan que é por seguridade, a iso se lle chama "matar moscas a cañonazos". Entón por qué non facer controis nos trens, ou nos buses, ou no metro, ou no tranvía da Coruña :D... penso que os únicos que saen gañando son as tendas dos aeroportos e os fabricantes de bolsas transparentes.

Supoño que outro líquido perigoso será a gomina, din que o uso continuado desta "mata" o pelo, e falando de pelo: hai uns dias, escoitei na rádio que nesta epoca (outono) é moi habitual que caia o pelo por non sei que historias do vrao, do cambio das temperaturas, etc... Tamén dician que o problema non era que caese o pelo, o problema era que non volvese a medrar. Eu grazas a dios (frase feita :) ata o de agora non teño ese problema, canas moitas e entradas tamén, pero pelo ainda hai.

FIN da historieta.

2006-11-06 

Xornada Completa

cansao

BALDAO: Dícese cuando una persona está rendida o enferma y no puede con su alma.

Pois co conto de volver chollar, estou tan "baldao" que non teño ganas nin de escribir nada.

...e eu que pensaba que baldao era unha palabra galega.
Por certo, chollar ou choiar?

2006-11-04 

Efecto "Marquesito"

Stats Marquesito

Estes últimos dias sufrín o denominado efecto "marquesito", de ter unha media de visitas de 150 páxinas cargadas / 80 visitantes distintos, pasei a 10500/4500 o xoves e 6250/2500 o venres! Ata me ligaron dende un portal de noticias (do xornal "El Observador"?) uruguaio!

Por algunha estraña razón, volveu estar de moda o tema do video do marqués da ensenada para o resto dos mortais, sendo un tema xa moi vello para os que navegamos por internet habitualmente.

Isto me leva a reflexionar sobre a división que se está a crear na sociedade entre os "interneteiros" e os seguidores de medios de comunicación tradicionais (radio, televisión, periódicos). Moitas novas existentes na web, saltan a televisión moitísimo tempo despois, cando xa é un tema mais que desfasado neste mundo.

2006-11-03 

Blogueiros e blogueiras

Rolda De Prensa

Estou ata o carallo de escoitar aos políticos (e políticas) falar de galegos e galegas, bascos e bascas, "ciudadanos y ciudadanas", "diputados y diputadas", "compañeir@s", etc... basta xa de linguaxe políticamente correcto!

A min de pequeno me aprenderon que no plural xenérico emprégase a forma en masculino, exceito nos casos en que todalas persoas do grupo sexan de xénero feminino.

Como dín na wikipedia española:
«Las trabajadoras y trabajadores de...»

Se ha sustituido el genérico “trabajadores” por “trabajadoras y trabajadores”, para enviar un mensaje igualitarista de género, aunque sea a costa de pisotear el buen uso del idioma.

A linguaxe neste caso non é sexista ou machista, se cadra os que teñan problemas deste tipo son os que empregan a forma desdobrada.

 

Cancións míticas: Body Count's In The House

Pouca xente coñeceu por aquí no seu momento a este grupo "rapcore" creado polo polifacético Ice-T... quen dixo que os negratas non podían facer Hardcore!

Body Count: Body Count's In The House


PD: A miña intención era pór o video de "Cop Killer", pero escoitase coma o cú. Se tedes interese probade aquí

Etiquetas: ,

2006-11-01 

Ganarán todos

txcandi33110062

Mientras preparo una nueva incursión en el mundo laboral (a veces me pregunto porque me meto en algunos "fregaos"), en la radio me informan cada hora de como van transcurriendo las elecciones catalanas, con las anéctodas de la jornada y demás.

No me hace falta tener los resultados finales para saber que como en todas las elecciones, todos dirán que han ganado: porque han incrementado el porcentaje de votos, porque han sacado mas votos que en las últimas elecciones, porque han sido los mas votados, porque siguen siendo imprescindibles para formar gobierno, etc... vamos, lo de siempre.

Sigo esperando unas elecciones en las que los partidos políticos reconozcan que no han visto cumplidas sus espectativas y no están satisfechos con los resultados, sin lanzar balones fuera y sin ningún tipo de excusas baratas.

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña