E o VHS fíxose AVI
Pensei moito se escribir o seguinte, non creo que sexa moralmente correcto, pero, aí vai:
Que pasaria se vos digo que procurando datos para un futuro post atopei unha información "delicada" sobre o director dun xornal de nome planetário que leva uns cantos anos enredando cunha furgoneta branca e unhas cintas de música da "orquesta mondragón"; que tamén construe piscinas en terreos públicos que logo lle legalizan... supoño que xa sabedes de quen vos falo.
O caso é que ese gurú da moralidade e da familia cometeu "actos impuros" (deixando claro que foi unha "encerrona") debe haber uns ¿15 anos?, que quedaron rexistrados nunha cinta VHS que recorreu case tódalas redaccións dos médios de comunicación de todo o estado. Pois ben, o VHS fíxose AVI e circula por internet. Como non me quero mollar, so quero deixar constancia do achádego e comunicar que esa información esta disponible via "Emule" ou via "YouTube". Se queredes saber mais, podedes probar aquí
Como non me des máis pistas, non sei que é ese xornalista galáctico.
Agardo que sexa do xornal "El Plutón" (con L)e que a comunidade científica tome as medidas oportunas pasandoi a mundo de 2ª división.
Escrito por Anónimo ás 26/8/06 08:44