« Inicio | Encamiñando o blog » | Arde Galiza ou Galicia? » | Reflexións sobre os lumes » | Incéndios e o canguelo das autoridades » | Vacacións condicionadas polo lume » | Bahía de Sydney-Sidney en 720 Megapixels » | Descubriendo el Messenger » | Aqueles marabillosos anos (II) » | Tempus Fugit » | Adoptando unha mascota »  

2006-08-18 

Campings de Galicia/Galiza

Campings

Desde que teño internet 24 horas en casa utilizo o ordenador para consultar de todo: pedir cita pró médico, ve-las ofertas de telepizza (ou mellor pizzamovil que son mais ricas e do país), o tempo, os xornais, paso de andar perdido buscando unha rua (paginasamarillas.es e vou coa folla impresa tipo guiri)... e estas vacacións tirei de google earth pra buscar a situación exacta dalgún camping coa información que ia atopando via turgalicia e google.

O caso é que coma non atopei tal, estou comezando a sinalar no google eath a localización exacta de todolos campings de Galicia... por agora so levo uns pouquiños pero co tempo espero telos todos (114 según Turgalicia). Agradécese todo tipo de axuda.

Podedes descargar as "chinchetas" que levo ata o de agora dende aquí ou descargando directamente o ficheiro KML dende aquí

Actualización: A dia 20/8/2006 levo 40 campings. Non estaria mal algo de axuda para localizar algún mais.

Etiquetas:

Que non che esqueza poñer chincheta no Camping Gaivota (Benquerencia-Barreiros-Lugo) que está ó carón da miña casa. Se o visitas de seguro que te levas unha sorpresa. É diferente.

Ola Randeeira, levoume mais tempo do previsto localizar o camping da Gaivota no Google Earth (sen ningunha resolución a zona da Mariña) pero coa axuda do SixPac da Xunta, a web do camping e un tradutor de coordenadas UTM din con lugar exacto. Chincheta posta, botalle un vistazo pra ver se está ben.
Saudos.

Gracias por facelo!!
Eu encontrei o camping de paxariñas en portonovo grazas a ti!
Un saúdo

De nada David. Teño un pouco esquecido o tema dos campings :( a ver se mais adiante cun pouco mais de tempo me poño e subo todolos que me quedan (non sabia que houbera tantos!)

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña