O meu punto débil
A garganta ou gorxa, ese é o meu punto débil, a miña kriptonita... sempre que hai un cambio de tempo aí está fodendo, e iso que fumo o paquete de tabaco diario que me recomendou o médico pero nin con esas.
Cousas que se atopan buscando no google images por "garganta":
- ¿Heroina do cómic? aquí, aquí, eiquí, acó ou acá
- A mítica película "Garganta Profunda" aquí, aquí, aquí e tamén aquí
- Unha casiña á venda na Garganta, no concello de Vilanova de Oscos (no Eo-Navia). Algunha vez teño ido á romeria que fan (ou facían) aí hai xa uns cantos anos.
- "Gargantas" xeolóxicas de todo o mundo: del diablo, del chorro, del cares, de alardos, del oso, etc...
- e a causante dos meus males: a garganta gorxiana.
Total links: 23 (a ver quen os supera nun post!)
Tirando para a casa, podovos asegurar que a Garganta dos Oscos (que ven sendo Galiza) é a máis divertida de todas. SObre todo a partires desta época que empezan a caer as nevadas. Facendo propanganda, para que non coñeza a zona Taramundi-Oscos é moi recomendábel para unha fin de semana.
Como se nota que está ó meu carón.
Escrito por Anónimo ás 20/12/06 11:01
Como dixen no post, teño ido á Garganta un par de veces pero en vrao (creo) á romeria que facian polo menos antes. O meu pai é de por aí, dunha aldea da Fonsagrada moi preto da "Fronteira".
Despois pra facer algo de turismo baixabamos por unha costa criminal até A Veiga (Vegadeo).
Respeito a se iso e Asturias, xa me poden chamar anexionista, imperialista ou patrioteiro pero iso é GALIZA por moito que administrativamente pertenza a Asturies. Suevo dixit.
Escrito por Suevo ás 20/12/06 16:50