« Inicio | He encontrado el camino » | Federico te felicita » | Aberto por vacacións » | Sorteo de nadal » | Nasión de tirikitrán tran tan » | Igualdade da muller » | O meu punto débil » | Falso anonimato » | Zorza Depor » | Eles non o farian »  

2006-12-29 

Galiza - Ecuador

As miñas reflexións despois de asistir onte ao partido da selección:

- A ver se nos aprendemos o himno na sua versión completa (karaoquiño pra todos!) ou polo menos que digan por megafonia se van pór a versión longa ou a curta (por iso de non quedar nas berzas como lle pasou a case todolos que estabamos)

- A parte da típica bandeira "oficial" e a estreleira, gostei moito de atopar outras menos tradicionais como a do antigo reino, a da dinastia sueva (prefiro esta versión) e a galega co escudo de Castelao. Igual pró ano vese xa algunha coa rubia ou a frisona no medio.

- Que sensación ao entrar no estadio, ambiente 100% galego, e cando comezou a soar o himno recoñezo que me emocionei.

- Quen diga que estes partidos non están politizados, enganase a si mesmo. A min dame igual pero se cadra hai cánticos que a xente menos/non nacionalistas non lle fan gracia; son galego e punto, non teño por que mencionar a ningunha outra nación (de nacións :). Se queremos que se enchan estadios como os de Riazor ou Balaídos hai determinados cantos que sobran (volvo dicir que eu canto o que faga falla) para que estes partidos non se convirtan en ghettos (a selección ten que ser de todos).

- Deume un pouco de pena ver o estadio medio cheo (ou medio baleiro), din que eramos 20.000 pero habia 15.000 asentos sen ocupar, tamén é certo que somos novatos e non se crea afición dun dia pra outro.

- Tanto custará contratar a un bo speaker, en vez de soportar ao papaxón que habia? (por certo é o papaxón oficial dos partidos do depor, de aí o seu nulo dominio "de o" galego), poderia informarse de que en galego existe unha cousa que se chaman contracións: com+o=co, en+o=no e que se dí DEZASETE non "dez e sete"; o da "selección gallega" non ten nome.
Un pouco mas de animación por megafonia tampouco estaria de mais (ese karaoquiño)

- Para a próxima intentarei buscar outra ubicación algo mais festeira, o ambiente en preferencia inferior era un pouco frio, magoa non escoller preferencia superior ou fondo de pavillón :(

E para rematar, a retrasmisión do himno pola galega; fíxome gracia verme en televisión por uns segundos :)

Etiquetas:

Menuda vergoña...a metade ou a maioría do prantel preguntándose cando remata o hino...e a bandeira galega posta do revés no céspede (a franxa é de esquerda a dereita). Manda carallo na Habana...ao menos Torito xa aprendeu o hino...eu saio pero se me ve mellor na Voz...saio ao carón dunha bandeira que había no fondo de Siareiros que puña Vallekas...se tes A Voz por ahí me ves á esquerda da bandeira, de perfil ;)

Pois tes razón, non me dera conta de que a bandeira está do revés.

Sobre os xogadores, non houbo química ningunha coa afición; eles ian por un lado e o público por outro; non tiveron ningún xesto de pedir apoio ou de encararse coas gradas. Penso que falta algún xogador de primeira liña ou que realmente sinta algo pola selección como era o caso de Fran ou Nacho, un xogador sen complexos tipo Nacho é o que precisamos.

Por certo, non te dou localizado nesa pedazo de micro-foto que dis (supoño que será esta). Se fose como nas pinículas sacábate en 3D e incluso poderia ouvir os teus cánticos do partido analisando os beizos, pero seica a informática real non funciona así :(

Saudos.

Ainda queda nos moito que andar, pero para comezar non está mal... a min tamén me emocionou, e máis ainda agora que estou no outro lado do mundo..
por certo, caraoquinho tamén para os xogadores, que non tiñan nin papa! (nin da versión curta nin da longa)...

Ah!, por onde ven saindo O Suevo no vídeo?!... non o vexo por ningures!!... ;)

Saudinha dende o Brasil!

Da máis pistas. Non serás o que estás á esquerda de Quin?.
De acordo contigo en que os xogadores non conectan co espíritu do partido, que volva Nacho (que para iso é meu veciño).
En Preferencia Superior dou fe que houbo ambiente.
E o máis fodido, agardar un ano até o próximo partido.

A minm sorprendeme muito que Nano seja dos poucos que sabem o himno (este rapaz debe levar dende os 12 o 13 anos fora da GZ)
Coido que Riazor ou Baladidos som muito grandes para eventos deste tipo (a seleçom espanhola tampuco foi quem de enchelos).
Para o ano num estadio e numha vila máis pequena, por favor!

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña