« Inicio | Zorza Depor » | Eles non o farian » | Dia "destroyer" » | Idade:=Idade+1 » | Borat » | Malos tempos para Breogán » | Cancións míticas: Nighttrain » | Ya es navidad... en el corte inglés » | Clase d'asturianu » | Seica chove »  

2006-12-18 

Falso anonimato

anonimato

"Anque" son unha especie de informático·tolo-programador-deseñador, dende hai uns anos estou metido no mundo do "ensino non regrado", é dicir, dou clases (de informática) en academias de todo tipo.

O caso é que cando chegamos á parte da "Papeleira de Reciclaxe" todo o mundo está moi interesado e saber se cando se baleira realmente se elimina o contido e se é posíbel volver recuperalo... eu lles digo que non (normalmente son cursos de iniciación á informática) pero no seu afán de "anonimato integrista" moitos dos alumnos discuten a miña exposición e dinme que iso non é certo, que si que se pode "recuperar" esa información. Cando me vexo nesas, sempre lles digo que si que lles estou contando verdades a medias e que, efectivamente, existen programas para recuperar información eliminada de forma accidental pero que tamén existen outros programas para que esa información nunca poida ser recuperada.

No apartado de internet, cando creamos unha conta de correo electrónico tamén me atopo co mesmo afán de anonimato: a xente é reacia a introducir os seus verdadeiros datos no formulario de inscripción, e non falo da data de nacemento e outros datos menores, non, falo incluso do seu nome e apelidos. Por suposto, unha das primeiras cousas que queren saber é como borrar o historial do navegador de internet

Faime moita gracia ese instinto de anonimato que ten a xente no mundo da informática cando despois facemos 50000 tarxetas de cliente en San Luis, Alcampo, Carrefour, TravelClub, TuryOcio, etc... e os nosos datos existen en centos de bases de datos de empresas que de forma mais ou menos alegal se intercambian entre elas.

É un pouco incoherente que fale de anonimato utilizando o alcume de "Suevo" para escribir no blog pero, realmente, a quen carallo lle interesa saber quen son? :)

PD: Fixen hai uns anos un programa relacionado co tema para crear "identidades aleatorias". Chámase "Random Identity" e xa falei del hai tempo no blog do Valadrem. Se vos interese podédelo descargar dende aquí (esta en castelán, polo de agora non hai versión en galego :(

Ser un ser anónimo para algúns que temos que traballar para o poder que criticamos é o único xeito de poder escribir nun blog. É unha magoa, pero eche o que temos.

si, bueno, eu tamén dou calses de informática, hahaha... vale, non , pero a situación daría para unha sit-com, ;D

Randeeira, o usuario informático é por instinto "anónimo", intentando borrar todo rastro da sua existencia diante dun ordenador, outra cousa é que o consiga :)

Moucho, ti poderias dar clases de como cambiar plantillas en blogger beta co seu asociado aporreo do teclado e berros tipo "mecaghondios" :D (é broma)

Publicar un comentario

ENLACES/LIGAZONS A ESTE POST

Crear un enlace

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña