« Inicio | Cancións míticas: Nighttrain » | Ya es navidad... en el corte inglés » | Clase d'asturianu » | Seica chove » | A Historia escríbena os vencedores » | Servizos mínimos » | Cancións míticas: Besolla » | O mundo do "Copiar e Pegar" » | Castañas caseiras » | Tal como eramos »  

2006-12-05 

Malos tempos para Breogán

Nazón de Breogán

Polo visto nos comentarios do sistema de filtrado social "Chuza" e nos blogs do blogomillo, non son bos tempos para Breogán, sobre todo despois da idea por parte dalgúns politicos pátrios (que non patriotas) de calificar ao país como "Nación/Nazón de Breogán" no borrador do novo estatuto.

Como dicia unha pintada hai polo menos 10 anos no Orzán da Coruña: Galiza é portuguesa non hispano-irlandesa, e non lle falta parte de razón.

Nestes tempos de loitas políticas dende as diferentes correntes nacionalistas e progresistas do país, seica está de moda meterse coa mitoloxia "breoganiana/arturiana" e co celtismo en xeral. Eu non vou de celta pola vida, pero respeito esa corrente "cultural", (inda que non sexa certa de todo e fose utilizada de forma "folclórica" por gobernos anteriores) sobre todo porque se no seu momento os primeiros provincialistas/rexionalistas/nacionalistas non utilizasen o mito do celtismo como bandeira para erguer o "orgullo" do povo naqueles tempos do século XIX, hoxe non seriamos mais cunhas provincias periféricas sen conciencia de seu e con ainda mais auto-odio do que xa temos.

Inda que hoxe soe a rancio ou decimonónico, o celtismo foi o único camiño (certo ou non) que tiveron os primeiros rexionalistas para intentar facer que os galegos tiveran un pouco de estima de ser tal. Que hoxe xa está superada esa fase, e a frase "Nazón de Breogán" tal como ven no himno non ten sentido, é folclorista e non aporta nada a definición de Galicia/Galiza nun novo estatuto, é obvio.

A procura de mitos é común en calqueira nacionalismo do mundo e cada un se agarra ao que mais "esplendor" lle ofrece: temos a Pelayo e o Cid no español, aos almogavares no catalán, ao Rei Artur no inglés, etc...

Se no seu momento os primeiros nacionalistas tivesen consciencia da existencia dun Reino Suevo no territorio ou da época de esplendor tanto cultural, coma social e político do antigo Reino da Gallaecia/Galicia/Galiza igual non utilizarian o celtismo como via única (ou igual si porque era o que se levaba no momento)

O mito de Breogán poder ser que teña unha base fundada, ou non, pero ninguén pode desmentir que exisitira un intercambio cultural e económico durante séculos entre os finisterraes europeus; incluso tivemos "inmigración" de tribus "celtas" vidas da Britania e da Bretaña no século V escapando dos invasores saxóns)

En resumo, que o celtismo/breoganismo esté desfasado non quita que debamos ter un respeto polos nosos ancestros políticos e culturais. Se cadra, se non fose por eles nin teriamos conciencia de nos mesmos.

Paticularmente gústame moito a mitoloxía galega (celta ou sueva) pero penso que ten que ocupar o posto que lle corresponde. Breogán era bo rapaz pero non o vexo eu preparado para asumir a responsabilidade dun novo estatuto. Todo aquelo que se poña como adxectivo a Galiza sobra. Imaxinas un día coma hoxe que se celebrará o día da Constitución da España do Cid.

Tes toda a razón Randeeira, pero non estou dacordo coa moda de desprezar todo o que soe a celtismo, breoganismo, etc... non deixa de ser parte da nosa historia cultural.

Non me vou retractar agora da miña confesa adoración da fantasía literaria, pero ten que ser un libro ben escrito, e deste só a portada resulta atractiva.

Eu insitiría mais no factor difencial cultural que no xenético. Nese aspecto a Galiza é tan celta coma o Norte de Portugal ou Asturias. Tamén cómpre lembrar que os celtas que estiveron no norte da Península compartían cultura mas non xenética cos que estiveron en Irlanda e Reino Unido.

Galiza ten moito en común con Portugal mas só co Norte de Portugal. As diferenzas entre a Galiza e o Alentejo son tan importantes, desde o ponte de vista cultural, como as da Galiza con Andalucía.

Mendinho: por suposto falo do breoganismo no seu ambito cultural, non xenético, inda que comprendo que existe unha delgada liña cando se fala de certos personaxes entre o cultural e o racial, pero eses son terreos "ferregosos" onde non quero entrar.

E efectivamente existe un territorio cultural e socialmente homoxeneo que corresponde ao ocupado, primeiro, pola vella provincia romana da Gallaecia, e logo polo Reino Suevo; territorio da chamada Galiza Irredenta.

Olá sergy, bem-vindo ao blog.
Gosto de que haxa xente por aí embaixo que saiba das suas orixes.

Entendemos perfeitamente.
Saudos.

Publicar un comentario

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña