
Polo visto nos comentarios do
sistema de filtrado social "
Chuza" e nos blogs do
blogomillo, non son bos tempos para
Breogán, sobre todo despois da idea por parte dalgúns politicos pátrios (que non patriotas) de calificar ao país como "
Nación/Nazón de Breogán" no borrador do novo estatuto.
Como dicia unha pintada hai polo menos 10 anos no Orzán da Coruña:
Galiza é portuguesa non hispano-irlandesa, e non lle falta parte de razón.
Nestes tempos de loitas políticas dende as diferentes correntes nacionalistas e progresistas do país, seica está de moda meterse coa
mitoloxia "breoganiana/arturiana" e co celtismo en xeral. Eu non vou de
celta pola vida, pero respeito esa corrente "cultural", (inda que non sexa certa de todo e fose utilizada de forma "folclórica" por gobernos anteriores) sobre todo porque se no seu momento os primeiros
provincialistas/
rexionalistas/
nacionalistas non utilizasen o mito do
celtismo como bandeira para erguer o "orgullo" do povo naqueles tempos do século XIX, hoxe non seriamos mais cunhas provincias periféricas sen conciencia de seu e con ainda mais auto-odio do que xa temos.
Inda que hoxe soe a rancio ou decimonónico, o celtismo foi o único camiño (certo ou non) que tiveron os primeiros rexionalistas para intentar facer que os galegos tiveran un pouco de estima de ser tal. Que hoxe xa está superada esa fase, e a frase "Nazón de Breogán" tal como ven no
himno non ten sentido, é folclorista e non aporta nada a definición de Galicia/Galiza nun novo estatuto, é obvio.
A procura de mitos é común en calqueira nacionalismo do mundo e cada un se agarra ao que mais "esplendor" lle ofrece: temos a Pelayo e o Cid no español, aos
almogavares no catalán, ao
Rei Artur no inglés, etc...
Se no seu momento os primeiros nacionalistas tivesen consciencia da existencia dun
Reino Suevo no territorio ou da época de esplendor tanto cultural, coma social e político do antigo
Reino da Gallaecia/Galicia/Galiza igual non utilizarian o celtismo como via única (ou igual si porque era o que
se levaba no momento)
O mito de Breogán
poder ser que teña unha base fundada, ou non, pero ninguén pode desmentir que exisitira un intercambio cultural e económico durante séculos entre os finisterraes europeus; incluso tivemos
"inmigración" de tribus "celtas" vidas da Britania e da Bretaña no século V escapando dos invasores
saxóns)
En resumo, que o celtismo/breoganismo esté desfasado non quita que debamos ter un respeto polos nosos
ancestros políticos e
culturais. Se cadra, se non fose por
eles nin teriamos conciencia de nos mesmos.