Map my name (por onde andas?)
Gustoume a idea que vin no blog de Marcus, un deses servizos web 2.0.
Supostamente este experimento (como ben di Marcus) "serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación"; pero sen ir tan aló penso que é unha boa idea para saber por onde andan os compoñentes do blogomillo ou dos blogs que lemos en xeral (pódese conseguir simplesmente colocando "Blogomillo" no apelido ou last-name do "profile" a modo de "tag")... algo como xa fixeran en Lantania hai tempo pero sendo nós mesmos os que nos situemos.
PD: Na foto aparezo co farda-pocket que non puiden pór estes dias, ao final, o tempo non acompañou :(
Etiquetas: cousas curiosas, informática, internet, web 2.0
Quedas convidado no meu blog para facer, se che peta, o cuestionario Proust que tantas voltas da polo blogomillo.
Escrito por Anónimo ás 3/5/07 17:33
ufff, cantas preguntas!!! pero acepto o reto, Randeeira. Porei as gafotas de ler e contestarei co kit da "máquina da verdá" enchufado.
Escrito por Suevo ás 3/5/07 22:12