2008-01-08 

Web 2.0

O collage este non é que sexa moi actual pero mola un cacho...

web 2.0
Autor: Stabilo Boss, Licenza: CC Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza

... e vós, cantos servizos 2.0 coñecedes?

Relacionado: Mapa Visual da Web 2.0

Etiquetas: , , ,

2007-11-29 

Flashphone: Chamadas de balde a través de internet



Flashphone é un servizo VoIP online (en fase beta) que permite realizar (polo de agora) ata 3 chamadas gratuitas por dia, cunha duración máxima de 3 minutos. Servizo dispónibel para os países que aparecen nesta lista

Para poder chamar témonos que rexistrar na web, acabo de probar e funciona! :)

É esta a fin da telefonía tal e como a coñecemos actualmente?

Via: Boorlix

Etiquetas: , , ,

2007-08-31 

Recomendacións para este Blog Day

Blog Day 2007

Anque teña o blog en estado de semi-abandono (ultimamente perdo moito o tempo en Chuza) vou facer as miñas recomendacións para este Blog Day. Suponse que teñen que ser blogs pouco coñecidos e no meu caso intentei ligar blogs que atopei recentemente e que ainda non están no meu blogroll, aí van:
  • NoticiasFrikis e El Perro Flaco, hai que tomarse a vida con sentido do humor e nestes blogs temos as risas garantidas; curiosidades, xogos e caralladas a centos. Moitas das chuminadas que meto no blog atopoas nestes.
  • Cosas que Pasan e Soporte Técnico Tonto, non é que sexa eu do gremio do servizo ou asistencia técnica pero polo meu traballo e vivencia personal sintome moi representado coas anécdotas que contan sufrindo a usuarios informáticos.
  • e por último Strange Maps, se es un fanático dos mapas este é o teu blog, nel podes atopar todo tipo de mapas rarunos que hai na faz de la tierra
Seica so se poden recomendar 5 blog pero como metín duas parellas coa mesma temática, vou citar tamén a The Generator Blog, onde podes atopar un grandísimo recopilatorio de webs onde xerar as tuas trangralladas (imaxes, flash, animacións, textos...) e, agora si, por último a Llamame Lola, un blog moi interesante sobre as últimas novidades no mundo da publicidade e creatividade audiovisual

Espero que vos gusten as recomendacións e feliz Blog Day a tódolos blogueiros ;)

PD: Graciñas Nieves por meterme na tua lista. O teu blog tamén é digno de estar no Top5 pero xa es unha veterana do meu blogroll :)

Etiquetas: , , ,

2007-08-28 

Google Maps no teu propio blog

Mapanudo! :D, por fin temos a opción de incrustar os mapas de Google Maps no noso propio blog. Parece ser que xa hai tempo que outros proveedores de mapas tiñan esta opción disponíbel e a partires de agora o servizo de mapas de Google tamén.

Molto facile, o único que temos que facer pra meter un mapa no blog e localizar o lugar en cuestión, facer clic sobre a opción "Enlazar con esta página" e copiar o código HTML que aparece embaixo dela ao noso blog (incluso podemos modificar a apariencia do mapa pinchando sobre o texto "Personalizar y obtener vista previa del mapa incrustado")

Para facer a proba incorporo mapa do "Portus Magnus Artabrorum":


Ver mapa na web de Google Maps

PD: Cuns coñecementos básicos de HTML pódese modificar facilmente o texto que mete embaixo do mapa (ou eliminalo)

Via: google.dirson.com

Etiquetas: , ,

2007-08-09 

Alternativas a YouTube



Ata os collóns Canso de que os videos do youtube que metes no blog non duren 3 dias, de que che deshabiliten a conta por suposta violación do copyright, de que os videos vaian lentos como o cú, etc... pois aquí tes unha lista de webs de video-sharing alternativas pra usar na tua web/blog:

PD: Se sabedes dalgunha mais ou algunha da lista non vai podedesmo dicir nos comentarios

Etiquetas: ,

2007-07-15 

Perdendo o tempo (II)

Hai xa tempo que acabei o Warcraft 3 pero de cando en vez sigo a perder o tempo viciando un pouco. Neste caso mais que perdelo (non teño nada mais importante que facer) ando a pasalo xogando on-line aos xogos de toda a vida.

Se queredes botarlle unha ás 4 en raia, probade aquí e preguntade por zerelho :P

OPQA

Nota: Acabo de darme conta de que o nome da web ten o seu aquel: O-P-Q-A, non vos soa aos que xogachedes en PCs con MS-DOS ou ordenadores de 8 bits? :)

Etiquetas: , ,

2007-06-19 

SMS's by Google

SMS Google

Como medio internet saberá xa, alguén descubriu que grazas a un bug de Google podemos enviar SMS's de gratís dende Internet a móbiles sen pagar un peso. Funcionar, funciona, as veces poder tardar un pouco, pero chegan todos os SMS.

Se vos queredes aproveitar do servizo (mentres dure) podedes facelo aquí (autor orixinal).
Se queredes "incrustar" o formulario de envio de SMS's no voso blog podedes copiar o código que fixeron nesta outra web

Isto traeme vellos recordos de cando circulaban hai moitos anos listas impresas de centros servidores de SMS estranxeiros que che permitian mandar dende o teu móvil mensaxes sen ter saldo. Venme a cabeza tamén o mítico WinSMS

Actualización:
Debido (supoño) ao incremento do número de mensaxes enviadas a través da API de Google seica o servizo de alertas do Google Calendar ao móbil non funciona moi ben

Parece ser que Google xa ten coñecemento do erro, polo que supoño que nuns dias deixará de funcionar. Inda así, as malas linguas din que polo momento non farán nada porque lles interesa “recopilar” números de móbiles pra comezar a enviar publicidade mais adiante.

Nova actualización:
C'est fini :(

Etiquetas: , ,

2007-06-12 

Por fin!!! [Flickr]

Por fin, Flickr en español (e em português)
Agora a esperar pola versión en galego.

Flickr Ezaro

+ Info en Dotpod
Foto da Fervenza do Ezaro via Flickr

Etiquetas: ,

2007-06-06 

Atopar caretos con Google Images

Vía Chuza (graciñas Berto) descubro unha nova utilidade no buscador de imaxes de google: Se queremos atopar caretos de xente e non fotografias varias supostamente relacionadas coa persoa, existe un pequeno truco --> engadir "&imgtype=face" á URL que devolve google images, aparecendo só fotos "tipo carné" nos resultados da busca.

Para facilitar a cousas tamén descubro via Chuza (graciñas Andrés), un script para Greasemonkey (extensión de Firefox) que introduce unha nova lista desplegable na interface da web de google images dende a que podemos seleccionar a opción "Faces" pra filtrar a busca a caretos relacionados co nome introducido.

Por exemplo: fotografias de Don Manuel I de Galicia V de las Vascongadas :)



Ten delito!



Relacionado:

Etiquetas: , , ,

2007-06-04 

Google Maps vs Virtual Earth

Disque a compentencia é boa e no caso dos visualizadores de imaxes por satélite é-che ben certo.

Microsoft contrataca con Visual Earth e o seu novo sistema de imaxes en perspectiva de alta calidade. Polo momento, por aquí, seica só están disponibeis as vistas de Lugo, Ourense e Vigo.



Mentres tanto Google Maps/Google Earth vai un paso mais alá coa sua nova opción "Street View" ... incríbel (polo momento só nalgunhas cidades dos Estados Unidos)



Quen da mais?

Etiquetas: , , ,

2007-05-03 

Joost: Televisión por internet



Hace ya un tiempo que conocí esta aplicación para ver la tele a través de internet, intenté en su momento hacerme con una invitación para probarlo via NoticiasFrikis pero no pudo ser, llegué tarde, como es constumbre, a la "repartición" que hizo Marcus; por lo que la pedí directamente al Sr.Joost y al cabo de unos días llegó para mi sorpresa. Instalé el programa y le estuve echando un vistazo a la programación, bueno, nada del otro mundo pero con una conexión decente se ve sin muchos saltos, con una calidad bastante aceptable y supongo que con el tiempo irán ampliando el número de canales y traduciendo el programa a otros idiomas (está en inglés).

La verdad es que me olvidé del tema, no hay ningún canal que realmente me interese (excepto el Ministry of Sound TV en plan música ambiental) pero hoy chateando por GTalk me preguntaron si conocía Joost, contesté "de que sí" y que tenía invitaciones, si queria una... pensé que solo disponía de 3 pero "cual fue mi sorpresa", debieron de abrir el grifo hace poco porque tenia 999 disponibles!!!

Pues nada, a regalarlas que no cuesta nada, si alguien quiere alguna, que escriba un comentario o que me mande un mail (la dirección anda por ahí arriba, por onde o Suevo traballando) con su nombre, apellido y email (es lo que piden).

PD: Que conste que non lle quero facer a competencia ao Marcus (tamén regala invitacións), supoño que abririan o grifo estes dias.

Etiquetas: , , , ,

2007-05-01 

Map my name (por onde andas?)

Map my Name - Suevo

Gustoume a idea que vin no blog de Marcus, un deses servizos web 2.0.

Supostamente este experimento (como ben di Marcus) "serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación"; pero sen ir tan aló penso que é unha boa idea para saber por onde andan os compoñentes do blogomillo ou dos blogs que lemos en xeral (pódese conseguir simplesmente colocando "Blogomillo" no apelido ou last-name do "profile" a modo de "tag")... algo como xa fixeran en Lantania hai tempo pero sendo nós mesmos os que nos situemos.

PD: Na foto aparezo co farda-pocket que non puiden pór estes dias, ao final, o tempo non acompañou :(

Etiquetas: , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña