2007-10-12 

Un xesto pra Rajoy

Antonte rajoy pedia "un xesto" pra este venres no seu video, aí vai o meu

Gesto pa Rajoy

[Via: Chuza]

EXTRAS:

Politono "Rajoy y la fiesta nacional"


[Via: Cadena Ser]

Mais xestos:
- Blas Garcia
- Xel
- Chimpín

Etiquetas: , ,

2007-07-25 

Feliz dia da Pátria

Dia da Pátria

Feliz Dia da Pátria Galega

Relacionado: Hai un ano no diário dum suevo
Cartel via: Galería de bertez en Flickr

Etiquetas: ,

2007-05-28 

Municipais07: Vai de cú o BNG?

Big Blue Fluffy Bunny Socks
O primeiro que me chamou a atención mirando o gráfico da evolución do voto nas municipais en Galiza é que o descalabro do BNG non foi tan grande como semella vendo os resultados das 7 cidades do país (sobre todo en Ferrol, superado mesmo por EU) xa que segue a ter unha base de apoios de arredor dos 300.000 votos, exactamente 315.449, o 19,15%. Inda que tivo 10.000 votos menos que nas municipais do 2003, conseguiu 661 concelleiros (66 mais ca en 2003), gañando nas vilas e pequenos concellos os votos perdidos nas cidades. Todo isto, xunto coa baixada do PP (non tan grande, segue a ser o partido mais votado) fai que non se poda falar de crise polo momento pero penso que os seus dirixentes deben reflexionar sobre os resultados obtidos, agora que ainda están a tempo, se non queren convertir o partido nun agregado do PSdG-PSOE que soio serva pra governar en coalición como grupo de apoio mentres precisen del.

Cómpre destacar tamén os 33.615 votos e 66 concelleiros do TeGa, 11.000 votos por riba de EU, seguirá progresando ou quedaranse noutro intento de partido de centro nacionalista?

Datos extraidos da páxina sobre as eleccións municipais 2007 do Ministerio do Interior (non sei porqué, pero non coinciden exactamente cos dos medios de comunicación).

PD: A fotografía pertence a unha magnifica colección de imaxes do fotógrafo londinense Maleficus V, velaquí a sua conta de Flickr, erotismo cuns toques vermellos e azuis.

Etiquetas: , ,

2007-05-24 

Municipais07: Decidindo o voto

pensando

Por primeira vez na miña vida non teño moi claro a quen votar nestas eleccións, nin sequera se vou votar. Até o d'agora sempre votei aos mesmos, inda que recoñezo que nalgunha ocasión teño votado a estoutros, pero entre que non teño nin puta idea de quen é o paisano este e que realmente xa non vivo na cidade na que estou censado pois non che sei que vou facer.

Descartando de entrada ao PP, ao pseudo-PG (penso que non se presenta en Ferrol), a IF (inda que o Juan Fernández é un dos poucos coherentes coas suas ideas) e ao PSdG/PSOE co seu candidato surfeiro, teño que decidir entre a opción por descarte (PVBE) ou a cachondiña de EU (sei duns cantos que van votala só por iso), non sei, igual dame o punto e voto a TG.

Como comentou Andrés Milleiro hai uns dias, eu tamén son dos que bota en falta un partido nacionalista de centro-dereita no país; o BNG non pode (e non deberia) agrupar todo o voto nacionalista.

Por certo, na Coruña teria-o claro: o único partido de esquerdas que existe -> Bloque

Etiquetas: ,

2007-05-14 

Municipais07: Carteis electorais

Comeza a campaña electoral, 2 semanas de "coruñeses y coruñesas", "galegos e galegas", "ferrolanos y ferrolanas"... e todo tipo de "eses e esas"

Dando unha volta pola Coruña, atopo os pedazo de carteis deseño photoshop "2.0" do candidato polo partido COR.CO.B.A, o Sr.Corcoba

Corcoba

Tamén os carteis do Sr. Carloz Marcoz, candidato polo Partido Regionalista-Folclorista-TeSoyGalleguista chamado "Partido Galeguista" (toda semellanza co partido histórico é pura ficción), un feixe de persoas agrupadas arredor dunhas siglas históricas para conseguir acta de concelleiro e chupar do bote

CarlosMarcos

En definitiva, antes de votar a un destes prefiro meterme no "Ejercito de Salvación"

EjercitoSalvacion

Etiquetas: , , ,

2007-04-23 

300 (Versión PP)

Versión PPeira do trailer de 300:



Via Elianinha

Etiquetas: , ,

2007-03-01 

Astano (II)

Continuando co tema do post anterior: desprezo total dos deputados do parlamento español á intervención de Francisco Rodríguez sobre Astano e en definitiva sobre o futuro de Ferrolterra.



Que noxo me dan, despois queren que os voten, BOTALOS iso é o que teriamos que facer.

Via: Chuza > GZnacion

Etiquetas: , ,

2007-02-28 

Astano



POR QUÉ carallo non deixan construir en Astano (agora Navantia-Fene e durante uns anos Izar-Fene) barcos civís se tampouco poden facer barcos militares? que escuros intereses existen? quen quere que se vaia ao garete (se non se foi xa) unha das principais empresas de Ferrolterra?
Non entendo a razón!!!!

PD: A foto foi "secuestrada" do blog de Ivan Puentes

Etiquetas: , ,

2007-02-20 

Todo segue igual



Todo segue igual, non cambiou nada, xa pode gobernar quen sexa que aquí ninguén ten collóns pra tomar decisións que non lle gusten a cidadania (exceito campañas antitabaco, antialcool,...) ou ao señor diñeiro (aseguradoras, armadoras...)

Parece que a carga non é perigosa, pero como se o fora, ian intentar escaquearse do problema igual, non vaia ser que perdan votos ou que se cabreen as aseguradoras dos barcos.

Aquí ninguén aprende nada, xa pode haber un presitige cada 10 anos que é-che o mesmo, ninguén se molla e toma decisións.

O barco a dar voltas, alonxamolo da costa por iso de que non lle toque outra vez á costa da morte e haberia moito jaleo se o metemos nalgunha ria; a cousa se complica, pois tiramos prá mariña que igual aló deixan metelo nalgún porto, pero tampouco; fondeamos e mareamo-la perdiz mentres negociamos cos donos do barco.

Onde están eses portos de abrigo (aceptamos "punta langosteira" coma porto de abrigo? dame a risa). Un goberno ten que tomar decisións inda que sexa impopulares, se hai que meter un barco nun porto ou fondealo nunha ria, faise e punto. Despois non temos ningún problema en construir unha perigosa planta de gas en metade da ria de Ferrol, ai amigo pero aí hai cartos por medio. Manda carallo.

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña