2007-11-02 

O extraño meme das oito cousas

Nunca vin un meme (algo así como a cadea da peseta dos blogs) tan raruno, pensei que me ia escaquear del pero ao final chegaron os deberes via lourixe. Despois de moito cabilar sobre que carallo facer a lista das 8 cousas, saco a miña vea histórica (e aburrida) e vou falar dos que considero os 8 fitos mais importantes da historia do que hoxe chamamos Galicia (ou Galiza), aí van:

1- A chegada dos romanos: 137 a.C, incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os Kallaicoi, pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia (rio do esquecemento). Pola súa vitoria recibiu o alcume do "Calaico"

2- O priscilianismo: arraigou ben e de xeito duradeiro na Gallaecia. Probabelmente quen estea soterrado en Compostela non sexa o apostolo santiago senon Prisciliano

3- A chegada dos suevos: 30.000 persoas que só tiñan 8.000 varóns con capacidade para loitar, concéntranse entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Chegaron no ano 409, nomeando rei a Hermerico (409-438)

4- A independencia de Portugal: En 1128 comeza a independencia do Condado Portucalense do Reino de Galiza despois de derrotar D. Afonso Henriques ás tropas da sua nai (Dona Tareixa) e do conde galego Fernan Peres de Trava. Uns anos despois, en 1139, autoproclamase rei de Portugal.

5- As revoltas irmandiñas: Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

6- Descabezamento da nobreza autóctona galega: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Caminha e Soutomaior, arrinconado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantonado na Galicia oriental... comeza a doma e castración do Reino de Galicia

7- O Rexurdimento: Traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica da lingua galego e do sentimento de pertenza a un pobo.

8- Castelao: pai do nacionalismo galego, intelectual comprometido coa terra e o país e un dos artífices do Estatuto de Autonomía do 36


E (putadón) o meme vai pra... [polo d'agora non teño pensada ningunha victima, pero nunca se sabe]

Etiquetas: , ,

2007-05-04 

Cuestionario Proust

A petición de Randeeira, aí vai o meu primeiro meme, o test de Proust, feito coas gafotas de ver de cerca e compre non tomar moito en serio:

O principal rasgo do meu carácter?
Indeciso

A calidade que prefiro nun home?
Humildade, intelixencia, "don de xentes"

A calidade que desexo nunha muller?
As mesmas que nun home

O que máis aprecio nos meus amigos?
Que estean nos momentos malos (suponse pero non sempre é así)

O meu principal defecto?
Vagancia e "procrastinación" como se dí agora

A miña ocupación preferida?
Non sei se é a preferida pero perder o tempo co ordenador perdo de mais

O meu soño de dicha?
What the fuck é iso de "dicha"?

Cal sería a miña maior desgraza?
uff, mal rollo...

Que quixera ser?
Un puto cabaleiro medieval libertando á Gallaecia

Onde desexaría vivir?
En calqueira sitio da Galiza, pero pasando as vacacións de inverno nas Canarias ou no Caribe tomando o sol

A cor que prefiro?
Azul, sen dúbida

A flor que prefiro?
Queda ben iso de dicir a do toxo. Por certo que seria do "SolFuerza", un combustible feito con toxo?

O paxaro que prefiro?
A águia de cabeza branca (si, a que aparece no escudo dos USA)

Os meus autores preferidos en prosa?
Eu que sei, os que saen na PC Actual? :DDDD

Os meus heroes de ficción?
"El gran heroe americano", Rompetechos e o tipo moroso que vivia no faiado do "13, Rua do percebe"

As miñas heroínas de ficción?
A tipa que saia en "Busco a Jacks" :P ("lo retiro")
Valería aquí Cuddy (a de House) e Brenda (a de The Closer)?

Os meus compositores preferidos?
mmm... non sei

Os meus pintores predilectos?
Dalí, un antigo compañeiro de piso converteume ao surrealiiiiiiismo

Os meus heroes da vida real?
Calqueira da reminiscencia "fatxa" galega: Os Irmandiños, o Mariscal Pardo de Cela, o Conde de Trava (Pedro Froilaz)...

As miñas heroínas históricas?
Maria Pita... era drogadicta?
Agora en serio... a figura de Inés de Castro sempre me entusiasmou

Os meus nomes favoritos?
Preferibelmente galegos: Paulo, Uxio, Iria, Catuxa...
Mólame moito tamén "Zé"

Que detesto máis que nada?
A hipocrisía e a xente que fala e fala e fala (pero sen dicir nada, absorvedores de enerxia)

Que caracteres históricos desprezo máis?
Os Reis Católicos e tamén o Afonso X "O sabio"

Que feito militar admiro máis?
"A marcha verde", non o admiro pero non entendo como o Estado Español vendeu aos Saharauis dun xeito tan fácil.

Que reforma admiro máis?
Se non me molestan mentres durmo, calquera

Que dons naturais quixeras ter?
Superpoderes: telequinesia, invisibilidade e esas cousas :D

Como me gustaría morrer?
Supoño que durmindo, pero polo menos que non sexa unha morte absurda como tropezando no cuarto de baño ou atropelado polo "pathfinder" ese que limpa as ruas

Estado presente do meu espírito?
Vegetativo

Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Iso da "indulxencia" soa a relixioso

O meu lema?
Deixa para pasadomañá o que podas facer hoxe ou mañá
Tampouco está mal este: Non deixes pra mañá o intentar empaquetarlle a outro o que tes que facer hoxe

Que o faga quen lle apeteza, pero voullo pedir a:
O Alpendre

Etiquetas: ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña