« Inicio | Municipais07: Decidindo o voto » | Publicidade Surrealista » | Smoking Room » | Guararey, Guararey, Guararey... » | Publicidade Creativa » | Un ano de diario dum suevo » | Municipais07: Carteis electorais » | Euromicción » | "Dueling Banjos" en "Family Guy" » | Cuestionario Proust »  

2007-05-28 

Municipais07: Vai de cú o BNG?

Big Blue Fluffy Bunny Socks
O primeiro que me chamou a atención mirando o gráfico da evolución do voto nas municipais en Galiza é que o descalabro do BNG non foi tan grande como semella vendo os resultados das 7 cidades do país (sobre todo en Ferrol, superado mesmo por EU) xa que segue a ter unha base de apoios de arredor dos 300.000 votos, exactamente 315.449, o 19,15%. Inda que tivo 10.000 votos menos que nas municipais do 2003, conseguiu 661 concelleiros (66 mais ca en 2003), gañando nas vilas e pequenos concellos os votos perdidos nas cidades. Todo isto, xunto coa baixada do PP (non tan grande, segue a ser o partido mais votado) fai que non se poda falar de crise polo momento pero penso que os seus dirixentes deben reflexionar sobre os resultados obtidos, agora que ainda están a tempo, se non queren convertir o partido nun agregado do PSdG-PSOE que soio serva pra governar en coalición como grupo de apoio mentres precisen del.

Cómpre destacar tamén os 33.615 votos e 66 concelleiros do TeGa, 11.000 votos por riba de EU, seguirá progresando ou quedaranse noutro intento de partido de centro nacionalista?

Datos extraidos da páxina sobre as eleccións municipais 2007 do Ministerio do Interior (non sei porqué, pero non coinciden exactamente cos dos medios de comunicación).

PD: A fotografía pertence a unha magnifica colección de imaxes do fotógrafo londinense Maleficus V, velaquí a sua conta de Flickr, erotismo cuns toques vermellos e azuis.

Etiquetas: , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña