« Inicio | Constructoras e campos de golf » | Insomnio Inicial » | Problemas técnicos (II) » | Comunicado de Prensa » | Mentres cociñaba... » | Round 1... Fight! » | Chistes de Google » | Cancións míticas: Eagle Fly Free » | Google merca YouTube » | Cancións Míticas: Powerslave »  

2006-10-22 

Puto tabaco

Tabaco

Onte pola noite despois de fumar coma un "carretero" decidín deixar de fumar.
Hoxe, duas horas e media despois de espertar fun mercar tabaco outra vez... puta adicción!

Etiquetas:

Aquí son un experto eu. Levaba máis de 20 anos dándolle ó Ducados, facía anos que fumaba 2 paquetes e pico. O xoves día 5/10/06 fumei o derradeiro pito e de momento aguanto.

eu fago como o amigo de Tom Sawyer, deixo de fumar varias veces ao día...

Noraboa randeeira! moucho hai que aprender del ;)

Eu, xa vistes, durei duas horas e media, non podo coa ansiedade :( pero xa me vou concienciando de que hai que deixar de fumar.

O peor de deixar de fumar son os primeiros meses e logo eses apretóns de ansiedade que duran ao redor de dous minutos. De todas as maneiras eu teño visto en farmacias uns cigarros de herbas medicianais que seica van bastante ben (cando os descubrin xa tiña pasado o peor do mono)pero que costan ao redor de 2 € o pitillo.
Se decides seguir fumando que sepas que Chesterfield acaba de sacar á rúa unha edición especial en caixa de latón. A ver se subo algunha foto ao meu blog.
Un saúdo.
www.enGalego.esp.st

Ola engalego3.0, xa coñecia o chester en versión "latón". Deixoche unha ligazón a unha foto por se non queres sacala tí.

A min unha vez regalaranme un tabaco "terapéutico" de farmacia feito con eucalipto, platano e non sei que historias mais, pero penso que o retiraron do mercado porque non se podia vender en farmacias ou algo así. De todolos xeitos mareaba a un cristo e deixaba un cheiro a xurro que nin os "pachuzos" de marihuana, oes :)

A ver se chego a eses primeiros meses algunha vez, se tedes algún consello vo-lo agradezo ;)

Se eu puiden, ti tamén podes.
Persoalmente creo que é un erro substituír unha adicción por outra alternativa, hai que botarlle ganas e aguantar o mono, cada día, cada semana, cada mes, durante anos, somos fumadores e ímolo ser para sempre,debemos convivir coa abstinencia, é o prezo.
Ánimo.

Graciñas X, eu tamén penso que sustituir o tábaco con parches ou historias desas é un erro.

Admiro á xente que deixou de fumar... é triste que escriba isto fumando un cigarrillo :(

ODA AL PUTO TABACO
Estoy harta de que me hagas daño.
Que entres dentro de mí con malas intenciones.
Que me quites la vida con mi permiso;
que me succiones, me ensucies, me axfisies.
Que ante tu ausencia me ataques
con noches en vela, sudores fríos.
Contigo me vuelvo incoherente:
me matas y te necesito.
Tengo malos humos desde que alejé los tuyos;
me tiembla el pulso.
Mi boca, de dulce empalagosa,
mastica caramelos noche y día.
La tensión martillea mis sienes...
¡¡¡BASTA!!!
Pequeño enemigo público,
te crees invencible mientras entras
en las vidas de tantos y tontos,
pero más pequeña soy yo
y soy...
más fuerte...
que tú.

Publicar un comentario

ENLACES/LIGAZONS A ESTE POST

Crear un enlace

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña