« Inicio | Problemas técnicos (II) » | Comunicado de Prensa » | Mentres cociñaba... » | Round 1... Fight! » | Chistes de Google » | Cancións míticas: Eagle Fly Free » | Google merca YouTube » | Cancións Míticas: Powerslave » | Sobre bandeirolos que caen » | San Froilán »  

2006-10-20 

Insomnio Inicial

Insomnio

É incrible o moito que custa afacerse a madrugar e o fácil que é "botarse a perder", tan só levo un par de dias ocioso e xa ando co que eu chamo "imsonio inicial", que ten como consecuencia andar esperto ata altas horas da madrugada.

Encho estas horas vendo algunha serie das que teño na emuleteca/torrenteca, facendo algunha tonterida para o blog de deseño e amañando algunha desfeita na plantilla do diario.

Modificar a plantilla ou template dunha bitácora non é tan dificil como a xente pensa, basicamente é o mesmo que facer unha páxina web tradicional pero xogando coas etiquetas ou códigos que nos proporciona o proveedor do servizo, no meu caso blogger. Está claro que para non morrer no intento, temos que ter unhas nocións básicas de HTML, pero cun pequeno tutorial e un pouco de práctica calquer usuario medio pode facer pequenas modificacións no código da plantilla.

Para os mais vagos (ou mais prácticos, ou mais intelixentes, según se vexa :) tamén temos un feixe de páxinas dende as que nos podemos baixar plantillas a esgallo, polo menos para blogger, que é o que eu coñezo.

PD: Como sempre, venme a nostalxia e falando de páxinas web tradicionais: deixo unha ligazón á primeira páxina web que subín a internet... que tempos!.

Non lle toco en nada o meu blog nin de coña porque seguro que escarallo todo. A min iso de HTML soame a marca de coche coreano (do sur).

eu por ahí me ando coa randeeira, pero me atrevín a cambiar a plantilla porque até o podía facer un macaco, e para que non se notase de que eu era aínda mais burro...

Entón pásavos como a mín co coche... botarlle gasolina, move-lo volante e pouco mais :)

Exacto, mellor definición no meu caso imposíbel.

Publicar un comentario

ENLACES/LIGAZONS A ESTE POST

Crear un enlace

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña