« Inicio | Fronteiras: Ibias (Navia-Eo) » | Cancións míticas: Holy Diver » | Trapalladas » | Xa está aquí!!! » | Promesas » | Puto tabaco » | Constructoras e campos de golf » | Insomnio Inicial » | Problemas técnicos (II) » | Comunicado de Prensa »  

2006-10-30 

Cousas da Lingua (III)

Non Entendo

O outro dia, ao ir facer unhas xestións, parei nun semáforo ao carón dun arxentino que estaba falando polo móbil, o caso é que non lle entendín nin papa do que dicía; será porque falaba moi rápido ou porque falaba na xerga local.

Ninguén ten ningunha dúbida de que a lingua que se fala en Arxentina é español; igual que en Québec francés ou en Estados Unidos inglés, sí, con variacións pero é a mesma lingua.

Traslademos iso ao caso galego: eu podo escoitar a un portugués e pode ser que non o entenda (coma me sucedeu con este arxentino) porque fala "muito rápido", con locucións propias do portugués, etc... pero a esencia do idioma non e a mesma? efectivamente a pronuncia é diferente, pero tamén hai variacións entre o galego da Costa da Morte ou o galego oriental da Fonsagrada, por exemplo. Que se escribe de forma diferente, pois tamén certo, a normativa oficial galega utiliza unha ortografia copia da castelá por motivos tan simples como que a ortografía castelá era a que coñecian e utilizaban os escritores e intelectuais galegos do "rexurdimento", pero trocando ñ por nh, ll por lh, un par de cambios mais e unhas (bastantes?) palabras e xiros "locais" que diferenza hai?

Con isto non quero dicir que o galego sexa portugués, non, o galego é galego sen mais pero pertencente a familia de "linguas portuguesas" se lle queremos chamar así.

Tampouco estou de acordo cos "Lusistas" que queren sustituir o galego por un portugués lisboeta normativo, non; igual que sendo o mesmo idioma, non falan igual (ou mesmo escriben diferente) un castelán que un arxentino, un portorriqueño ou un mexicano, tampouco os galegos falamos igual cos portugueses, iso e obvio.

Non nos esquezamos que os galegos non temos que ver co actual Portugal, os galegos somos irmáns do Portugal do Condado Portucalense, do "minhoto", do norteño, é dicir, até o Douro ou algo mais; tamén "sometido" polo centralismo lisboeta.

Etiquetas: , ,

Bo artigo, a grandes rasgos eu penso coma ti :)

Por ser vostede que é, voulle dar a razón a sabiendas de que a min o que me gusta é descutir.
Teño un amigo en Negreira que cando fala apurado non lle entendo nada, veu un día a un xantar de traballo aquí, A Mariña, con outros colegas meus e todos dabanlle a razón cando falaba porque non era capaz de entendelo ninguén.

Graciñas Andrés, xa me sinto algo menos incomprendido :)

Randeeira, vaia saídas que me tes :D, eu intentando aparentar seriedade, falando de temas serios, e me saes con esas historias :D... e non me trates de "vostede" que ainda non levo bastón!

Outra cousa, se hai que discutir, discútese, que para iso estamos.

eu tamén estou mais ou menos dacordo; galego e portugués son variantes do iberorromance occidental, ou galego-portugués, coa correspondente evolución dos séculos, o que acontece é que ao estar tan mediatizada a evolución do galego polo castelan crease un problema lingüístico e político de primeira orde, é un tema complexo, a verdade...

Efectivamente moucho, ata o S.XV ou incluso comezos do XVI seguiron sendo prácticamente o mesmo idioma, pero logo... xa sabemos. Sí que che é un tema moi complexo o da lingua en Galiza.

Perdón pola broma, pero estou tamén de acordo no fundamental contigo.

Non pasa nada oh, ainda botei unhas boas risas coa tua historia. O meu caseiro tamén é deses que precisan de subtítulos para entendelo :)

Eu vi esse texto seu de 2006 mas devo deixar aqui o meu comentário. Sou brasileiro e vejo o meu idioma como o mesmo idioma da Galiza rural. Não vejo no galego normativo da RAG o galego tradicional falado pelas pessoas do campo, do monte. Não podemos nunca nos esquecer de que o galego da RAG foi criado para ser aproximar mais do castelhano e se afastar do português (galego internacional). Não me considero "lusista" e sim reintegracionista, pois não vejo o lisboetês como norma a ser seguida e nem é esse acento o do norte de Portugal nem tampouco o dos campesinos do interior do Brasil.

Abraços do Brasil.

Publicar un comentario

ENLACES/LIGAZONS A ESTE POST

Crear un enlace

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña