
O outro dia, ao ir facer unhas xestións, parei nun semáforo ao carón dun arxentino que estaba falando polo móbil, o caso é que non lle entendín nin papa do que dicía; será porque falaba moi rápido ou porque falaba na xerga local.
Ninguén ten ningunha dúbida de que a lingua que se fala en Arxentina é español; igual que en Québec francés ou en Estados Unidos inglés, sí, con variacións pero é a mesma lingua.
Traslademos iso ao caso galego: eu podo escoitar a un portugués e pode ser que non o entenda (coma me sucedeu con este arxentino) porque fala "muito rápido", con locucións propias do portugués, etc... pero a esencia do idioma non e a mesma? efectivamente a pronuncia é diferente, pero tamén hai variacións entre o galego da
Costa da Morte ou o galego oriental da
Fonsagrada, por exemplo. Que se escribe de forma diferente, pois tamén certo, a normativa oficial galega utiliza unha ortografia copia da castelá por motivos tan simples como que a ortografía castelá era a que coñecian e utilizaban os escritores e intelectuais galegos do "
rexurdimento", pero trocando ñ por nh, ll por lh, un par de cambios mais e unhas (bastantes?) palabras e xiros "locais" que diferenza hai?
Con isto non quero dicir que o galego sexa portugués, non, o galego é galego sen mais pero pertencente a familia de "linguas portuguesas" se lle queremos chamar así.
Tampouco estou de acordo cos "Lusistas" que queren sustituir o galego por un portugués lisboeta normativo, non; igual que sendo o mesmo idioma, non falan igual (ou mesmo escriben diferente) un castelán que un arxentino, un portorriqueño ou un mexicano, tampouco os galegos falamos igual cos portugueses, iso e obvio.
Non nos esquezamos que os galegos non temos que ver co actual Portugal, os galegos somos irmáns do Portugal do Condado Portucalense, do "minhoto", do norteño, é dicir, até o Douro ou algo mais; tamén "sometido" polo centralismo lisboeta.
Etiquetas: cousas miñas, GZ, lingua