Dous blogs polo prezo dun
Teño ultimamente un pouco abandoado o ciber-chiringo por diferentes causas.
Unha delas é a posta en servizo doutro blog tamén en Blogger. Chámase "Desenho Galego" e a URL é http://desenhogalego.blogspot.com. Nel publicarei deseños relacionados con Galiza en xeral, feitos por min ou por terceiras persoas.
Convidovos a que lle botedes unha ollada. "Muito obrigado".
PD: Como vedes, non me matei moito en facer o logo.

non entendo esa manía dos cartaces galegos de "título en galego", "título en español"
Dependendo de quen faga o cartaz o tamaño do título en cada un dos idiomas variará, e no caso dos máis "internacionalistas" xa optamos por inglés e incluso portugués.
Os blogues da castela non dubidan, nin inglés, nin catalán nin farrapos..
Escrito por Anónimo ás 14/7/06 12:10
Tes razón monteño, pero xa sabes que a situación lingüistica en Galiza/Galicia é bastante especial e surrealista.
Xustifico o título deste blog en galego e castelán porque escribo nel, según me pete, nun idioma ou noutro. As duas linguas, inda que non nos goste, son as que se falan no país.
A razón de que o título do blog sexa "Diário dum Suevo" (a o portugués pero coa contracción da preposición+artigo) é porque considero que a normativa do galego tense que acercar á portuguesa pero sen ser asimilada (tal como fan os lusistas), mantendo as características propias.
No caso do logo en "Desenho Galego", non deixa de ser unha cuestion estética mais ou menos acertada.
Pra min, o principal é que a xente fale en galego (ou polo menos non o desprecie nin o abandone). O tema da escrita, penso que é secundária ata que non se normalice a situación da fala.
Simplemente é a miña opinión.
Escrito por Suevo ás 14/7/06 12:47