« Inicio | O gran resacón » | Por fin es viernes (Hasta el cipote del trabajo) » | O de sempre » | Pronostico un mal dia » | Me siento observado » | No me cae bien: Luján Argüelles » | ...estamos trabahando en eyoo (III) » | A voltas con mundial: Soccer Strip Quest » | O mundial dende outra perspectiva » | Matemáticas & pachanguitas »  

2006-07-04 

Carné por puntos movistar



Levamos xa uns dias co famoso carné por puntos e xa hai persoas ás que lle arrincaron todolos papeliños do bonobus (que tempos aqueles arrinconado contra o parabrisas no especial da universidade). A miña opinión personal é que o que vai provocar esta nova lei é que haxa moita xente que conduza de forma ilegal sen permiso de circulación, totalmente a favor de que quiten os máximos puntos posibeis por circular a grandes velocidades ou de forma temerária pero a impresión é que se van centrar en caralladas, que pouco teñen que ver coa tan publicitada seguridade, tipo aparcar en dobre fila, tirar colillas pola ventá, circular se luces nun tunel por despiste, facer cedas no canto de stops inda que non exista ningún tipo de perigo... etc, cousas que pouco van axudar ao que se supon o obxetivo da nova lei: a reducción de accidentes e por tanto de mortos nas estradas.

Hai xente que pensa que está lei non durará moito porque afectará gravemente ás compañias automobilisticas na venda de veículos. Non estou d'acordo ao 100% pero é un punto de vista moi interesante. Deixo-vos unha cita ao post do que vos falo (podedes atopar o orixinal na web do alpendre):

O carnet por puntos, ou cómo deixar de conducir

Moito se está a falar do famoso carnet por puntos que entrará en vigor a partires do primeiro de xullo -se non me trabuco-, e que ó parecer tan bo resultado deu en Francia.

Esta semana chegou á miña casa un tríptico para toda a familia onde se informa á xente do que vai supor toda esta movida. Sinceramente, non reparei demasiado no seu contido. Todo parecen ofertas do Claudio en plan pague dous e leve un, pórtese ben e regalámoslle puntos Movistar, e bla bla bla.

Estou convencido de que a retirada de carnets vai ser espectacular. Do meu lado está o dato de que moita xente está asegurando os seus carnets ante o temor de quedaren sen eles. As multas vannos chover a todos, e quizáis a consecuencia de todo isto, unido ós prezos do chumbo, é que a xente deixe o coche na casa.

E esta situación vai ser nefasta para as compañías de automóveis, acostumadas a vender miles de carros ó ano, tasa que se vai ver reducida drásticamente como non tomen medidas, sobre todo, ó respecto da velocidade dos vehículos.

E se as grandes empresas automovilísticas do país ven que as suas vendas caen, van a comezar a protestar. E enton, quizáis, ese carnet anti mortes e anti actos vandálicos ó volante igual se torna un freno para o bo transitar da economía, xerándose un problema que non se sabe onde rematará.

Se todo isto se cumpre, "me da que" o carnet este vai durar ben pouco. A min polo de pronto as gañas de conducir que teño -e iso que me encanta facelo- vánseme reducindo así nos achegamos a fin de mes.

A ver que pasa.

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña