Decepcionado co Google Earth
Ando un pouco decepcionado con Google Earth, hai uns dias fixei-me que na parte d'abaixo da páxina de google poñia "¡Nuevo! Google Maps en España" e como habia moitas zonas (incluso cidades importantes) sen fotografias de resolución aceptable pois abrín rapidamente o Google Earth para comprobar os cámbios: a primeira impresión foi moi boa, a zona de Ferrol agora ve-se perfectamente cumha gran resolución cousa que antes non sucedia... pero trala primeira impresión descobren-se cousas menos boas:
- A Toponímia que usa Google en Galicia/Galiza (e tamén noutras partes do estado) é totalmente desfasada, castellanizada e franquista. Unha proba clara: o "puntito rojo" enriba de "Ferrol" pon "EL FERROL DEL CAUDILLO", manda carallo!!! non só con "El" (erro que ten moitisima xente fora de GZ), senon que tamén lle engaden o "del caudillo".
- As fotografias da cidade da Coruña agora son mais actuais pero parece que as fixeran un dia de neboa pechada. Se queredes ve-la diferenza entre o antes e o despois podede-lo ver aquí. Tanto lles custaria esperar a que faga bo tempo para facer as fotos.
Etiquetas: google earth, informática, toponimia