Anticoruñesismo
O outro dia no concerto de Manu Chao en Vigo houbo un par de detalles que me chamaron a atención: un dos grupos teloneiros (GALEGOZ) dixo algo asi como "que pasa coruña" (supoño q de broma, tampouco me enterei moi ben) e despois dos consabidos abucheos dixeron iso de "mintiendes neno, ya sabemos qui sois de vigo, buah neno", logo, xa cantando Manolo, ao chegar a de "Me gustas tú" en ningun momento dixo iso de "me gusta la coruña, me gustas tú" tampouco sei se dixo "me gusta vigo" (as miñas neuronas tampouco é que estivesen moi receptivas :)... non lle din moita importancia pero chocoume a cousa; despois ao chegar a canción "El viento" (esa de "por la carretera") nos concertos sempre sauda aos veciños pero non citou en ningún momento á Coruña (fixoo con Lugo, Ourense e Portugal pero non Coruña).
Non vou facer de avogado do demo, pero non entendo moito o anticoruñesimo existente en Galicia/Galiza, tampouco me gusta "La Coruña" coruñesista-españoleira-vazquista-cidadeestado, pero nos 12 anos que levo aquí sei que existe outra Coruña nos barrios onde é moitísimo mais doado escoitar galego que por exemplo en Ferrol.
Tampouco entendo esa apropiación do "mintiendes" que fan na coruña como identitario (o famoso Koruño), cando en Ferrol mais ou menos os chupitrocos falan (ou falamos) igual, polo menos no meu barrio do orixe (Caranza).
Coruña sempre foi unha cidade galeguista e republicana pero tivo a mala sorte de estar gobernada durante moito tempo por un iluminado populista que colleu á bandeira do coruñesismo-cidadeestado gañandose a enemistade do resto do país.
Basta xa de rivalidades palluzas!
PD: Deseño extraido dese marabilloso bló que é "Desenho Galego", a ver se o autor lle mete algo de caña e actualiza un pouco que xa vai sendo hora ;)
Etiquetas: cousas miñas
Pasate por Pontevedra e verás como non hai nada de anticoruñismo, mais ben o contrario, hai moito antivigués :D
Escrito por Manuls ás 13/8/07 21:49
Eu de sempre estiven en contra dos localismos en Galiza, como ben di manuls en Pontevedra non hai anticoruñesismo e si algo de antiviguismo do que non estou a favor, para min todos e todas somos galegos e deberiamos levarnos ben, sen máis, sen localismos estúpidos que non nos levarán a ningures, pode que isto sexa unha utopia e que tamén hai rivalidades localistas noutros sitios pero alomenos deberiamos intentalo, senón estamos xuntos e traballamos xuntos non chegaremos a nada, e isto vai tamén polo señor Abel Caballero e os seus comentarios encol da hipotético achegamento de Pontevedra e Vigo no tema de facer un área económica conxunta...
Saúdos.
Escrito por Anónimo ás 14/8/07 10:58
Supoño que o doutro día estaría mediatizado por ser precisamente en Vigo, pero en calquera caso é obvio que A Coruña está pagando o pato por un autoodio do que aquí nin dios se salva... ou haber se é que en Vigo goberna o nacionalismo con maioría absoluta e todos son galegofalantes.
Escrito por moucho branco ás 16/8/07 04:37
Esto de las rivalidades geográficas...es un clásico.
En Asturias , Gijón y Oviedo enemigos irreconciliables.
Viví en un pueblito, Luanco, que se llevaban a matar con Candás,el pueblo vecino.
Y para reirnos un rato...
Koruño y los autobuses de Vigo , según Inciclopedia
Escrito por nieves ás 16/8/07 19:46
Eses localismos dase en calquera sitio, sexa entre dous veciños, dous pobos, dúas cidades ou dúas rexións... É normal, aínda que o que non é normal que se practique o localismo cando as dúas partes poden saír beneficiadas dunha sinerxia, dunha forza conxunta; así, non entendo que o señor alcalde de Vigo se mostre tan testarudo co tema de ampliar a área metropolitana ata Pontevedra, que o cunxunto beneficiaría moito as dúas, e con isto non digo por igual, xa que sen dúbida Pontevedra sería a máis beneficiada, pero dende logo, se Abel Caballero pensa que con Cangas e Redondela vaille ir mellor... Bueno, creo que é evidente. En canto ao anticoruñesismo... Tamén habería que falar de "anti-compostelismo" por parte dos coruñeses, cantas veces oín dicir a un coruñés: "Mira que facer Santiago que é un pobo a capital de Galicia; a capital de Galicia teríamos que ser nós!"; e tamén de anti-viguismo, por iso de que Vigo é a cidade máis grande e obviamente polo fútbol. E en Pontevedra tamén hai algo de "anti-viguismo", outro pouco de "anti-coruñismo" e se queres tamén, por qué non, "anti-marinismo" e "anti-todo-aquilo-que-de-cando-en-cando-me-toca-os-collóns", o final é sempre o mesmo, os pobos sempre terán alguén con quen compararse e pensar que son mellores que os outros. Non só en España, senón en toda Europa. Por iso, o do concerto do outro día que dis que pasou, penso que non deixa de ser algo anecdónico ao que non lle hai que dar a importancia que ten: practicamente ningunha.
Escrito por Anónimo ás 18/8/07 15:22
Eu teño unha opinión similar a outras xa comentadas aquí. Nacín en Redondela (preto de Vigo) pero hasta os 18 anos en Culleredo (preto da Coruña), o suficiente para collerlle noxo abondo ó coruñesismo. Agora levo máis de dez de volta en Redondela, e o viguesismo paréceme aínda máis patético, porque o couñesismo baséase nun folclore autócotono (vamos, como si vivisen nunha illa) e bastante paleto mentres que o viguesismo ten un complexo de que Galicia lle debe algo que me cabrea bastante.
Escrito por Anónimo ás 18/8/07 17:29