« Inicio | Google Maps no teu propio blog » | Toca pôr-se ao dia » | Marcho ver mundo » | Macaco en Ferrol » | A versión galega de "Under the bridge" [Red Hot] » | Anticoruñesismo » | Alternativas a YouTube » | Insomnios y radios » | Este sábado... Manolo!!! » | Cancións míticas: Piedra contra tijera »  

2007-08-31 

Recomendacións para este Blog Day

Blog Day 2007

Anque teña o blog en estado de semi-abandono (ultimamente perdo moito o tempo en Chuza) vou facer as miñas recomendacións para este Blog Day. Suponse que teñen que ser blogs pouco coñecidos e no meu caso intentei ligar blogs que atopei recentemente e que ainda non están no meu blogroll, aí van:
  • NoticiasFrikis e El Perro Flaco, hai que tomarse a vida con sentido do humor e nestes blogs temos as risas garantidas; curiosidades, xogos e caralladas a centos. Moitas das chuminadas que meto no blog atopoas nestes.
  • Cosas que Pasan e Soporte Técnico Tonto, non é que sexa eu do gremio do servizo ou asistencia técnica pero polo meu traballo e vivencia personal sintome moi representado coas anécdotas que contan sufrindo a usuarios informáticos.
  • e por último Strange Maps, se es un fanático dos mapas este é o teu blog, nel podes atopar todo tipo de mapas rarunos que hai na faz de la tierra
Seica so se poden recomendar 5 blog pero como metín duas parellas coa mesma temática, vou citar tamén a The Generator Blog, onde podes atopar un grandísimo recopilatorio de webs onde xerar as tuas trangralladas (imaxes, flash, animacións, textos...) e, agora si, por último a Llamame Lola, un blog moi interesante sobre as últimas novidades no mundo da publicidade e creatividade audiovisual

Espero que vos gusten as recomendacións e feliz Blog Day a tódolos blogueiros ;)

PD: Graciñas Nieves por meterme na tua lista. O teu blog tamén é digno de estar no Top5 pero xa es unha veterana do meu blogroll :)

Etiquetas: , , ,

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña