Advertencia: Esta entrada é un texto tocho informático sen interese ningún.

Cando facemos unha conta de correo gratuito, por exemplo en
Hotmail (inda que sexa para o
Messenger), pidennos un nome de usuario e unha contrasinal (ou contraseña como queirades), ao meter o password vense "asteriscos", até aí ben.
Despois ven esa marabillosa
"Pregunta de Seguridade" (opciones para restablecer la contraseña) tendo que escribir unha resposta....
Problema: se a contrasinal aparece con asteriscos, por que carallo
NON a resposta á pregunta de seguridade?
Tipo cotilla a sentado ao noso lado, escribimo-lo nome de usuario e password, este último vese con asteriscos; seleccionamo-la pregunta, escribimo-la resposta,
mmmm fallo!, vese o que metemos. O paisano colle e anota a resposta, non sabe o noso contrasinal pero co nome de usuario e a resposta á pregunta pode entrar na nosa conta igual.
Solución: escribir garabatos sen sentido na resposta á pregunta de seguridade, iso sí, temos que ter ben claro a password que metimos (polo que vexo non é tan obvio como semella), senon vaite esquecendo de empregar esa conta de correo (ou meter no formulario unha conta de correo alternativa).
Outro erro moi grave:
Enchemos o formulario de rexistro para a conta de email, blog, espazo web gratuito, etc... cos nosos datos e o tipo cotilla de antes ao lado... botón
ENVIAR...
"Estos son sus datos: xxxxxxx, ¿son correctos?" e aí ben grande aparece achantado o
NOSO PASSWORD...
manda carallo!!! o fulano ten o noso nome de usuario e contrasinal, ten o
poder de Grayskull sobre a nosa conta :P... cando non aparece en pantalla a tua contrasinal sempre que te conectas como pasa en
iEspana!!!
Solución: non metas a tua password habitual
en clase cun proxector ou todolos teus alumnos saberán a tua contrasinal :(
PD: Para os que chegan ao blog buscando "
porno en la zona de ferrol", por aquí en
Suevo's Land non hai, pero puticlús en Ferrolterra hai uns cantos: tes o
Talismán en San Xoán, o
Jade en Catabois ou o mítico
Faicus en Campolongo :DDDDDD (
"bueno, yo no lo sé, es que me lo dijeron")
Etiquetas: cousas miñas, Críticas, informática