« Inicio | 25 de Xullo » | Carbon pra os políticos » | Sanción a Zidane » | Superpiñeiro non, SUPER-PEREIRO » | 70 anos do comezo da Guerra Civil » | Informáticos » | Bochorno, calor e treboadas » | Nada que contar » | Zidane vs Materazzi: The Game » | Despedida!!! »  

2006-07-27 

"...me le tendré que aprender el himno" pensou Touriño



Extraido de Vieiros:

Se as cámaras de televisión non perdoan, na era do Youtube menos aínda, por máis presidente da Xunta que un sexa. Grazas a Chuza! soubemos dun blogueiro que pillou a Touriño esforzándose en cantar a segunda parte do himno sen saber moi ben que frases eran as que seguían a "cumprido fin terán". Foi no acto da Véspera celebrado o luns pasado na residencia oficial de Monte Pío, xusto no momento en que se izaba a bandeira galega ao compás do himno interpretado polas cantareiras de Leilía. No momento -tardío- no que o enfocan as cámaras, o presidente da Xunta move os beizos como pode baixo a ollada da súa muller, que tampouco o ten moi claro, e acompañado polo alcalde de Santiago, que para aforrar problemas non abre a boca. Se a Emilio Pérez Touriño lle volve acordar a letra cando toca o "nazón de Breogán" tampouco o sabemos pois as cámaras da TVG volven enfocar a bandeira cunha panorámica da casa do presidente e da catedral, nun acto concebido para a exaltación simbólica do país e de "encontro do presidente da Xunta co pobo galego".


PD: Fotografia do noso presidente apampando co botafumeiro

INFO

ANDO POR...

BUSCA NO DIARIO


CATEGORIAS

EN POUCAS PALABRAS

BLOGS QUE LEO

CAIDOS EN COMBATE

ESTOU EN...

PROMOCIONANDO...

O REFRAN DO DIA

ESTA[T|D]ÍSTICAS


  • Ver estatísticas
  • Google Analytics

PREMIOS RECIBIDOS :)

Premio Sugus de Piña