
Desaparecín do
Google, non sei que pasou pero non existe ningunha ligazón directa ao blog dende Google, só referencias indirectas a listas de blogs ou webs nas que aparece este blog como
Blogaliza,
Blogalego,
Blogalaxia ou
similares.
Antes se
buscaba "suevo" no Google aparecian varias referencias ao blog na primeira páxina de resultados, tamén tiña algunha entrada do blog posicionada na primeira páxina do google como por exemplo ao procurar por "
Lujan Argüelles" (aparecia en 1º lugar por riba do artigo da wikipedia) ou por "
Desmadre en el marquesito" entre outras, pero agora nada, borraronme do mapa, non aparezo nin tan sequera no
buscador de blogs do google (polo que o botón de busca que teño no blog non atopa nada) e non entendo porqué.
Poderia botarlle a culpa ao paso a
Blogger Ex-beta ou a unha hipotética vinganza de google por
quita-la barra de Blogger do meu blog, ou a unha man negra que non queria que aparecese como primeiro resultado
algunha entrada do blog, non cho sei, o caso e que xa non estou.
A efectos prácticos espero seguir tendo aos lectores habituais que xa coñecedes o diario, pero verase reducido o número de persoas que entran no chiringo de casualidade e, quen sabe, igual algunha gustaba del.
PD: Como curiosidade, saber que lle podedes suxerir a google que engada o voso blog ou páxina web dende esta dirección:
http://www.google.es/intl/es/addurl.htmlEtiquetas: autobombo, blog, blogger, cousas miñas, google