Autobombo: Ascendendo no blogomillo
Hoxe leveime unha boa sorpresa ao visitar o ranking "oficioso" do blogomillo, este blog ascendeu até o posto 55 da lista e o meu outro blog (Desenho Galego) acada a moi honrosa posición 127.
Xa houbo hai tempo un "debate" nos comentarios dunha entrada do blog de Marcus sobre o xeito no que se crea este ranking: estar mais arriba non significa ter mais visitas nin mais "calidade" nas entradas do diário, só ter mais ligazóns dende outros blogs apuntados en Technorati.
De todolos xeitos, estou moi contento por este "ascenso de categoria" e para celebralo fixen unha pequena trapallada; non quedou mal de todo:

PD: Y como estoy de "autobombo" queda plasmado en esta entrada el premio sugus de piña concedido por Valadrem al "mejor insulto friki", premio compartido cordialmente con el otro ganador: Telcarion

Etiquetas: autobombo, Blogomillo, cousas miñas
Noraboa por ese ascenso no blogomillo!! É ben merecido, os teus blogs sonche moi bos!
Aghora a celebralo con likorkafé...
Escrito por
Anónimo ás 3/2/07 20:37
Noraboa por ese ascenso blogomilleiro! Moi boas as túas imaxes.
Escrito por
Alberte ás 3/2/07 22:15
Carallo, xa estás en postos de All Star, :P
A evocación blogomilleira caralluda, tes que darlle saída como aglutinador deste microcosmos.
Escrito por
moucho branco ás 3/2/07 22:28
Encanta-me esse desenho do blogomilho. Fico fascinada porque eu não sei mais que escrever e pôr imagens.
Bom, agora ensinarom-me a pôr músicas e youtubes. Mas ainda não sei pôr músicas no blogaliza.
Parabens polo ascenso.
E, agora que o penso, essa espiga a meio escunchar, também fala do meu escunchador..
Saudos e adiante.
Escrito por
rifenha ás 4/2/07 01:04
E eu no 40, vou correndo a fachendear :D
Escrito por
X ás 4/2/07 10:34
Eu non sei como funciona technorati, pero o certo e que non están tódolos enlaces. Non o digo so polo teu blog, claro, pasaralle a todos. O certo q que ti tes enlaces en algúns blogs meus que non aparecen na lista. A min pasame o mesmo, debería ter moitos mais, eu sei onde están pero a máquina non os atopa nin dándolle pistas.
Escrito por
xOsedorrio ás 4/2/07 20:13
Noraboa polo ascenso ... e a seguir subindo que para algo vivimos desto.
Escrito por
Anónimo ás 5/2/07 10:08
Tres Hurras polo Suevo!!... hip, hip..
Noraboa meu!, voume tomar un sugus de piña na tua honra
Escrito por
Trasancos ás 5/2/07 13:22
Parabéns!!! Eu baixei moito e agora estou de 191, mais non teño de que queixarme, hehe...
Saúdos!
Escrito por
David ás 5/2/07 20:56
Me ha gustado mucho el diseño del Premio Sugus de Piña. Con tu ya concedido permiso ;-) lo usaré en las próximas ceremonias de entrega.
Escrito por
Valadrem ás 7/2/07 14:19
Por certo. Por que aparece esse caldeiro do lijo a carom do meu comentário?
Há algo que molestou a alguém?
Escrito por
rifenha ás 17/2/07 19:05
Que mal pensada es rifenha :)
Ese caldeiro é pra borra-lo comentario que fixeches se quixeras facer tal. Deberia de sair en todolos comentarios que fas en blogs de blogger, pero so che aparece a ti (por se-la autora) e ao dono do blog (que tamén pode borra-los comentarios).
Saudos.
Escrito por
Suevo ás 17/2/07 20:31