Galáctica
O señor Harvey (Moderno de Merda) lembrounos hai pouco un "baile proibido" saido desa mítica serie da idade de ouro da galega chamada Buck Rogers. Rápidamente veume á cabeza outra serie algo mais antiga que via de moi cativiño por VHF (cando só habia a primeira e a segunda), esa serie era Galáctica e dixen que ata tiña un álbum de cromos dela, velaí a proba:
PD: Como se pode comprobar o album non está completo e non creo que o estea nunca :(
PD: Como se pode comprobar o album non está completo e non creo que o estea nunca :(
Etiquetas: cousas miñas, tempos mozos
coa afección que lle tiña eu de cativo ós álbums de cromos por máis que busco non atopo ningún dos moitos que empecei e ningún que acabei
Escrito por Anónimo ás 27/2/07 09:33
Pois eu desta, nen lembranza nen nada. A que hora a botaban?
Escrito por Mario ás 27/2/07 21:23
buf! mario, deberona botar a comezos dos 80; pero sabe dios a que hora; supoño que seria os sabados pola tarde.
Era duns tipos que ian nunha nave espacial na procura do seu planeta natal ("Terra" chamábase :) e habia uns robots moi malos (os seus "archienimigos") que destruian a sua colonia no primeiro episodio.
Lembro que saia Fenix (o do Equipo A) e o pai de Bonanza. Habia un rapaz que perdia o seu cadelo no primeiro capítulo, logo lle regalaban un robo-can :)
Randeeira, eu conservo practicamente todolos albums que tiven pero pouco lles faltou pra acabar roidos polos ratos nunha artesa vella da miña aldea, por iso de que a familia non apreza estas cousas. Foron uns cabreos bastante importantes X(
Escrito por Suevo ás 27/2/07 23:01
Puf, que lembranzas que me trae isto... eu xa debín de perder tódolos meus albums de series míticas. Tes unha auténtica reliquia... seguro que xa vale máis que 35 pts.
Escrito por Trasancos ás 28/2/07 11:29