Reflexions sobre a lingua (I)
Polo meu traballo ando moito en coche dun lado pra outro e se non escoito música pois poño a rádio, normalmente a SER. A cuestión é que me chamou moito a atención que a programación local da SER na Costa da Morte é en galego mentres que na Coruña a programación é en castelán, vale, non pasa nada, é unha cadea de rádio privada, pode facer as emisións na lingua que lle dea a gana, pero queda-me a cousa de que o galego siga a ser visto como lingua rural e non urbanita polos médios de comunicación e a maioria da poboación, mesmo (e moito mais) nas vilas e aldeas... sigue a haber moito auto-ódio no país.
CONTINUARÁ...
CONTINUARÁ...
Etiquetas: lingua