
Os meus pais (e todolos meus ancestros) son galego-falantes (coma os da maoiria da poboación que supera os 25 anos) pero a min aprenderonme a falar en castelán, son a maior parte do tempo castelán-falante, pero o galego non me é algo extraño, sempre estivo aí e sempre tiven inquietude polo tema da lingua, ao meu xeito intento potenciar o galego utilizando todo servizo posíbel neste idioma: facturas, webs, documentación, etc...
De cativo pasaba case todolas fins de semanas e periodos de vacacións na aldea da miña nai ou do meu pai nun ambiente 100% galego-falante. Ao chegar á
cidade o galego pasaba a un segundo plano.
Un día, vendo como xogaban os maiores á petanca un señor (emigrante en Bilbao) preguntounos á miña irmá mais a min: E vós sendo galegos por qué non falades en galego? non souben que dicirlle, a miña irmá dixo iso tan típico de que estaba proibido na época de Franco, etc... (tamén estaba proíbido en Cataluña e a xente seguiu e sigue falando en catalán con orgullo)
Outro dia, o profesor de galego (de apelido basco) fixo unha pregunta (aló polo 1985): por qué 2 persoas que falan en galego ao atoparse pola rua falan en castelán entre elas?... cando cheguei a casa pregunteillo a miña nai. "Por vergüenza" dixo. Non mo crín é ao dia seguinte cando o profesor pediu respostas non dixen nada, foi outro compañeiro quen respondeu e o profesor confirmou o dito pola miña nai.
Non son un integrista da lingua, se me falan en galego procuro contestar en galego, se me falan en castelán respondo en castelán pero estou orgulloso das miñas orixes, da miña cultura, da miña lingua sen menospreciar ao castelán (que tamén é meu).
Dame pena ver como os meus afillados, galego-falantes desque naceron, van falando cada vez mais en castelán, vilas que antes eran galego-falantes maioritariamente van incrementando dia a dia o número de mozos castelán-falantes.
Ultimamente escoito moitas burradas no meu entorno co tema da lingua: "ahora le quieren llamar -
casa dos peixes-", "a mi no interesa la página web en gallego", "si es
A Coruña por que no es
San Iago" ¿¿??... sempre intento comentar nas clases que temos a posibilidade de ver a
Wikipedia en galego, que a web de
La Voz de Galicia tamén está disponibel
en galego através dun traductor incorporado, que ao conxunto de blogues en galego se lle chama "blogomillo", que existen listas de blogs en galego en
Blogaliza,
Blogalego,
Alianzo... resumindo que existe tamén unha Internet en galego, que podemos traballar cun ordenador en galego.
Por todo iso, non entendo á
xente que di que é "
tan gallego", "
tan gallego como", "
tan gallego como el gallego" atacando, menospreciando, soterrando á sua propia lingua, á sua propia cultura, dicindo logo que "se sienten discriminados".
Como queremos que non
mexen por nós, se somos nós mesmos os que apuntamos pra riba?
Relacionado:-
Cousas da Lingua (II)-
Reflexións sobre a Lingua-
Proposta de Google Bombing-
Sucesso do Google Bomb do GazpachoEtiquetas: cousas miñas, Críticas, lingua