O movemento usuario lalala
Xa hai tempo que circula pola rede o movemento USUARIO LALALA que consiste en crear un usuario compartido nas webs (normalmente de temática P2P ou foros vários) nas que precisamos rexistrarnos para facer uso de características especiais (descargar ficheiros, entrar en seccións restrinxidas, etc...)
A iniciativa consiste en rexistrarnos/logearnos nesas webs utilizando como:
- Nome de usuario: lalala
- Contrasinal: lalala ou se non nos deixa lalala69.
Como algún administrador espabilao xa viu a xogada eu utilizo tamén para o rexistro unha forma moito mais galega:
- Nome de usuario: alala
- Contrasinal: alala69
Normalmente o rexistro implica a introducción dun enderezo de correo electrónico, que será probable destino de centos de correos-lixo chamados polos sibaritas e informáticos en xeral como SPAM
Se non temos (ou non queremos crear) un correo "secundario" para este tipo de cousas, AQUI ESTÁ O BÓ, podemos utilizar un correo temporal como o que nos ofrece 10MinutesMail que como suxire o seu nome se "autodestruirá" aos 10 minutos, tempo de sobras para recibir o típico email de confirmación ou activación que envian mecanicamente este tipo de webs.
E nada, cantos mais sexamos, mais comodo para todos; o primeiro que chegue crea o usuario e os demais LALALA's ou ALALA's entran na web directamente e practican a navegación compulsiva.
Mais info en: IonLitio | Selva de Esmelle | Blog dos pelachos
Etiquetas: informática
Boa idea. A ver se funciona
www.engalego.esp.st
Escrito por Anónimo ás 9/1/07 14:11
http://www.bajatorrent.com/
http://www.zonatorrent.com/index.php
Nestes dous sitios si que funciona. Yuuupi
www.engalego.esp.st
Escrito por Anónimo ás 9/1/07 14:15
Eu xa din de alta algún “lalala” en webs de temática “torrent”, poderiamos facer un listado de webs tomadas polo movemento :)
Escrito por Suevo ás 9/1/07 15:21
Movemento lalala, soa casposo. Mellor a maneira galega e se pode ser cun aturuxo mellor que mellor.
www.engalego.esp.st
Escrito por Seoman ás 10/1/07 11:23
Seoman, por iso tamén falo do movemento "alalá" moito mais enxebre.
Por certo, tes algo que ver con EnGalego ou é por solidariedade?
Alá vou eu tamén: www.engalego.esp.st
Escrito por Suevo ás 10/1/07 12:59