O movemento usuario lalala (II)
Seica a idea da que falei no post anterior é mais antiga que matusalén e xa existen moitas iniciativas polo estilo.
Se non gustas de massiel ou non es seguidor de rober diniro igual no canto de "lalala" prefires poñer "mocedades" con password "elconsorcio" pero igual queda un pouco longo; se es mais práctico podes face-la proba cun usuario "asdf" ou "12345". Sempre podemos utilizar un usuario "anonimo" ou "anonymous" para o caso; tamén hai polo visto movementos "pepitogrillo". Pero, por que non un usuario "marichalar" ou "juancarlospalote"? ou se pertences ao colectivo dos "barbudos del bloque y separatistas terroristas en general" igual gostas do sempre mais enxebre "alala".
O caso é que realizando unha intensa laboura de investigación igual de ardua c'as de "7 dias 7 noches" (é dicir, botándolle unha pequena ollada aos links que tedes no post anterior) din cunha web na que simplemente metendo a URL do sitio que nos solicita rexistro podemos ver se algún usuario bondadoso fixo público ou seu login/password, "unificando" todos eses movementos de usuarios públicos; a web en cuestión é BUGMENOT.COM e ten logins para unha morea de webs de todo tipo.
Incluso existe unha estupenda extensións para o Firefox que escribe os datos armacenados en BUGMENOT directamente nos campos login e password da páxina pinchando enriba co botón dereito do rato > Login with BugMeNot.
Podedela descargar aquí: http://extensions.roachfiend.com/bugmenot.xpi
De todolos xeitos sempre ten que haber un primeiro usuario que cubra o formulario, utilicemos logo o noso ALALA enxebre e avisemos do rexistro en BugMeNot.
Por unha internet sen formularios! Viva o movemento [L]ALALÁ!
Etiquetas: informática
Xa lera eu sobre o tema este do usuario lalala... está moi ben para aquelas páxinas e foros típicos nos que para probar unha vez ou facer unha visita puntual hai que aburrirse de encher papeleo.
Escrito por Anónimo ás 10/1/07 16:41
moucho, proba a extensión bugmenot pra firefox. É unha pasada, aforras a mazo de tempo en trámites administrativos :D
Escrito por Suevo ás 11/1/07 14:48